"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión celebrada en Brazzaville en xaneiro de 1944 polos representantes das colonias de Francia, presidida polo xeneral De Gaulle e por René Pleven. Esta conferencia estableceu os principios das reformas diplomáticas, administrativas e sociais que levaron á creación da Union Française (1946).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Influído pola narrativa española e francesa, escribiu farsas populares e comedias. Entre outras obras publicou De klucht van de Koe (A farsa da vaca, 1612) e comedias como Het moortje (O mourisco, 1615) sobre O Eunuco de Terencio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro suízo. Fundou en París os talleres Breguet de reloxería. Perfeccionou o termómetro metálico e o péndulo astronómico e inventou o aparello co que H. Fizeau mediu a velocidade da luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documento composto e impreso en Braga no ano 1494 por Juan Gherlinc, editor establecido en Monterrei en 1490 tralo seu paso por Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca nacional de Gran Bretaña. Foi fundada no 1973 a partir da antiga biblioteca do British Museum, a National Central Library, a British National Bibliography e a National Lendin Library for Science and Technology. Consta de tres grandes divisións: a de humanidades e ciencias sociais (con máis de 11 millóns de volumes e unha importante colección de manuscritos orientais); a de ciencia, industria e tecnoloxía, que se divide entre o Document Supply Center (un dos mellores subministradores internacionais de información) e o Science Reference and Information Service; e, finalmente, a división de servicios bibliográficos, responsable da bibliografía nacional británica e das diversas publicacións emitidas pola entidade. A British Library ten actualmente un papel moi importante na investigación nos campos da biblioteconomía, a documentación e as novas tecnoloxías da información.
-
PERSOEIRO
Artista plástico. É profesor de escultura na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra sobre o tema do home erótico levouno a realizar diversas instalacións entre as que destacan: No silencio dos seus corazóns, composta de fotografía, luces e obxectos, en Getxoarte 90; Retablo, instalación con televisores vellos, formando o retablo dunha igrexa con fotografías e graffiti de simboloxía relixiosa; Cuartos escuros, intento de amosar os mundos privados a partir de trece caixas de madeira cunha mira pola que se observan imaxes pornográficas do mundo gay e lésbico. A súa traxectoria profesional combina a creación plástica co ensaio e a crítica artística sobre o fenómeno homosexual na arte contemporánea, feito que o levou a participar en congresos e a organizar na Universidade de Vigo o primeiro curso de estudios gays e lésbicos que deu lugar á publicación do libro (Con) Ciencia de un singular deseo (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Destacou principalmente como autor dun ciclo novelístico sobre Poitesme, un reino imaxinario a través do que satiriza a sociedade moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Mamífero do xénero Capra, da familia dos bóvidos, de pezuño fendido, constitución forte e extremidades áxiles. Teñen o rabo moi curto e levantado e a cabeza de perfil recto. Os machos chamados cabróns ou castróns, presentan case sempre na mandíbula inferior unha barba, e baixo a gorxa dous colgallos; baixo a cola, disponse unha glándula que desprende un cheiro acedo característico. Os cornos, que son máis grandes nos machos, adoitan ser rugosos ou anelados, e retórcense cara a arriba e cara a atrás, moi diverxentes entre eles, ás veces revirados en espiral. A xestación ten unha duración duns cinco meses e nacen en cada parto unha ou dúas crías; as cabras novas, machos ou femias, chámanse chibos. As cabras viven en rabaños e posúen unha grande axilidade para saltar e camiñar polos lugares rochosos máis difíciles. Aliméntanse de herba, brotes e plantas en xeral. Agás a cabra doméstica, que estivo moi espallada desde a Antigüidade e que deu lugar a numerosas...
-
cabra alpina
[Capra ibex, Fam dos bóvidos] Cabra de ata 1,5 m de lonxitude, con cornos curvados cara a atrás nun mesmo plano. Vive en zonas montañosas de Asia central, no Himalaia, en Arabia e África nororiental e nos Alpes.
