"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Economista, político e profesor. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1972 incorporouse ao departamento de Estrutura Económica da facultade de Ciencias Económicas compostelá e doutorouse coa tese Política rexional en Galicia. Dos polos de Desenrolo ás ZUR. En 1972 ingresou no Partido Socialista Galego e en 1977 participou na formación do Colectivo Socialista Galego, que no 1978 se integrou no PSG-PSOE, do que foi secretario xeral de Santiago de Compostela. Deputado autonómico desde a primeira á cuarta lexislaturas (1981-1997) pola circunscrición de Lugo, foi voceiro parlamentario de Asuntos Económicos do grupo socialista. Da súa produción escrita destacan os artigos “Agricultura e capitalismo en Galicia: o proceso de modernización da agricultura galega” (1979) e “Problemas estruturais na integración da agricultura galega na CEE” (1981), publicados en Revista Galega de Estudios Agrarios, e “Galicia na CEE” (1987), editada en Encrucillada....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo clorado que se emprega na agricultura como insecticida de contacto contra as trazas. Sólido, cristalino e de cor branca, obtense a partir da aldrina. Presenta unha alta toxicidade sobre aves e mamíferos, polo que o seu uso é cada vez máis restrinxido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que difracta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aminofenazona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rodeos innecesarios para contar ou dicir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros de fotografía presentada a finais de abril do ano 2000, editada polo Centro de Estudos Fotográficos. Nesta colección, dirixida e deseñada por Felipe Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, teñen cabida os novos fotógrafos galegos e outros profesionais estranxeiros cunha obra consolidada. O primeiro libro, titulado Cartas á fisgona, contén o traballo fotográfico de Rut Massó. Posteriormente, saíron outros volumes dedicados á obra de Wojciech Prazmowski, Fran Herbello, Karen Knorr, Antoine D’Agata, Marcos Vilariño e Ruth Thorne-Thompsem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de RamónVillar Ponte (1890-1953) publicada en Ferrol na imprenta do xornal El Correo Gallego en 1921. Trátase dun dos primeiros estudios teóricos do nacionalismo galego. Asumiu o determismo xeográfico e a definición orgánica e historicista da nación galega que formulara Vicente Risco e conciliouna co republicanismo federal. O seu prólogo escribiuno Josep Puig i Cadafalch, presidente da Mancomunitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Emigrou a Puerto Rico, onde traballou no Banco Sobrinos de Ezquiaga e foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Alistouse no Batallón de Voluntarios e retornou pouco antes da perda da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre de obras; probablemente irmán de Cibrán Domínguez Bugarín. Activo entre 1694 e 1714. En 1694 realizou o retablo da capela maior da igrexa de San Lourenzo de Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo traza de Domingos de Andrade, e en 1694 contratou coa confraría da Soedade da catedral de Tui o seu retablo, axustándose á planta de frei Francisco Antonio de Andrade. Dende 1695 traballou con Marcial González na capela de Santa Liberata de Baiona. Realizou na caixa do órgano da catedral tudense (1697) e reedificou parte da igrexa de Tomiño (1698). Seguindo un deseño de Domingos de Andrade, entallou o retablo maior do convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou estudios na facultade de Filosofía e Letras. Exerceu como avogado na Coruña. Militante nas filas do galeguismo dende a súa mocidade, presidiu a Mocedade Galeguista da Coruña (1936) e interveu na campaña do plebiscito ao Estatuto de Autonomía. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e vicepresidente do seu consello de administración, e pertenceu ao consello de redacción da revista Grial. Asistiu ao Encuentro de Nacionalidades Europeas sin Estado (Bilbao-Guernika, 1977) e asinou o Documento dos 29. En 1978 foi nomeado conselleiro de Cultura da Xunta preautonómica a proposta dos senadores independentes e por designación real. Colaborador de La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Ser, Guieiro, Resol, Grial e La Tarde, publicou A memoria e os amigos (1994) e Luís Seoane: vida e obra literaria (1994). Membro numerario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe discutida. Segundo unha hipótese, a forma feminina crearíase a partir da base Dosinda. Tamén se cre que pode tratarse dun composto de Dora e a terminación -inda (procedente dun sufixo de orixe xermánica presente en moitos nomes femininos), de igual forma que acontece con outros nomes, como Belinda, Florinda ou Ermelinda. A forma masculina creouse, probablemente, a partir da feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Filla do actor Maurice Dorléac, comezou a traballar no cine con catorce anos en pequenos papeis. Demostrou a súa capacidade para interpretar personaxes dunha certa complexidade psicolóxica en películas, como Repulsión (1965), Belle de jour (Bela de día, 1966), Tristana (1970), Le dernier métro (O derradeiro metro, 1980), Agent trouble (Axente turbio, 1987), Indochine (Indochina, 1992), Ma saison préférée (A miña estación preferida, 1993), La partie d´échecs (A partida de xadrez, 1994), Les voleurs (Os ladróns, 1996) ou Genealogies d´un crime (Xenealoxías dun crime, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de ideas, teorías ou opinións, que defenden unha ou varias persoas, nas que se basea unha relixión, un sistema político ou filosófico.

      1. Conxunto de ideas dunha determinada rama do coñecemento.

      2. Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a unha doutrina.

      2. Que contén ou expresa unha doutrina.

      1. Libro que se estudiaba nas escolas medievais e que consistía nunha ampliación das ensinanzas gramaticais.

      2. Libro que contén regras e preceptos diversos sobre algunha cousa.

      3. interpretación doutrinal

        Interpretación dos feitos ou dos actos xurídicos que se fundamentan nas opinións dos xuristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha doutrina.

    2. Que ou quen segue fielmente unha doutrina.

      1. Relativo ou pertencente ao doutrinarismo.

      2. Seguidor do doutrinarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de doutrinario.

    2. Sistema político que profesaba o compromiso entre o poder real e a soberanía popular a comezos do s XIX. Difundiuse en Francia a partir de 1815, onde se pretendía establecer un goberno constitucional cunha concepción intermedia entre a liberdade e a autoridade, entre a monarquía e o réxime representativo. As doutrinas españolas durante o reinado de Isabel II e Afonso XII defenderon a propiedade privada, a primacía da orde pública e o respecto ás clases dirixentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Mariña Dozo de Cambados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e promotora de arte. Formouse no Brooklyn Art School e no Prat Institute. En 1920 fundou con M. Duchamp e M. Ray a Societé Anonyme dedicada á promoción da arte moderna. Promoveu publicacións, conferencias e exhibicións, entre as que destaca a International Exhibition of Modern Art no Brooklyn Museum (1926). En 1941 doou a súa colección de arte á Yale University. Entre os seus escritos destaca Western art and the new era; an introdution to modern art (Arte occidental e nova era; unha introdución á arte moderna, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Albania, formado pola confluencia do Beli Drim e o Drini i Zi, emisario do lago Ohrid. Desemboca no Mar Adriático, en Lezhë, despois dun percorrido de 180 km.

    VER O DETALLE DO TERMO