"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Placa do esqueleto externo que cobre a rexión ventral de calquera segmento corporal dos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músculo da rexión lateral do pescozo que empeza na clavícula e no esterno e se insire na apófise mastoidea do óso temporal e no óso occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que favorece a produción de espirros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Respiración rouca e angustiosa propia dos moribundos.

    2. Ruído anormal que se detecta na auscultación torácica de enfermos pulmonares.

    3. Últimas manifestacións de algo que está a piques de extinguirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘peito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Auscultación, mediante o estetoscopio, de diversas partes do corpo humano.

    2. Conxunto de signos que se obteñen por auscultación co estetoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se utiliza para a auscultación indirecta. Actualmente se emprega o tipo biauricular mixto, formado por unha campá e unha membrana intercambiables que se aplica sobre a zona que se quere explorar. As vibracións que se captan transmítense ao oído do explorador mediante dous tubos de goma. O antigo estetoscopio monoauricular emprégano só os tocólogos para auscultar os ruídos do feto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Antonio Gades e dedicado ao baile flamenco, ingresou na compañía de Pilar López a comezos dos anos cincuenta e chegou a ser o seu primeiro bailarín. No seu estilo fusiónanse a herdanza expresionista do ballet europeo con elementos cultos e populares. Tras deixar a compañía de Pilar López, traballou en Italia como bailarín e coreógrafo no Teatro da Ópera de Roma, no Festival de Spoleto e na Scala de Milán. Na década dos setenta estreou coa súa compañía en Roma Bodas de sangre, obra que o consagrou internacionalmente. En 1994 estreou en Italia Fuenteovejuna, baseada na obra de Lope de Vega e gañadora do Premio de Dirección Coreográfica de la Asociación de Directores de Escena (ADE). Foi director do Ballet Nacional Español (1978-1980) e, ao deixar o cargo, creou xunto cos compoñentes do Ballet o Grupo Independiente de Artistas de la Danza (GIAD). Dos seus espectáculos destacan Carmen, Fuego, Bodas de sangre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico, pintor e gravador. Foi xefe de estudo gráfico da axencia de publicidade AHA (1983-1986), debuxante de GRAFORSA (1987-1991), director de arte do Grupo Córcega Galicia Comunicación (1997-1998) e de Edicións Espiral Maior (1998-2002). Realizou traballos gráficos para a Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, concellos da Coruña e Sada, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Trofeo Teresa Herrera e diversas empresas coruñesas. Colaborou en Aetinape (1986-1996), La Voz de Galicia (1998-1999) e Obradoiro (1995-2000). No eido da pintura e do gravado, inclinouse pola abstracción aínda que tamén traballou a figuración deformada. As súas composicións caracterizáronse pola cor e o grafismo xestual con trazos fortes e vigorosos. Foi membro fundador dos grupos GALREXO (1974) e Galicia Estudio (1978). Realizou, entre outras, as carpetas de gravados Ortigas da memoria, con poemas de C. Sánchez (1984), Mulleres (1987) e participou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Iniciou a súa actividade profesional en 1986 no grupo Ítaca e realizou diversos espectáculos coas compañías Uvegá Teatro (Trínguilin trángala, Freda Gómez) e O Moucho Clerc (A caza do Snark, O rousiñol de Bretaña). A súa carreira desenvolveuse posteriormente con traballos para o Centro Dramático Galego (O arce no xardín, A casa dos afogados, O incerto señor don Hamlet, Como en Irlanda, Lisístrata ou cando as mulleres reviraron, O peregrino errante que cansou ao demo, O Bufón d’El Rei, Memoria de Antígona, Valle-Inclán 98 e Xelmírez ou a gloria de Compostela), Teatro do Noroeste (A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias Peregrinas, Noite de Reis e A Celestina) ou Sarabela Teatro (O lapis do carpinteiro). Traballou con directores como Manuel Lourenzo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbióloga. Graduada en ciencias biolóxicas (1977) e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), doutorouse en Bioloxía nesta mesma universidade (1980). Ampliou os seus estudios en EE UU, nas universidades de Maryland e Oregon. Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 1991, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, concretamente na patoloxía bacteriana e vírica, na patoloxía fenotípica, antixénica e molecular de microorganismos patóxenos dos peixes, no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos nos peixes, na epizootioloxía e na quimioterapia e vacinación. Ten patentadas tres vacinas empregadas en acuicultura: GAVA-3, para o control da vibriose en rodaballo e salmónidos; DI, para o control da pasteurelose en dourada e robaliza; e ET-2, para o control da estreptococcia en rodaballo. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Membro do comité de revisores de diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro abade da orde do Císter (1109-1133). Formouse na abadía de Sherborne e foi un dos monxes de Molesme establecidos en Cîteaux con san Roberto. Acadou do Papa Pascual II o Privilegium romanorum, que permitiu o desenvolvemento do convento sen temor á intervención señorial ou episcopal. En 1119 redactou a Charta charitatis, documento onde quedaron establecidas as normas de vida e goberno da nova orde. Escribiu tamén Exordio parvo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (997-1000) e primeiro rei de Hungría (1000-1038). Converteuse ao cristianismo no 985 xunto co seu pai Géza, ao que sucedeu á fronte das tribos maxiares. De nome Vaik, ao casar coa princesa bávara Xisela bautizouse co nome do protomártir cristián. Cristianizou Hungría coa axuda dos beneditinos e, para recompensar a súa obra, o Papa Silvestre II proclamouno rei. Constituíu un Estado unificado e centralizado politicamente. Perseguidor implacable das tradicións maxiares, o Papa Silvestre II recompensoulle os seus servicios á Igrexa outorgándolle o título de “soldado de Cristo” e enviándolle unha coroa (“a coroa de santo Estevo”) que se utilizou desde entón na consagración dos monarcas húngaros. Na iconografía viste coiraza e roupas guerreiras, e leva como atributos persoais un estandarte coa imaxe da Virxe (símbolo do seu reino ao servizo de María) ou aparece brandindo unha espada (o seu reino ao servizo de Deus). Foi canonizado en 1083 e a súa festividade celébrase o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (257-260). Enfrontouse con san Cibrán de Cartago e outros bispos do norte de África pola cuestión do bautismo dos herexes e dos cristiáns renegados (lapsi). Na iconografía leva túnica e palio, e como atributos persoais, unha espada cravada no peito ou un ídolo rompido aos seus pés. A súa festividade celébrase o 2 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono e protomártir cristián. Acusado de blasfemia polos xudeus helenistas, foi condenado polo sanedrín e morreu apedrado. No libro dos Feitos dos Apóstolos reprodúcese un discurso apoloxético seu, fundamental para comprender a evolución misional do primitivo cristianismo. Represéntase como un mozo imberbe e vestido coa dalmática. A súa festividade celébrase o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie moi irregular e de aspecto noduloso propia dalgunhas rocas sedimentarias, as máis das veces ricas en carbonato cálcico, formada por disolución nos puntos de contacto entre partículas e posterior precipitación nas superficies libres próximas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estilomatóforos.

    2. Gasterópodo da orde dos estilomatóforos.

    3. Orde de moluscos gasterópodos, da subclase dos pulmonados, caracterizados por ter os ollos situados no extremo de tentáculos retráctiles. Comprende especies terrestres denominadas popularmente lesmas e caracois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estirar ou estirarse.

      1. Operación de calibrar barras ou tubos metálicos, laminados en quente, por redución da súa sección facéndoos pasar a través dunha fileira ao mesmo tempo que se someten a un esforzo de tracción. Co estiramento, obtense unha gran precisión dimensional, un aumento do límite elástico e da resistencia á tracción, e unha diminución da estrición e da resiliencia. Xeralmente realízase en frío.

      2. banco de estiramento

        Máquina de estrutura pesada e robusta empregada no estiramento de barras e perfís. Consta basicamente dun cabezal, fixado ao banco, que contén unha ou máis fileiras que determinan as dimensións da peza estirada ao pasar a barra ou o perfil por elas. O carro de tracción suxeita a peza cunhas mordazas e, mediante a forza que lle comunica un rotor, estíraa e obrígaa a pasar pola fileira mentres se despraza ao longo do banco.

    VER O DETALLE DO TERMO