"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Dignidade e emprego de edil.

    2. Tempo que dura o cargo de edil.

    3. Conxunto dos edís dun concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade que os humanos teñen, como tales, de adquirir novas condutas, coñecementos e valores ao longo da súa existencia. A educabilidade susténtase na plasticidade ou capacidade de cambio ou de adquisición de novas condutas dos seres vivos, tanto máis canto máis complexa é a súa estrutura biolóxica; neste sentido considérase que os humanos son seres permanentemente inacabados. A educabilidade contémplase como un gradiente operativo que vai definindo o grao de educabilidade segundo a cantidade e calidade das aprendizaxes que o individuo vai realizando ao longo de toda a existencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de efectuable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro concilio ecuménico da Igrexa que tivo lugar en Éfeso no 431. Convocado por Teodosio II e polo Papa san Celestino I, presidiuno Cirilo, patriarca de Alexandría. O concilio condenou e depuxo a Nestorio e as súas doutrinas cristolóxicas: definiu que en Cristo hai unha soa persoa e dúas naturezas, humana e divina, unidas sen confusión e que, polo tanto, María é verdadeiramente nai de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á reacción na que un electrófilo ataca a un composto nucleofílico ou nucleófilo.

    2. Aplícase ao reactante que gaña electróns nas reaccións químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Manuel do Nascimiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de elixible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Italia setentrional que, xunto coa Liguria, formou unha provincia romana ata o s IV. A súa denominación derivou da Via Aemilia, construída no 187 a C baixo o consulado de Marco Emilio Lepido, que conquistou a rexión. Trala caída do Imperio Romano foi sometida polos lombardos. A rexión situada ao L de Panaro pasou a depender do exarcado de Ravenna dende o 568 e máis tarde Pipino outorgoulla á Igrexa. A doazón converteuse en definitiva con Otón. Na Idade Media, o poder político fragmentouse en estados e señoríos, entre outros, os ducados de Parma, Piacenza, Modena, Reggio e Ferrara e os Estados Pontificios. No s XVIII a rexión dividiuse e Parma e Piacenza sometéronse á autoridade dos Borbóns españois. Conquistada por Napoleón I (1796), constituíu a República Emiliana, pero o Congreso de Viena (1815) desmembrouna. Reunificada baixo L. Farini (1859), anexionouse ao Reino de Italia o 18 de marzo de 1860. Como rexión administrativa unida á Romaña constitúe a Emilia-Romaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia setentrional que comprende as provincias de Boloña, Ferrara, Forlì-Cesana, Modena, Parma, Piacenza, Ravenna, Rimini e a rexión da Emilia (22.124 km2; 3.902.411 h [estim 2000]). É a fusión das antigas rexións da Emilia e a Romaña. A capital é Boloña. Sitúase ao S do río Po e limita ao N con Lombardia e Veneto, co Piemonte ao O, coa Toscana e as Marcas ao S e co Mar Adriático ao L. Morfoloxicamente, o territorio está constituído pola vertente oriental dos Apeninos toscanos; ao seu pé está a chaira aluvial do Po. O poboamento é disperso e acumúlase ao longo da antiga Via Aemilia. Máis da metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería, base da súa economía. Os principais recursos minerais son o petróleo, o xofre, a turba e o cemento. Na industria destaca a produción de electricidade, a mecánica de precisión e o sector conserveiro. O turismo e a pesca son tamén importantes fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Emilia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Emilia.

    3. Dialecto italiano setentrional, galoitaliano, que se fala na rexión de Emilia, Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Armenia s III -?) Bispo. Condenárono a morrer no circo, pero conseguiu saír indemne do encerro porque as feras non quixeron ferilo; finalmente, morreu decapitado. Na iconografía leva vestiduras episcopais, a palma do martirio e un león aos seus pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (252-254). Gobernador de Mesia, despois de vencer os godos, as súas lexións nomeárono emperador a cambio dunha indemnización (252). En febreiro de 254 derrotou a Treboniano Galo en Terni e o Senado recoñeceuno, pero os seus soldados asasinárono ao non cumprir o acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín clásico Aemilianus ‘da familia de Emilio’. Trátase dunha forma culta que convive coa variante Millán, resultado patrimonial da anterior con aférese inicial. Levaron este sobrenome o emperador romano Marco Emilio Emiliano (Marcus Aemilius Aemilianus) e Publio Cornelio Escipión Emiliano Africano Numantino (Publius Cornelius Scipio Aemilianus Africanus Numantinus), fillo de Lucio Emilio Paulo (Lucius Aemilius Paullus). Entre os numerosos santos con este nome destaca santo Emiliano de Trevi que se celebra o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado xunto con Casto baixo o goberno de Septimio Severo, segundo san Cipriano, foron queimados vivos. A súa festividade celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicou contra o Islam; foi encarcerado e decapitado por orde de ‘Abd al-Ra ḥ mān II. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e cónsul romano, pai de Escipión Emiliano. Coñecido como o Macedonio, foi edil curul (192 a C). Pretor da Hispania Ulterior (191 a C), enfrontouse aos lusitanos (191-190 a C) e malia sufrir unha derrota en Lico, venceunos na Bética. Conseguiu un triunfo fronte aos ligures no seu primeiro consulado (182 a C). Nun segundo consulado conquistou Macedonia (168 a C) e conseguiu un abundante botín como procónsul de Macedonia (167 a C). Volveu exercer a censura no 164 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Enfrontouse á sublevación dos cántabros e dos astures como gobernador da Tarraconense (24 a C). Conseguiu dominalos temporalmente pero despois dun novo alzamento foi substiuído por Agripa (19 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Aemilius, de orixe confusa. Segundo unha hipótese pode vir do nome persoal etrusco Aemus ou Aimos. Presenta as variantes Milio, para o masculino, e Milia, para o feminino; esta última xa se documenta en 1451. Ten os hipocorísticos Milio, Miliño, Miluco, Miloco, Milocho, Milucho, Lucho, Milos (para o masculino) e Miliña, Miluca, Milucha, Lucha (para o feminino). Este nome romano difundiuse especialmente no Renacemento. O Martiroloxio Romano cita tres santos con este nome, Emilio de Capua (s IV), martirizado nesta cidade xunto con san Marcelo; Emilio de Sardeña, martirizado nesta illa xunto cos santos Fiz, Luciano e Príamo, e Emilio de África, decapitado baixo Septimio Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO