"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Muros e Outes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no cabo do Muíño en Alcabre (Vigo), inaugurado no verán de 2002, coincidindo co tricentenario da Batalla de Rande. Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, foi proxectado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela. Alberga exposicións, de diversa temática, que xiran arredor do mar como fonte de recursos e actividade humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro creado polo decreto 268/2000 de 2 de novembro a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa retomouse a idea do Museo Pedagógico Regional creado en 1926. A súa finalidade é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, con especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas. Entre as súas funcións están a de programar e realizar exposicións relacionadas cos distintos ámbitos educativos e a de colaborar na formación e actualización dos profesionais da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Baña, Brión, Negreira e Santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Dirixiu a Guerra do Peloponeso e en 424 tomou Citera. Despois da vitoria espartana en Mantinea (418) promoveu a expedición ateniense contra Sicilia (415-413 a C), que acabou desastrosamente. Morreu ao intentar a retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Lousame, Noia e Porto do Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Lugo a partir de 1901. Dirixido por Xoán Manuel Pardo, tratouse dun xornal político e de información que incluíu notas locais. Editouse nos obradoiros tipográficos do propio xornal, dirixidos polo irmán do director, Antonio Pardo. En 1915 estaba na súa segunda época.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.

      2. Suceso do que se informa.

    1. Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai tempo que non se sabe nada.

    2. Indicación que se puña, nos ss XI e XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura. Deixáronse de facer cando comezou o sistema dos borradores ou scaedae no s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto notarial escrito en galego-portugués datado en 1175, aínda que para moitos investigadores é dubidosa a súa pertenza a esta lingua debido á súa brevidade e ao ser unha gran parte del unha lista de adscrición lingüística neutra, que fai que conteña un exiguo número de elementos romances fronte aos latinos. Descuberto e publicado 1999, considerouse o máis antigo texto coñecido ata a aparicición do Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?). Foi escrito nun pergamiño que contén outros tres documentos. O texto principal do pergamiño é o dunha carta de doazón de arras, feita por Soeiro Pais a Urraca Mendes. Trátase dunha carta latina datada en 1146 en que o fillo de Soeiro e Urraca fixo escribir a noticia de fiadores en 1175.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto notarial escrito en galego-portugués que se descubriu preto de Braga e que se datou arredor de 1211-1214. Contén as queixas de Lourenço Fernandes da Cunha contra os seus parentes e veciños, os fillos de Gonçalo Ramires. Aparentemente, trátase dun texto espontáneo e informal e non dunha versión definitiva, feito que lle dá un maior valor lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección de noticias de actualidade dunha publicación, dun filme ou dunha emisión radiofónica ou televisiva. O primeiro noticiario sonoro foi o Fox Movietone (EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de 1877. Cesou en 1885. Antonio de la Fuente foi o fundador e director desta publicación de tendencia liberal aparecida baixo os subtítulos “Diario liberal independiente” e “Diario de la mañana”. Incluíu unha crónica local, noticias rexionais e do estranxeiro, numerosos anuncios publicitarios e abundante información política. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de M. Roel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Bos Aires a partir de 1915. Subtitulado “Quincenario gráfico y de novedades de la Región”, estivo dirixido por Fortunato Cruces. De carácter informativo, recolleu noticias de Galicia e artigos tomados da prensa galega. Saíu ao mesmo tempo que Nova Galicia. Incluíu colaboracións literarias de Vitoriano Taibo e F. Cano Rivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Bos Aires a partir do 6 de outubro de 1901. Editouse baixo os subtítulos “Decano de la prensa gallega y el más popular de América” e “Periódico Semanal de los Gallegos”, entre outros. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, realzou a cultura galega a través de artigos sobre a lingua, literatura, costumes, historia e música galegas e tamén tratou novas da actualidade de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Bagnolet, preto de París, a partir de outubro de 1966. Subtitulada “Revista de cultura y política” e “Revista cultural e política”, funcionou como órgano de expresión do Partido Comunista de Galicia. Como directores da publicación figuraron Isaac François e M. Albert Coninck, nomes fiticios de Santiago Álvarez. Recolleu numerosas colaboracións de escritores galegos aínda que todos eles baixo pseudónimo, como Alonso Montero, Francisco Añón, Neira Vilas ou Celso E. Ferreiro. A súa distribución efectuouse en España, en Francia, en Bélxica, en Suíza, na República Federal Alemana, en Inglaterra, na URSS e en diversos países americanos. Legalizado o partido, a editorial Akal editou a revista como publicación da organización política, cun primeiro volume que saíu en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo de proba, ao inicio da vida relixiosa, que se pasa antes de facer os votos.

    2. Lugar de residencia onde están instalados os novizos.

    3. Conxunto de novizos.

    4. Réxime e exercicio dos novizos.

    5. Período de tempo durante o que unha persoa se inicia nunha arte, materia ou actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que Martín Ruiz de Gamboa lle deu ao arquipélago de Chiloé en 1567, en recordo da orixe de Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Ese mesmo ano fundou a cidade de Santiago de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO