"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Escritor camerunés residente en Francia, coñecido co pseudónimo de Mongo Beti. Publicou Ville Cruelle (Vila cruel, 1954) co pseudónimo Eza Boto. Entre as súas novelas sobre a vida en Camerún durante a etapa colonial destacan Le pauvre Christ de Bomba (O pobre Cristo de Bomba, 1956), Mision terminée (Misión rematada, 1957) e Roi miraculé (O Rei curado milagrosamente, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e poeta. É autor dos poemarios en castelán Gemas de luz, Ánfora e Sonora soledad, e dos poemarios en galego Dor e saudade (1968), dentro dunha liña clasicista, e A corazón aberto (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. Estudiou en Madrid e París. Inclinouse cara ao Impresionismo e á tradición francesa. En 1910 recibiu a medalla de ouro da exposición do centenario da independencia de Bos Aires. Residiu en París, Mallorca e Montevideo, onde desenvolveu labores docentes. Entre as súas obras destaca La preferida e Cataratas del Iguazú.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e xornalista. Foi o cineasta máis importante da Italia fascista con obras como Il Caso Haller 1860 (O asunto Haller 1860, 1933), sobre a epopea de Garibaldi, e Quattro passi fra le nuvole (Catro pasos entre as nubes, 1942); iniciou así a súa filmografía de posguerra, que desenvolve unha temática costumista. Estivo influído tamén polo cine histórico e polo neorrealismo. Todas as correntes e escolas do cine italiano se concentran na súa produción filmográfica. Realizou, entre outras películas: Sole (Sol, 1929), Europa di notte (Europa de noite, 1958) e Simon Bolivar (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo ruso. A partir de Stikhi o Prekrasnoj Dame (Versos a unha bela dama, 1904) converteuse no principal poeta simbolista ruso. Unha vez fracasada a revolución do 1905, derivou cara ao pesimismo e a sátira, como nos dramas líricos Balagančik (O barracón dos saltimbanquis, 1906) e Roza i Krest (A rosa e a cruz, 1913). En Dvenatcat’ (Os doce, 1918) e Škify (Os escitas, 1918) presenta unha visión mesiánica e moi persoal da revolución do 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición formada en abril de 1977 pola Unión do Pobo Galego (UPG) e a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG). Nun comunicado conxunto, os dous colectivos pediron a abstención no referendo do Estatuto de Autonomía, o que consideraban lexitimador dunha política antidemocrática e antigalega. A maioría dos 38 candidatos do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Congreso e Senado pertencían á UPG. O programa do BN-PG incluía no seu limiar unha serie de medidas políticas, económicas, sociais e culturais que consideraban necesarias para poder falar de democracia en Galicia e que o país deixase de ser unha colonia dentro do estado español. Contiña as bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e o proxecto de medidas económicas para un programa do goberno provisional galego. Entre as medidas de política económica social destacan o recoñecemento das liberdades de xuntanza, manifestación, asociación e folga; a implantación dun sistema fiscal galego progresivo;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política nacida nunha Asemblea celebrada no pavillón de Riazor (A Coruña) os días 25 e 26 de setembro de 1982. Tralo fracaso das primeiras tentativas de articular o nacionalismo galego, reflectido na crise do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) que aglutinaba a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e a Unión do Pobo Galego (UPG), que intentaron solucionar coa alianza do Partido Socialista Galego (PSG), xurdiu o BNG, un produto da reflexión crítica sobre a política e organización das anteditas formacións. Daquela, as primeiras organizacións integrantes do BNG foron a AN-PG, a UPG e o PSG. En 1983 o PSG deixou de pertencer ao BNG aínda que algúns dos seus membros continuaron como Colectivo Socialista. En 1985 dentro do propio BNG naceu unha nova formación, o Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) que sería expulsado en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova, herdeira...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo antifranquista constituído por exiliados galegos en Toulouse a finais de 1944. Estivo composto por representantes de Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Comunista de España (PCE), Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Unión General de Trabajadores (UGT), así como por algúns membros do Partido Galeguista. Estaba presidida por Manuel Portela Valladares. De influencia comunista, pretendeu reivindicar a pervivencia da Fronte Popular como institución legal e democrática na que os dereitos de Galicia estivesen representados. Ata 1947 editou en París un boletín bilingüe, Galiza, no que colaboraron entre outros Enrique Líster, Castelao e César Alvajar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘preñada’.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en Bos Aires por Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Entre 1941 e 1944 representaron diversos espectáculos en lingua galega.