-
cabra das neves
[Oreamno
-
cabra montesa
[Capra pyrenaica, Fam dos bóvidos] Cabra exclusiva da Península Ibérica, de ata 140 cm de lonxitude, cun pelame de cor castaña no verán e grisada con manchas negras no inverno. Os machos son de maior tamaño ca as femias e presentan cornos grosos, longos e curvados de forma sigmoidea. Propia de zonas abruptas, está adaptada a vivir sobre rochedos onde, grazas á capacidade de dixerir ata o 80% da celulosa, aproveita a escasa vexetación. É unha especie gregaria, os machos compiten polas femias en pelexas nas que chocan os cornos tras levantarense sobre as patas traseiras. Describíronse catro subespecies: C. pyrenaica vitoriae, que vive na serra de Gredos e da que a principios do s XX só quedaba unha poboación dunha ducia de exemplares que, trala súa protección, chegou a máis de 10.000; C. pyrenaica hispanica, con poboacións illadas na franxa oriental e suroriental da Península, constituídas por varios miles de exemplares, pero que sofren graves descensos como consecuencia...
-
-
-
[Serranu
-
cabra de altura
[Heli
-
cabra de mar
[Pontinu
-
-
Percebellas acuáticas das familias dos vélidos e dos xérridos, que viven na superficie da auga, en zonas calmas ou de corrente lenta. Teñen uns peliños hidrófugos no abdome que lle dan un aspecto prateado, e as unllas dispostas a unha certa distancia do extremo das patas para non rozar coa superficie da auga. Desprázanse remando co segundo par de patas, mentres que co último gobernan a dirección; reservan o primeiro para a captura das presas. Depredan pequenos insectos que emerxen do seo da auga ou insectos alados que caen nela, detectándoos polas lixeiras vibracións que estes provocan na superficie. Entre elas tamén utilizan as vibracións como unha especie de código morse co que comunican a receptibilidade sexual. Reciben o nome de cabras cegas ou cabras tolas, por mor das antenas que semellan pequenos cornos e polos saltos cos que sorprenden as presas ou foxen dos conxéneres e dos inimigos.
-
...
-
-
MONTES
Monte da parroquia de Sello (concello de Lalín). O seu cumio atópase a 633 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, na Comunidad Autónoma de Andalucía, á beira do río Cabra (20.707 h [1996]). É un centro agrícola, destacando o cultivo de hortalizas, árbores froiteiras, cereais e oliveiras, e comercial. A súa industria deriva da agricultura e produce aceites, conservas vexetais e xabóns. Destacan as murallas árabes, o pazo do duque de Sessa, as igrexas da Asunción, gótica, e de Juan Bautista (s XVII) e o convento dos agostiños.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[α-Aurigae]
-
PUNTA
Punta da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Baroña (concello do Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, na Comunidad Autónoma de Andalucía (2.280 h [1996]), situado ao SL da provincia, na aba de Sierra Cruzada, no límite con Granada. As canteiras e as manufacturas de esparto son a súa principal actividade económica, complementada cunha pequena produción agrícola de cereais e legumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Baroña (concello do Porto do Son), situada entre as puntas do Castro, ao S, e da Cabra de Enmedio, ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
figueira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Cabral, no concello de Vigo. Estendeuse por Castela e por Portugal, unha rama pasou a Ceuta e algúns chegaron ao Nuevo Reino de Granada. Os de Galicia levan como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dúas cabras de goles, empinadas ao tronco. Outros heraldistas recollen o mesmo escudo pero engádenlle unha terraza de sinople. Os de Burgos traen escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cunha árbore de sinople e unha cabra de sable, con manchas de goles, empinada ao tronco; segunda partición, en campo de azul, con tres bandas de ouro. Outros ostentan, en campo de sinople, dúas cabras de prata, postas en pao, e na punta unhas espigas de trigo de ouro. Os de Portugal levan, en campo de prata, dúas cabras de goles, postas en pao. Outros representan, en campo de ouro, catro escaques de azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
João Cabral de Melo Neto.
-
PERSOEIRO
Político guineano. Formado en enxeñería industrial na Universidade de Lisboa foi un dos membros fundadores, no ano 1948, do Centro de Estudos Africanos xunto con Viriato da Cruz e Mário de Andrade. En 1956, fundou o Partido Africano da Indepêndencia de Guiné-Bissau e Cabo Verde (PAIGC) e un ano máis tarde o Movimento para a Libertação de Angola (MPLA) xunto con Agostinho Neto. Durante case unha década compaxinou o seu labor político coas súas accións como guerrilleiro na súa loita contra o dominio portugués, ata que no ano 1972 foi creada a Assembleia Nacional do Povo Guineano. Entre as súas obras hai que destacar A arma da teoria (1975) e A práctica revolucionária (1975). No 1973 foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO