"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Na teoría da elasticidade, vector constante que incrementa o de desprazamento cando se describe un contorno pechado arbitrario ao redor dunha liña de dislocación. O vector de Burgers é igual en magnitude e dirección a un dos períodos do retículo do cristal considerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento fosilífero descuberto en 1907 por Charles D. Walcott nas Montañas Rochosas da Columbia Británica (Canadá) preto do paso de Burgess. Dos xistos de Burgess Shale proceden un conxunto de animais pertencentes á fila, xurdidos hai 550 Ma, totalmente descoñecidos hoxe na Terra; entre eles atópanse os xéneros Hallucigenia, Nectocaris, Opabiana e Pikaia, que habitaron os mares durante a era Precámbrica. Ademais, atopáronse anélidos relacionados coas actuais miñocas, priapúlidos, un tipo arcaico de verme de mar, e cordados primitivos. Os fósiles de Burgess Shale foron examinados por Harry Whittington e Conway Morris a partir dos anos sesenta e constitúen un dos feitos que sustentan a teoría continxente da historia da vida do paleontólogo Stephen Jay Gould.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor inglés. Dedicado ao ensino, especializouse na fonética e na literatura e despois iniciou un labor moi prolífico como novelista, do que destacan títulos como A Clockwork Orange (A laranxa mecánica, 1962), levada ao cine por S. Kubrick en 1972, Nothing Like the Sun (Nada como o sol, 1964), Urgent Copy (Copia urxente, 1969), Earthly Powers (Poderes terreais, 1980) ou Enderby’s Dark Lady (A muller morena de Enderby, 1984). Cultivou o ensaio, estudiou a obra de J. Joyce e publicou unha biografía sobre Ernest Hemingway. No eido musical compuxo, entre outras pezas, Blooms of Dublin (Flores de Dublín, 1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artistas, o seu bisavó, Thomas Burgess (activo 1766-1786), tivo academia propia en Maiden Lane, o avó, William Burgess (1749-1812) foi retratista e o seu pai H. G. Burgess (activo 1809-1844) foi pintor de paisaxes. Discípulo de sir William Charles Ross e J. M. Leigh, estudiou na Real Academia. Iniciouse con escenas de xénero e retratos. Viaxou a España e dedicouse por completo a pintar cadros de tema español. Entre as súas obras cómpre destacar Bravo, Toro (1865), Robada por los gitanos (1868), Concediendo la licenza a los mendigos de España (1877) ou La limosna de un artista (1886). Foi membro da Real Academia dende 1888, onde exhibiu desde 1850 a 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xusticeiro de Inglaterra (1215-1232). Gardián das marcas de Gales (1201) e dos Cinco Portos, foi condestable de Chinon (1203) onde caeu prisioneiro dos franceses no 1205. Logo da súa liberación foi shérif de Lincolnshire en 1208 e senescal do Poitou no 1213. Durante a revolta dos baróns, pemaneceu fiel a Xoán Sen Terra (morto en 1216) e a Enrique III (durante a súa minoría de idade foi un dos personaxes máis influentes do reino). Defendeu o castelo de Dover contra o príncipe Luís de Francia e foi un dos autores da decisiva vitoria naval de Sandwich contra os franceses (1217). Foille outorgado o condado de Kent en 1227. Un ano máis tarde foi nomeado xusticeiro vitalicio, cargo que perdeu en 1232, acusado de malversación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Foi discípulo do seu pai, o gravador Thoman Burgkmair (1444-1523) e de Martin Schongauer. A súa produción pictórica contén tres táboas, coas basílicas de San Pedro (1501), San Xoán do Letrán (1502) e Santa Cruz de Xerusalén, os retablos do Rosario, de san Xoán Evanxelista (1518) e da Santa Cruz (1519). Como gravador destacan os traballos para o Emperador Maximiliano e diversas xilografías do seu Libro de Horas. O seu fillo Hans Burgkmair o Mozo (1500?-1559) tamén foi gravador e pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo urbano formado ao redor dun castelo ou dunha cidade amurallada. Orixinouse polo crecemento demográfico e comercial da Europa medieval, fundamentalmente dende o s X, quedando baixo a protección dos señores dos castelos, dos mosteiros e das autoridades eclesiásticas, polo que carecía de xurisdición propia. Ás veces podía establecerse fóra das murallas de poboacións preexistentes; neste caso as condicións xurídicas dos habitantes do arrabalde diferían das que tiñan os habitantes de intramuros. Os burgos estaban habitados, sobre todo, por artesáns, mercadores, comerciantes e algúns campesiños.

    2. Aldea ou poboación moi pequena dependente doutra principal, situada nun lugar próximo.

    3. Zona exterior dunha cidade, vila ou aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larvaria dos insectos de metamorfose completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nos topónimos do mesmo nome. Estes proceden do latín burgu, derivado da base xermánica burgs ‘vila fortificada’. Nun primeiro momento designaba os lugares fortificados e despois ampliou o seu contido semántico pasando a designar, tamén, a parte máis recente dunha cidade, o arrabalde, unha aldea ou poboación pequena dependente doutra principal, un lugar poboado, fundado, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que fai referencia a unha fortificación altomedieval, situada probablemente nas inmediacións da actual entrada á ría do Burgo, que servía de defensa fronte ás incursións normandas. O fondo da ría converteuse nun espazo máis seguro, no que comezou a consolidarse un núcleo urbano. A mediados do s XII, a instancias do Emperador Afonso VII e do conde Fernando Pérez de Traba co fin de consolidar este núcleo urbano, decidiuse a instalación de importantes institucións eclesiásticas, das que destacan o mosteiro de Sobrado e a orde do Temple, que instalaría neste mesmo lugar a bailía de Faro, a máis importante de Galicia. A Igrexa compostelá, ausente nestas primeiras doazóns, queixouse a Fernando II de que o Burgo de Faro causaba prexuízo a Compostela, xa que diminuían as súas rendas ao recoller o tránsito marítimo que arribaría con anterioridade a Padrón. Fernando II dooulle en 1161, como compensación, a metade do Burgo de Faro co seu couto e co portádego dos navíos, engadindo a igrexa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Soria, Castela e León, estendido á esquerda do río Duero (5.053 h [1996]). Drenado polos ríos Ucera e Avión. A cidade é un centro agropecuario e de industria alimentaria. Na agricultura destaca a produción de cereais, uva, cánabo, feixóns e froitas. As fábricas de fariñas, chocolate, tinturas, panos e cordelería constitúen a principal actividade industrial. É sé episcopal, compartindo a súa capitalidade con Soria. A cidade, a antiga Uxama dos arévacos, tivo importancia en época romana. Da época medieval, conserva a catedral gótica (ss XIII-XIV), con obras importantes do s XVI como o claustro gótico ou o retablo maior, obra de Juan de Juni e Juan Picardo (1550-1554). No museo da catedral atópase o Beatus (1086); do restante patrimonio cómpre destacar a antiga universidade (1541-1554) e o vello castelo de Osma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela en 1988. Levaba como subtítulo “Revista de cine e fotografía da residencia universitaria Burgo das Nacións”. Contou coa colaboración de Xosé María Folgar, Alberto Expósito e Roberto Salgueiro González, entre outros. Trátase dunha revista profesional en galego que se dedica ao mundo da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León (1.002 h [1996]). Situado nunha chaira preto do río Degaña. Poboación principalmente agrícola, con cultivos de cereais, legumes e vide. Atópase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, entre Sahagún e Mansilla de las Mulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na Serranía de Ronda e próximo ao río do Burgo (2.070 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería, que constitúen o soporte da actividade industrial (fábricas de fariña e almazaras). Baixo o dominio de Omar Ben Hafsun edificouse a fortaleza que actualmente se denomina Atalaya de la Cornicabra. Do seu patrimonio arquitectónico destacan o convento de Las Nieves, a ermida de San Sebastián e a igrexa de Nuestra Señora de la Encarnación, todas do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Culleredo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Unha das praias ao pé da Punta de Santa Marta, xunto a Praia Ladeira.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría situada na marxe S da ría da Coruña. Ten unha disposición meridiana de xeito que as súas beiras quedan enfrontadas unha ao L e a outra ao O. A cabeceira sitúase na praia de Santa Cristina, onde desemboca o río Mero, e remata na punta de Oza, na marxe L, e na illa de Santa Cristina, na marxe O. Baña as costas das parroquias do Burgo, no concello de Culleredo, Oza e Elviña no concello da Coruña, O Temple no concello de Cambre e Perillo no concello de Oleiros. Litoloxicamente, nas súas beiras apréciase unha gran diversidade de materiais diluviais constituídos por cuarzo e cantos rodados de cuarcita, ademais de depósitos de praia. Pola beira da ría discorreu unha vía romana, procedente de Iria e Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO