"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Janet Patherson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de San Pedro de Frameán (Monterroso) e San Miguel de Moreira (A Estrada). Nas dúas igrexas representou o Lavatorio e a Oración no horto. A falta de dominio do debuxo provocou que as pinturas se caracterizen pola frontalidade. Nos fondos combinou o paisaxístico con formas que imitan os brocados. As figuras caracterízanse pola falta de expresividade dos corpos e pola falta de corporidade das vestimentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída no s XII, ten planta dunha soa nave rectangular e ábsida recta. O arco triunfal é posterior. No interior destacan as pinturas murais do testeiro da ábsida, obra do denominado mestre de Frameán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palla que ao segar vai quedando atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Ingresou na Academia de Infantería (1911), no corpo de Regulares e no Servicio de Aeronáutica Militar, participando como piloto na Guerra de Marrocos. Realizou un voo transoceánico que lle supuxo a condecoración persoal do Rei Afonso XIII. O 22 de xaneiro de 1926, xunto con Ruiz de Alda, saíu de Palos de Moguer co hidroavión Plus Ultra e aterrou en Bos Aires o 10 de febreiro, tras un voo de máis de dez mil kilómetros sen escalas. Durante a Ditadura de Primo de Rivera participou en diversos intentos para acabar co réxime e instaurar a República, polo que o detiveron en numerosas ocasións. Coa instauración do goberno do xeneral Berenguer, participou na creación da Asociación Militar Republicana e foi un dos integrantes do Comité Militar Revolucionario que pretendía provocar unha sublevación militar contra a monarquía. Detivérono novamente e trasladárono a un penal militar do que se evadiu pouco máis tarde. Tras un breve exilio en París, regresou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. A súa actividade investigadora céntrase no estudo da estrutura, da biosíntese e da función da hormona timosina. Publicou numerosos artigos en revistas especializadas e os libros El cáncer. Prevención y futuro (1993), Biotecnología y clonación (1997), Biotecnología y sociedad (1998) e La bioquímica al final del milenio. Un siglo de historia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Normalmente asina como Xe Freyre e é autor da novela Cando o gato mira de esguello (1987) e da guía Mondoñedo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na loita pola independencia de España e derrotou os realistas en Talcahuano (28.5.1813) e en Cumpeo (4.2.1817). En novembro de 1822 sublevouse en Concepción contra o goberno de B. O’Higgins Riquelme e fíxose elixir director e xefe supremo suplente do Estado. Durante o seu goberno promulgouse unha Constitución (1823), decretouse a liberdade de prensa, aboliuse a escravitude e iniciouse a desamortización dos ben eclesiásticos. Durante a Guerra Civil chilena (1829-1830) dirixiu as forzas liberais derrotadas en Lircay (1830), polo que se tivo que refuxiarse en Perú. En 1836 dirixiuse novamente a Chile ao mando dun pequeno exército pero foi derrotado e desterrado a Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Profesor titular da área de filoloxía galego-portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, centra a súa investigación tanto na lingüística coma na literatura galega. Participou na dirección do Proxecto Galbreus da AS-PG (2001-2002) sobre a situación do galego, éuscaro e bretón no ensino secundario e, desde 2002, actúa como delegado galego na Axencia Europea para as linguas menos estendidas (European Bureau for Lesser Used Languages, EBLUL). Foi membro da comisión científica da Historia da literatura galega. Cómpre destacar as súas obras Da montaña o corazón (1993, Premio Ánxel Fole), Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa (1994), Rafael Dieste (1995), Os diminutivos en galego (1996), Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida) (1996), Antoloxía da prosa literaria medieval (1996), Lingua galega: normalidade e conflito (1997), Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía (1998), Gramática da Lingua Galega III....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que indica as reaccións de oxidación-redución dun elemento mediante a representación das especies químicas que forma ao gañar ou perder electróns ou ao combinarse con hidróxeno ou osíxeno. A cada especie correspóndelle un punto de abscisa z (número de oxidación que ten o elemento) e de ordenada -DG°/F=zE (onde DG° é a entalpía libre de formación estándar da especie en medio acuoso, E o potencial normal de redución do par que forma co elemento, e F o faraday). Os diagramas permiten deducir os potenciais redox normais entre as especies representadas e mostran as que son inestables á desproporcionación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo río Jarama, preto da confluencia co Guadalix (3.208 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e gandería, pero tamén ten unha importante actividade industrial (metal, zapatos e transformación de plásticos). De orixes prehistóricas, foi incorporada ao patrimonio real en 1578. Do seu patrimonio cultural destaca o xacemento da Cuesta de Almodóvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico retransmitido pola BBC de Londres entre os anos 1947 e 1956 e que se incluíu no denominado Spanish Programme. Presentouno Alexandre Reimúndez, que contou coa colaboración de Plácido Castro, e en Galicia coordinouno Fernández del Riego. Cómpre destacar a participación de numerosos xornalistas galegos no exilio e de escritores galegos, entre outros, R. Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Celso E. Ferreiro, Rafael Dieste e Augusto Assía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘rifar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Larramendi Garagorri.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos garamantes.

    2. Individuo do pobo garamante.

    3. Pobo nómade do interior de Libia que se desenvolveu arredor do 400 a C. Segundo as fontes históricas romanas a súa cabalería serviu no exército de Aníbal. No 19 a C foron derrotados polo procónsul romano Lucio Cornelio Balbo, que conquistou a súa capital, Garama, pero os enfrontamentos prolongáronse durante o s I. Introduciron o emprego do camelo e abriron unha ruta a través do Sáhara. O empeoramento climático na rexión ocasionou a súa decadencia e desaparición cara ao 600. Algúns investigadores identificáronos cos antepasados dos tuaregs.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa para cazar ratos.

    2. Trampa para cazar calquera outro animal.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘dedo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feixe pequeno de cousas que se poden atar xuntas.

    2. Cantidade pequena de cousas variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de letra creada por Claude Garamond.

    VER O DETALLE DO TERMO