-
PERSOEIRO
Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación humorística, tirada na cidade de Vigo a partir do 20 de novembro de 1884. Foi o órgano informativo e publicitario da Sociedade Carnavalesca de Vigo. De carácter informativo e publicitario, daba conta das actividades que a sociedade organizaba. Os seus artigos caracterizábanse polos seus tons sarcásticos e humorísticos. O primeiro número foi vendido no Teatro Tamberlik durante unha función ofrecida polo cadro de declamación da sociedade. O seguinte número foi repartido tres días máis tarde, o domingo 23, co gallo dunha nova velada teatral. Non se teñen novas da saída de posteriores números e tampouco se conserva ningún exemplar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Montevideo. O Centro Galego editaba unha revista chamada Galicia e distribuíase entre os seus asociados este “boletín informativo bimensual”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O primeiro volume viu a luz en 1982. O organismo reitor e responsable do boletín era o Consello de Publicacións, integrado nos seus inicios por Ernesto Viéitez Cortizo, Antonio Fraguas Fraguas, Luís Cordero Rego e Tito Antonio Varela López. Expresábase en diferentes linguas: galego, castelán, inglés e portugués. A súa creación estivo enmarcada dentro do ámbito dos obxectivos fundamentais da Academia tales como a promoción, aplicación e difusión de coñecementos científicos experimentais. Este boletín permitía a publicación dunha gran parte dos traballos de investigación feitos en Galicia. Concibiuse orixinariamente como unha revista de periodicidade anual coa posibilidade de edicións suplementarias. Os artigos abranguían diferentes materias como a Física, a Química, as Matemáticas, a Bioloxía, a Xeoloxía, as Ciencias Técnicas, as Ciencias Sociais e Económicas, etc.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación monolingüe en galego, que apareceu en Santiago en decembro de 1990. Este boletín proporcionaba información sobre a sociedade a xeito de proxectos, estatutos, asembleas, seminarios, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación monolingüe en galego que naceu en Vigo no ano 1983 e que se publicou en diferentes etapas. Nun comezo estivo dirixida por Antón Lampareira e tivo unha periodicidade bimensual. Entre os primeiros colaboradores contou con Manuel Vázquez, X. M. Pazos, Xaime Aguiar, Francisco Pillado, Manuel F. Vieites, Margarita Galiana Rodríguez e X. M. Vázquez. A intención do colectivo que editaba esta publicación era loitar pola normalización teatral en Galicia. Incluía entrevistas con persoeiros do teatro como Yayo H. Rúas, César Anxo Lombera ou Manuel Lourenzo, xunto con información sobre os grupos e as súas montaxes, amais de artigos como o de Mikhail Tsareu. Tamén posuía outras dúas seccións dedicadas á información teatral e á bibliografía. No segundo número prestouse especial atención á estrea dunha obra de Woyzeck, o primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu á luz en 1978 en calidade de voceiro do Centro Galego de Barcelona, presidido polo catedrático e avogado Xosé Luís Vázquez Sotelo. Da dirección deste boletín encargouse o xornalista Xosé Luís Blanco Campaña. A pesar de que esta publicación só tivo uns meses de vida, nela editáronse artigos de importancia como os de Blanco Amor ou os do artista ferrolán Xosé Leira Domínguez. Tamén colaboraron o poeta Manuel Rodríguez López ou o profesor Basilio Losada Castro. A portada foi obra de Isaac Díaz Pardo. Xa en xullo do ano 1994, cando a entidade estaba presidida por Ángeles Pérez Guerra, esta asociación publicou un novo boletín sen título representativo, pero coidando moito a presentación.