"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Persoa pouco importante ou interesante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esgotar ou esgotarse.

      1. Debilidade gradual dunha ou de diversas funcións, sen lesión, que se producen polo exceso de exercicio.

      2. Perda extrema das forzas.

    2. Estado de fatiga excesiva producida polo traballo corporal ou intelectual intensivo e prolongado. Caracterízase pola perda de dinamismo, astenia e, con frecuencia, confusión mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sumidoiro ou canalización característicos dos xacementos galaico-romanos, que apareceron en cidades e campamentos. Adoitaban facerse con ladrillos ou tellas, aínda que tamén se encontraron algúns de cachotería abovedados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esmorecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de espaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de espallar ou espallarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración publicada o 19 de setembro de 1868 ao inicio da Revolución Gloriosa. Redactada por Adelardo López de Ayala e asinada por J. Prim, J. B. Topete e F. Serrano, entre outros, debe a súa denominación á expresión “Viva España con honra”, citada no texto. Expúñanse os principais motivos e fins do movemento revolucionario, como a recuperación da soberanía nacional, a creación dun goberno provisional e a implantación do sufraxio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medo moi grande.

    2. Sentimento de horror causado por algo terrible ou cruel.

    3. Sensación de desagrado que provoca algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu no pazo de Lodoira, lugar de Mesía, partido de Ordes. Levan as mesmas armas ca os Mosquera; en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, degoladas e sanguentas, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa espanto.

    2. Que é moi grande ou moi intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esparexer ou esparexerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas, de ata 1,5 m de alto. As follas son ríxidas, lineares e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, de ata 40 cm de lonxitude, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña e na que están ausentes os rudimentos doutras flores estériles. A floración ten lugar entre marzo e maio. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil. Con ela elabóranse numerosos utensilios agrícolas como cordas, cestos e tapices. Outro importante produto do mundo tradicional que emprega o esparto son as alpargatas. As follas apáñanse a man entre agosto e setembro. Este material, unha vez seco, denominado esparto cru, servía para a elaboración directa de maior parte dos produtos;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Barcelona en 1860 polos irmáns Josep e Pau Espasa i Anguera co nome de Espasa Germans. Inicialmente, ademais de El Mundo Ilustrado, a súa actividade centrouse en publicacións en catalán e así editou o Dicionari de la llengua catalana (1864-1865), de Labérnia, e a Gramàtica catalana, de Bofarull e Blanc. En 1905 comezou a edición da Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, coñecida popularmente por Enciclopedia Espasa. A partir de 1908 continuaron o labor editorial os seus fillos Josep, Joan e Lluís Espasa i Escayola. En 1926, cando a Editorial Hijos de J. Espasa xa publicara 50 volumes da Enciclopedia Universal Ilustrada, produciuse a fusión con Calpe (Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas), fundada en 1911 en Madrid. Nese momento, converteuse nunha das principais editoriais de Europa, con proxección en Arxentina e México. Dende a súa constitución, Espasa-Calpe ten ao seu cargo a edición do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De orixe románica, da primitiva construción conserva a ábsida rectangular. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. Posúe canzorros e algúns perpiaños mostran signos lapidarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que se aplica a calquera mineral de estrutura laminar. Son moi coñecidos o espato de Islandia, que é a variedade transparente da calcita; o espato fluor, que é a fluorita; e o espato pesado, que é a baritina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demostración excesiva ou esaxerada de calquera sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación da fotografía ao estudo dos espectros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á espectrofotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Análise do espectro de absorción dunha substancia mediante un espectrofotómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espectrofotómetro ou á espectrofotometría.

    VER O DETALLE DO TERMO