"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • GALICIA

    Ciclista. Debutou como profesional en 1981. En 1983 gañou unha etapa na Vuelta a España e conseguiu o cuarto posto na clasificación xeral, proba en que obtivo a vitoria final en 1986. Ademais de competir no Giro de Italia e no Tour de Francia, onde foi oitavo en 1986, gañou a Volta a Catalunya en 1987. Retirouse en 1991 e converteuse en técnico e adestrador do equipo Kelme e posteriormente do Phonak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Covas (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 716 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Influído por Jorge Guillén e polo seu Cántico espiritual, iniciou a súa carreira como escritor nas revistas Meseta (1928) e A la nueva ventura, onde colaboraron algúns dos poetas máis destacados da vangarda española. Coas súas estadías en Francia (1931-1932) coñeceu a literatura francesa de vangarda e, principalmente, o surrealismo. Da súa obra cómpre salientar El pájaro y los muros (1955), Alegría (1964), Via Crucis (1967) e Claro decir (2002). Recibiu o Premio Castilla y León de las Letras (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Colaboradora de diversos xornais, é autora de diversos traballos sobre a súa comarca, como Datos históricos de Puenteareas y el Condado (1981), El castillo de Villasobroso y su historia (1988) e El Corpus de Ponteareas en su historia (1992); e libros infantís, como Pedro quiere un libro de animales (1986). Da súa produción poética destacan Todo mi sentir (1983) e As azas do vento (1983), onde cunha visión neorromántica e cristiá, a autora reflicte a súa visión do mundo a través do contacto coa paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociólogo e escritor. Especializado en urbanismo, foi director do Archivo de Documentación de España Económica e secretario xeral técnico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1978). Director xerente de Consultora Galega, escribiu Vixía os sables ao chegar febreiro (1995), Arredor do lume: contos do pote dunha outonía lonxana (1998) e No leme das lembranzas (2001), e en colaboración, O planeamento no mundo rural galego: un exemplo: O Plan Xeral de Ordenación de As Neves (1981) e El pazo de Oca (1984). Recibiu o Premio Nacional de Urbanismo (1981) e o Premio Galicia de Deseño (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicenzo que dá nome ao concello do Pino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Arzúa, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-sur da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 54’ latitude N e 8° 2’ 30” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Oroso e Frades (os dous da comarca de Ordes), ao L co de Arzúa (comarca de Arzúa), ao S cos de Boqueixón (comarca de Santiago) e Touro (comarca de Arzúa), e ao O co de Santiago de Compostela (comarca de Santiago). Abrangue unha superficie de 131,77 km 2 , en que acolle unha poboación de 4.832 h (2007), distribuída nas parroquias de Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Ferreiros, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino e San Mamede de Ferreiros. A capital está no lugar do Pedrouzo, na parroquia de Arca, localizada a 24 km de Santiago de Compostela e a 80 km da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Arzúa.
    Xeografía física
    A nota máis destacada do relevo é a súa suavidade, froito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Culleredo. Edificado a comezos do s XVIII por Juan Sánchez del Pino, a fachada configúrase en forma de L e nela destaca un patín ao que se accede por medio dunha escaleira disposta en ángulo. Sobre a porta sitúase un escudo. A parte posterior presenta forma de U, como consecuencia de pegar ao corpo principal do pazo un forno nun lado e unha capela, polo outro, que enlaza por un paso elevado. A vivenda ten dúas alturas, a inferior acolle os diversos servizos do pazo e a superior os cuartos e as estancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Monforte de Lemos. Descoñécese a data en que se instalaron os primeiros monxes porque toda a documentación se perdeu nun incendio anterior a 1074. Sábese que na Idade Media recibiu doazóns de diferentes monarcas. En 1539 iniouse a construción do mosteiro actual, que pertenceu á Congregación de Valladolid. Despois de estar desocupado durante longo tempo, en 1920 instaláronse monxes vinculados ao mosteiro de Samos. A igrexa é de estilo gótico tardío e presenta planta de cruz latina con tres tramos na nave principal, tres no cruceiro e tres ábsidas. O claustro (1782) conta con tres corpos superpostos con cinco arcos de medio punto en cada lado. Os arcos do primeiro corpo descansan sobre columnas cadradas e os restantes sobre columnas xemelgas. A fachada é renacentista e presenta dous corpos. No primeiro está a porta principal, formada por tres arquivoltas semicirculares apoiadas en pilastras pegadas ao muro, mentres que o superior ten un frontón triangular cun...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Valparaíso 25.11.1915) Militar e político chileno. Estudou na academia militar de Santiago e, en 1973, o presidente S. Allende nomeouno comandante en xefe do exército. En setembro de 1973 dirixiu un golpe de estado que depuxo e matou a Allende e o converteu no xefe da xunta militar que gobernou Chile. Desde 1974 presidiu a república e exerceu con gran rigor os seus poderes ditatoriais (2.115 vítimas durante o seu mandato). As eleccións de decembro de 1989 obrigárono a ceder o cargo a Patricio Aylwin, se ben continuou como xefe supremo do exército. En 1998 abandonou a comandancia do exército e autoproclamouse senador vitalicio de Chile, co que se asegurou a inmunidade diplomática. En novembro dese mesmo ano o xuíz español B. Garzón ordenou a súa detención en Londres e a extradición a España como acusado pola desaparición de cidadáns españois durante a ditadura chilena. Reino Unido non apoiou a extradición e en Chile nomearon un xuíz para investigar as causas criminais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración infantil escrita por Carlo Collodi e editada por vez primeira no Giornale dei Bambini (1880) co título orixinal de Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino. Nela cóntase a historia dun boneco de madeira que cobra vida e que vai descubrindo a diferenza entre o mal e o ben a través de diversos episodios. Ocasionalmente, ao mentir crécelle o nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Macrófago que absorbe líquidos tisulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso biolóxico que permite a determinadas células ou organismos unicelulares nutrirse mediante a incorporación de líquidos orgánicos, xeralmente solucións proteicas que forman vacúolos intracelulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na comarca de Las Hurdes, preto do pantano Gabriel y Galán (1.638 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sober. Realizada no s XII en cantaría, ten planta de cruz latina e ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de medio canón. Na porta principal destaca o arco de medio punto formado por dúas arquivoltas e rodeado por unha moldura axadrezada e, sobre ela, un rosetón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semente do piñeiro, de cor branca, con forma oblonga ou elipsoidal, e de casca leñosa e moi dura, que se atopa nas piñas.

