"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Ribadumia. Trátase dunha construción do século XVI con reformas posteriores do s XVIII. Foi sede da sinatura do Pacto de Barrantes en setembro de 1930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado no concello de Tomiño. Non se coñece a data da súa fundación, pero sábese que foi restaurado polo monarca Afonso VII no ano 1138 e que o mesmo Rei foi quen o doou á Igrexa de Tui á que pertenceu a partir desa data.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por Filipe IV, por Real Despacho do 13 de decembro de 1654, a Mauro de Caamaño Mendoza e Soutomaior, procurador en Cortes por Galicia, señor das casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía e, posteriormente, I marqués de Vilagarcía. Rodrigo Barrio e Álvarez de Lorenzana, IX vizconde e marqués de Vilagarcía, cedeu o marquesado de Vilagarcía reservándose o vizcondado de Barrantes pero, ao non obtelo, declarouse vacante, e o 5 de xuño de 1870 foi suprimido. O título foi reclamado por Xoán Álvarez Lorenzana e Guerreiro quen, tras conseguir a súa rehabilitación o 27 de outubro de 1870, se converteu no X vizconde de Barrantes. Leva como armas as dos Caamaño: en campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do flanco sinistro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azul.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director francés, discípulo de Charles Dullin. Traballou no Vieux Colombier de Jacques Copeu e foi amigo de Antonin Artaud e Étienne Decroux, quen lle transmitiría a paixón pola expresión xestual. Iniciou a súa andaina na compañía L’atelier, dirixida por Dullin, para despois pasar ao teatro da Comédie Française onde amosaría os seus dotes de actor e director singular. Formou unha compañía coa súa muller, Madeleine Renaud (1946). En 1959 foi nomeado director do Teatro do Odeón, onde dirixiu espectáculos moi diversos a partir de textos de Paul Claudel, Eugène Ionesco, Camus, Anouilh, Montherlant, Gatti, Jean Genet ou Marguerite Duras, mesturando repertorios clásicos coa presentación de novos autores e autoras. Configurou, así, unha liña de traballo que destacou pola orixinal recreación dos clásicos e a decidida aposta pola dramaturxia contemporánea. Igualmente importante foi a presentación en París de directores e colectivos da transcendencia de Jerzy Grotowski, Peter Brook, Teatro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai vida marital con outra sen estar casada con ela.
-
PERSOEIRO
Escultor e ceramista, coñecido co pseudónimo de Paparolo. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo tanto en galerías privadas como públicas; así mesmo, ten obras para diversos edificios públicos. Entre as súas exposicións destacan: Trinta artistas en Trinta (Santiago de Compostela, 1986), Tendencias (Santiago de Compostela, 1987), 10 Visións da Arte Compostelá (Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1992) e Esculturas (Santiago de Compostela, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Ademais, realizou estudos de Economía, Teoloxía e Filosofía e Letras. Centrou a súa investigación na historia contemporánea de Galicia, tanto dende unha perspectiva económica como política e xurídica, aínda que se especializou nestes últimos eidos. Ao longo da súa traxectoria profesional, estudou o enfrontamento entre os liberais e os absolutistas no primeiro terzo do s XIX, o levantamento progresista de 1846, as ideas ilustradas e a súa influencia na construción do galeguismo e no reformismo universitario, a política relixiosa no s XIX e diferentes movementos políticos como o galeguismo e o federalismo. É autor de numerosas historias de Galicia: Galaxia (1979), Gamma (1982-1984) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e empresario gráfico. Emigrado ao Uruguai, traballou na librería Real y Prado -naqueles anos a máis prestixiosa de Montevideo- ata que en 1871 fundou a Librería Nacional. Pouco despois editaba libros de recoñecidos intelectuais uruguaios como Bauza, Blixén, Cervantes, Jiménez de Aréchaga e Magariños, entre outros moitos. Foi o momento no que incorporou obradoiros de impresión ás oficinas da editorial, encargándose el mesmo da produción completa dos libros. Foi tamén administrador da Revista del Plata (1882) e director do Banco de la República. Promoveu a famosa ‘Tertulia de Barreiro’, na que participaron coñecidos políticos, poetas, científicos e xornalistas da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lanzadora de disco pertencente ao Club de Atletismo Santiveri. Foi campioa de España absoluta na súa especialidade entre os anos 1985 e 1988, ambos incluídos. Amais, foi internacional absoluta en dezaseis ocasións. Conseguiu a plusmarca española de lanzamento de disco en Barcelona o 13 de xullo de 1988, cunha distancia de 55,18 