"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso Nacional Africano.
-
-
Relativo ou pertencente aos africáners.
-
Pobo de Sudáfrica, tamén chamado bóer (boeren en neerlandés), formado polos descendentes dos campesiños procedentes dos Países Baixos e establecidos no cabo da Boa Esperanza a partir de 1652 pola Compañía Holandesa das Indias Orientais. A partir de 1685 (abrogación do edicto de Nantes) recibiron o reforzo de moitos hugonotes franceses que fuxiran ás Provincias Unidas. A raíz da conquista británica, unha gran parte dos africáners comezou o proceso de penetración máis aló do Oranxe e do Vaal, onde constituíron diversos estados republicanos (Graaf-Reynet, Natal, Lyndenburg, Utrecht, Stellaland, etc). As dúas repúblicas do Transvaal (Lydenburg e Utrecht), creadas en torno ao 1850, uníronse no 1860 para formar a República de Sudáfrica, que de 1881 a 1884 adoptou o nome de Transvaal; en 1902, derrotada na guerra anglo-bóer, pasou á coroa británica. A poboación africáner conservou as características dun pobo fortemente campesiño, a súa relixión calvinista...
-
-
-
Simpatía polo africano.
-
Defensa dos valores culturais ou dos intereses políticos e doutra índole dos africanos, especialmente dos africanos negros.
-
-
-
Persoa dedicada aos estudios antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos, históricos, lingüísticos, etc, relativos a África.
-
Que ou quen defende os intereses africanos ou é partidario deles.
-
Denominación que se lles deu aos militares españois, principalmente aos oficiais, que prestaran servizo en África, sobre todo durante a Ditadura de Primo de Rivera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos pobos africanos dende o punto de vista antropolóxico, etnolóxico, lingüístico, etc.
-
-
Experimentar a influencia das razas africanas e dos seus costumes, crenzas, arte, etc.
-
olverse ou adaptarse aos costumes africanos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a África ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de África.
-
Relativo ou pertencente á África negra ou subsahariana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da África negra ou subsahariana.
-
ávrego.
-
Arte dos pobos da África negra. No derradeiro cuarto do s XIX a cultura occidental comenzou a se interesar de xeito intensivo no seu coñecemento, non sendo ben apreciada ata comezos do s XX. As principais realizacións poden situarse entre os séculos da Idade Media europea e o XIX. Reúne unha gran diversidade de estilos e de significacións, relixiosas ou máxicas e estéticas, sobre os símbolos da autoridade e o culto aos mortos. A escultura é a súa principal manifestación, e a madeira o material máis empregado, abundando tamén a pedra, o marfil, o barro cocido e certos metais. En canto á clasificación estilística, pódense destacar os grandes conxuntos rexionais, situados ao redor do gran golfo de Guinea, dende Malí e Burkina Faso ata Camerún e o Congo. Entre estas culturas cómpre salientar a dos bambares, os dogóns e os senufos. Nas terras de Gana, de Benín, de Nixeria e do Camerún sobresaen a dos baules e a dos axantes, que traballan o ouro, o cobre e o bronce. Son ben coñecidas pola súa...
-
Cine dos pobos da África negra. O desenvolvemento do cine como industria e como medio de expresión variou segundo a herdanza dos países colonizadores de cada área. Así, nas colonias e nos países independentes con dominio político branco non hai cine autóctono. Na África de lingua francesa, destaca a produción senegalesa, a máis rica. Entre os seus autores, o novelista e realizador Ousmane Sembéné conseguiu achegar a súa obra cinematográfica ao público europeo e aos festivais internacionais, como o de Venecia, onde foi galardoado en 1987 por Camp de Thiaroye (Campo de Thiaroye). Os seus filmes son exemplos válidos do cine popular. Ademais, cómpre citar directores como Mahama Trahoré, Safi Faye e J. Ramaka Gay. Noutros países, pódense salientar tamén autores como Mustafá Alassane e Mahamanea Bakabé, de Nixeria; Jean Pierre Dikongue Pipa, do Camerún; Haile Gerima de Etiopía; Abid Med Hondo e Sidney Sokhona, de Mauritania; S. Cissé, premiado en Cannes por Yeleen (O lume, 1987)...
-
Cos nomes de negras, negro-africanas ou africanas, desígnanse as literaturas desenvolvidas polos africanos da área subsahariana. A discrepancia de nomes provén da diversidade de enfoque, pero sobre todo da falta de bases documentais amplas sobre unha materia que non comeza a recollerse ata o último terzo do s XIX nin a estudiarse ata unha época máis recente. Pola ausencia de linguas escritas, estas literaturas permaneceron nun estadio oral, feito que impedía comprobar a súa riqueza e a estrutura sociolóxica en que se asentaban. Esta literatura tradicional coexiste, a partir dos anos trinta, coa chamada neoafricana, escrita basicamente en linguas europeas e utilizando as súas formas de cultura. Os seus representantes, agrupados pola crítica europea segundo as zonas lingüístico-culturais dos colonizadores, tomaron conciencia da súa cultura específica ata o punto de que algúns deles -Leopold Sédar Senghor, etc- crearon o concepto de negritude. Na zona de influencia cultural...
-
Música dos pobos da África negra. As numerosas variantes da música negra pertencen á categoría de música non escrita, de tradición oral. Dende o punto de vista estilístico pódese subdividir a África negra en dúas grandes áreas musicais delimitadas por unha liña paralela ao ecuador situada entre este e o trópico de Cáncer. A zona do norte esténdese por todo Senegal e Sudán, moi influenciada polo Islam. A rexión musical do sur, onde se cultiva a música puramente negra, pode ser subdividida en catro rexións. A primeira coincide coa zona de linguas bantús, caracterizada pola emisión totalmente natural da voz con tendencia ao rexistro grave; os conxuntos instrumentais, dunha gran riqueza rítmica, son numerosos. A segunda subdivisión corresponde á música do golfo de Benín, cunha predilección polo canto de melodías moi amplas a unha soa voz. A rexión de Gana, en terceiro lugar, ten unha caracterización polifónica. Finalmente, a última subdivisión está formada por unha serie de núcleos situados...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o africantropo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación empregada para referirse á especie fósil descrita en 1935 por Kohl-Larsen a partir de tres cranios atopados preto do lago Eiasi (Tanzania). As súas características anatómicas son arcos supraorbitais macizos e bóveda cranial aplanada. Na actualidade inclúense, xunto cos cranios de Ndutu e Bodo, entre os denominados Homo sapiens arcaicos precoces, grupo que, malia conservar trazos anatómicos de Homo erectus, posúe características típicas de Homo sapiens. As últimas datacións dos restos de Eiasi indican unha idade de máis de 200.000 anos. Polas anteditas razóns, o taxon xa non está recoñecido pola comunidade científica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua xermánica orixinada ao sur do continente africano a partir dos dialectos neerlandeses dos colonizadores establecidos a mediados do s XVII. É unha das linguas oficiais na República de Sudáfrica. A variedade dos dialectos orixinarios, a mestura dos holandeses con colonizadores doutras linguas e, entre outros, o seu contacto coa poboación aborixe fixeron que a lingua flexiva dos colonizadores evolucionase a formas analíticas. Ata o s XX o neerlandés foi a lingua de cultura dos sudafricanos, pero cara a segunda metade do s XIX un movemento autoctonista propugnou o uso do afrikaans, que acadou o status de lingua oficial en 1918 e, en 1925, acabou por substituír o neerlandés. O primeiro texto literario en afrikaans é de finais do s XVIII, son uns versos satíricos aparecidos en 1795 na Cidade do Cabo. No s XIX, coa chegada de compañías teatrais europeas e coa aparición do xornalismo, manifestáronse as bases dunha cultura autóctona. En 1902, logo da guerra anglo-bóer de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político sudafricano fundado en 1879 na colonia do Cabo por S. J. du Toit. Propugnaba a creación dunha federación sudafricana. En 1910 uniuse a outros partidos sudafricanos para formar o South African Party.
-
VER O DETALLE DO TERMO
africáner.
-
-
Relativo ou pertencente aos negros africanos transportados como escravos a América, dende o s XVI ata o XIX, ou aos seus descendentes. Sobre todo, referido ás formas culturais propias desenvolvidas por eles no continente americano, principalmente nos territorios de Minas Gerais, a costa e unha parte do NL brasileiro, as costas da Güiana, Venezuela, Colombia, Panamá, Nicaragua e Honduras, a totalidade das Antillas e o S dos EE UU.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos. Ademais dos afrobrasileiros e afrocubanos, seguramente o que máis sona ten é o vudú haitiano. Malia as diferencias de ambiente histórico e cultural das diversas zonas, hai trazos comúns que confirman a existencia dunha cultura básica común procedente da África occidental, podéndose mencionar os seguintes trazos: ritos de posesión, comunicación coas deidades a través de médiums, contacto directo co mundo sobrenatural, o Ser Supremo como deus ocioso, as deidades como vieiros cara a Deus, e unha característica estrutura monoteísta que abrangue un sistema politeísta.
-
Culturas desenvolvidas en América pola poboación negra de orixe africana. Os factores do seu desenvolvemento dependen de varias causas: a duración dos contactos culturais, o número de escravos pertencentes á mesma rexión de África, a dispersión ou concentración poboacional, a posibilidade de intercambio cultural con África despois da emancipación, o grao de civilización da cultura básica africana, a conversión ao catolicismo ou ao protestantismo, a duración da escravitude, a miscexenación (cruzamento de sangues), o sincretismo e a aculturación.
-
Música creada en América pola poboación negra de orixe africana. Ao S dos EE UU os negros forxaron unha arte musical popular, de carácter relixioso (jubilee, gospel) e con fondas raizames africanas, ao carón doutra de carácter profano (Blues, cantos de traballo, etc). Esta arte folclórica constitúe o alicerce do jazz.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cubanos de orixe africana, transportados como escravos a Cuba dende principios do s XVI ata finais do XIX.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados por grupos cubanos de orixe africana. Os cultos afrocubanos coñécense baixo a denominación de santería.
-
Música popular propia de Cuba e dalgúns países do Caribe. A achega africana é moi forte en bailes como o bembé, a caringa ou a conga, nos instrumentos de percusión e no típico ritmo cubano, o cinquillo, que se segue tamén en Porto Rico, Haití e a República Dominicana. Moitas danzas cubanas de orixe hispánica, como o son, o bolero e outras, acusan unha forte influencia africana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imán da confesión islámica dos ismaelitas nizaritas. Foi un título honorífico da corte dos kajarís da Persia. Dende 1817 o título considérase herditario. Estes imáns son venerados na India e na África oriental.
-
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas, de nome Ḥ asan ‘Alī Shāh. Concedeulle este título o soberano de Persia Fat ḥ ‘Alī Shāh. Ao fracasar un complot que artellara para apoderarse do trono (1840) emigrou a Bombai. A súa actividade a favor dos británicos fixo que estes o confirmasen no seu título (1866) e lle asignasen unha cuantiosa pensión. Sucedeuno o seu fillo Aga Khan II (? - 1885), que continuou a súa política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas nizaritas (1885-1957), de nome Sir Mu ḥ ammad Shāh. Fillo único do Aga Khan II, foi cofundador e primeiro presidente da Liga Musulmana (1906), organización panmusulmana da India. En 1924 tentou conseguir o Califato de Turquía en oposición aos republicanos que proclamaran a República Turca en 1923. No 1937 presidiu a asemblea da Sociedade de Nacións. Esforzouse por gañar a independencia da India, aínda que non sempre asumiu as posición hindús; por esa razón foi un dos promotores do nacionalismo musulmán paquistaní.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas, de nome Kārim al- Ḥ usaynī Shāh. Neto de Aga Khan III, sucedeuno á súa morte (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
roseira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
callaleite.