    2. Améndoa comestible de cor branca que constitúe a semente do piñeiro manso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roda dentada pequena, especialmente a dun sistema de transmisión de movemento que engrena cunha cadea, como por exemplo o piñón dunha bicicleta ou a máis pequena das dúas rodas dentadas dunha engrenaxe.

    2. Piñón provisto dunha cadea que lle permite xirar nun sentido, solidariamente a outra roda dentada que, ao se desengrenar, xira libremente no sentido contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península Ibérica.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, tres bastóns, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e músico. Participou en actividades do colectivo Novos Fotógrafos Coruñeses e especializouse en fotografía publicitaria. Realizou campañas para as principais marcas da moda e publicou os seus traballos en Vogue, Elle ou Marie Claire. Como músico colaborou con varias agrupacións como Generación 49 (1968), Sopa de Sobre (1972), NHU (1974) ou DOA (1978). Expuxo as súas fotografías en Santander, Vigo, Madrid, Zúric ou México, e participou nas obras Catro renovadores da arte galega (1993) ou Galicia en Fotos (1992, 1994 e 2000). No apartado cinematográfico, traballou na promoción dos filmes Divinas palabras (1989), Continental (1989), Fisterra (1998), La Rosa de Piedra (1999) e Se quién eres (2000). Recibiu o Premio LUX á mellor publicación de moda en España.

    VER O DETALLE DO TERMO