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de cine e fotógrafo. Na primeira metade dos anos 20 desenvolveu as súas primeiras investigacións fotográficas ao redor dun novo procedemento de cine en cor, que foi finalmente patentado en 1925. Realizou ese mesmo ano en Pontevedra as primeiras demostracións públicas dun sistema que se encontraba co inconveniente da súa velocidade de proxección. É así como concibiu e realizou o documental Pontevedra, cuna de Colón (1927), onde defendía a tese da orixe pontevedresa do descubridor de América. Concibe logo un novo sistema de cor, esta vez bicromático, co que filmou unha segunda versión deste mesmo título (1930); é esta unha película lastrada polo seu exceso de rótulos explicativos, cun argumento supeditado a servir de soporte aos experimentos cromáticos do seu realizador. En 1932 constituíu co seu irmán Ramón e co pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que sacou adiante un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Froitos desta iniciativa serán documentais como Por...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Traballou nas pinturas do retablo da Igrexa de San Miguel e levou a cabo a restauración do Cristo da parroquia de Cordeiro (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aritmético. Autor do primeiro curso de aritmética comercial en Francia. Os seus libros Comptes faits du grand commerce (As contas feitas do gran comercio, 1670) e Livre nécessaire pour tous les comptables (Libro necesario para todos os contables, 1677) tiveron moita difusión. Do seu apelido xerouse a palabra baremo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Facenda Pública nas universidades de Deusto e Complutense de Madrid. Accedeu ao corpo de inspectores fiscais (1954) e foi vicesecretario (1956) e secretario xeral técnico (1962) do Ministerio de Facenda. Ocupou a dirección do Instituto de Estudios Fiscales (1960-1965) e a presidencia da Compañía Telefónica Nacional de España (1965-1973). Ministro de Facenda con Carrero Blanco (1973), foi nomeado por Carlos Arias Navarro vicepresidente segundo do goberno (1974), cargos dos que dimitiu ese mesmo ano tras o cesamento de Pío Cabanillas. Foi presidente da Universidad Pontificia de Comillas, fundador do Instituto de Estudios Financieros e dos Cuadernos Bibliográficos de Hacienda Pública, presidente de Aluminios de Galicia (ALUGASA) e de Sema-Metra Ibérica, conselleiro da CTNE ata 1983 e do Banco Hispano Americano. Escribiu Notas de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Desde 1948 desenvolveu actividades industriais como promotor de empresas: Grúbar (Madrid, 1954), empresa matriz do seu grupo; Ponteareas, empresa construtora (Madrid, 1958); Granitos de Galicia (Ponteareas, 1958); Cerámica San Julián (Madrid, 1959) e Aceros del Tea (Ponteareas, 1960). En 1965 fundou en Madrid a sociedade Mindanao, propietaria do hotel do mesmo nome. En 1965 foi nomeado conselleiro delegado da Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego e O Correo Galego. No mesmo ano fundou a empresa Saglas, que se dedica principalmente ás obras públicas, e Candea, Industrias Plásticas. En 1969 creou Lasagra, empresa promotora de polígonos industriais e obras públicas, e en 1970 adquiriu Mugardos, empresa valenciana dedicada á transformación de madeira en aglomerados. Foi fundador, promotor e primeiro presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro dúplice, situado en Barreda, concello de Pereiro de Aguiar. Foi fundado polo abade Senior antes do ano 842, data na que se documenta unha doazón a este mosteiro. No ano 941, a petición de san Rosendo, o Rei Ramiro II fixo entrega a Celanova de todas as igrexas construídas polo abade Senior, entre as que se atopaba a de Santa María de Barreto.
-
PERSOEIRO
Empresario. Con anterioridade á súa chegada á Coruña (1792), consagrouse ao comercio polo espazo dunha década na cidade de Donostia, asociado co seu curmán J. Bautista D’Abadié. O nome de Barrié, xa establecido en Galicia dende 1792, exemplifica a burguesía de orixe foránea que se estaba a instalar na Coruña neses anos. Nun comezo dedicouse, preferentemente, a introducir cereal estranxeiro no mercado local, participando mesmo no negocio dos bacallaos terranovenses. Este comercio, en época de penuria económica, deulle importantes beneficios. Pero tamén compaxinou este traballo con outras moitas actividades como: o corso marítimo, o comercio con América, a condución de negros a América, etc. Á parte desta dedicación comercial tamén se implicou en empresas fabriles (dende 1803 dirixiu a fábrica de sombreiros da Coruña), ampliando así o seu volume de negocios. Xa nos primeiros anos da súa estancia na Coruña destacou no grupo dos grandes do comercio local e tomou parte activa nas deliberacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten moita barriga.