"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

    1. Instrumento que, colocado na vaxina, se emprega para corrixir o descenso do útero.

    2. Instrumento contraceptivo que impide a introdución dos espermatozoides no colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Pesaro e Urbino, na rexión de Marcas, Italia (90.311 h [2001]). A súa economía baséase na manufactura de cerámica maiólica e na industria téxtil e alimentaria. A antiga Pisaurum converteuse en colonia romana en 184 a C. Foi posesión bizantina e pasou a dominio pontificio. Desde 1285 o territorio estivo dominado, entre outros, polos Malatesta, os Sforza (desde 1445), os duques de Urbino (desde 1512), e, entre 1631 e 1860, formou novamente parte dos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio ducal (ss XV-XVI), o castelo (s XV) e a Villa Imperiale (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Marcas, Italia (2.893 km2; 349.737 h [2001]). A súa capital é Pesaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente pesar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer os pés sobre algo, especialmente ao camiñar.

      2. Poñer os pés sobre alguén ou algo facendo presión.

      3. Esmagar algo co pé.

      4. Esmagar as uvas cos pés para sacarlles o mosto.

    1. Ir ou entrar nun lugar.

    2. Botar o piso nunha casa.

    3. Picar miúdo o toxo dedicado a forraxe.

    4. Tratar a alguén con desprezo ou desconsideración.

    5. Apoiar os pés no chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escrito e crítico literario ruso. Demócrata revolucionario, dirixiu o periódico Russkoje Slovo e foi encarcerado polos seus posicionamentos políticos que fixo públicos no artigo “Sholastike XIX veka” (Escolástica do século XIX, 1861), onde formula os principios democráticos na literatura. Considerado un dos principais expoñentes da intelixencia radical e nihilista rusa, tratou o tema do socialismo en Ocerki po istorii truda (Artigos sobre a historia do traballo, 1863) e en Posmotrim! (Xa o veremos!, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Nos seus inicios recibiu influencias de Camille Corot, Jean-François Millet e Gustave Courbet (La Còte du Jallais à Pontoise, 1867), pero desde 1876 achegouse ao grupo dos impresionistas (La Route de St Germain à Louvenciennes, 1870). Durante a Guerra Franco-prusiana (1870-1871), refuxiouse con Monet en Londres, onde se interesou polas paisaxes de Joseph Turner. A partir de 1874 participou en todas as exposicións do grupo impresionista e cultivou a representación da paisaxe natural e da vida campestre (Les Toits Rouges, 1877), aínda que tamén pintou escenas de rúa parisienses, como Boulevard Montmartre, Printemps (1897). Practicou o puntillismo (Soleil de Printemps dans le pré à Eragny, 1887), pero na súa derradeira etapa volveu ao impresionismo máis libre, realizando series sobre un mesmo tema. Destacan os seus Autoportrait (1873 e 1903). Tamén cultivou o gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e artista gráfico, fillo de Camille Pissarro. Fortemente influído polo grupo impresionista, practicou tamén o puntillismo. Fundou a Eragny Press en Hammersmith e o Camden Town Group e foi membro do London Group. Destacou pola súa contribución á difusión e a compresión do impresionismo e do postimpresionismo no Reino Unido. Das súas obras destacan Queen of the Fishes (1894), a acuarela La Frette ou as augafortes Café de Province nº II (1888), Nini (1895) ou The Children (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha serie de pequenas dobras paralelas nun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frente Polisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en teoloxía, das súas obras destacan Libro de la limpia concepción de la Virgen María (1620), Vida y hechos del cardenal Albornoz (1623) e os manuscritos Historia episcopal e real de España, Elogios de los cardenales de España, Tratado de la venida de Santiago a España e Nobiliario del Reino de Galicia e Santos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor Arquitecto pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1968) e catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1990, as súas obras caracterízanse polo estudo do espazo, integrando as construcións na contorna, afastándose da sección limitada e cúbica, e destacando o espazo interior. Achegou elementos diferenciadores da cultura galega, nun compromiso ético e estético, e preocupouse pola arquitectura moderna, pero respectando as formas autóctonas. Realizou múltiples obras e proxectos de planificación urbana e territorial. Destacan entre outros o plan especial de intervención no Pazo de Oca e arredores (Premio Nacional de Urbanismo, 1981), a rehabilitación da carballeira de santa Miña e novas edificacións e a súa contorna (Medalla de ouro do Consello de Europa, 1982), a rehabilitación do castelo de Soutomaior (1982), o plan especial do Camiño de Santiago na provincia da Coruña (1992), a facultade de Belas Artes e Restauración...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar algo ou alguén nun lugar.

      2. Deixar momentaneamente unha carga para descansar.

      1. Parar sobre unha superficie unha ave.

      2. Tomar terra unha aeronave.

    1. Ir para o fondo as materias que un líquido ten en suspensión.

    2. Deixar de traballar ou de realizar algo co fin de descansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Elixido secretario da xunta da Unió Catalanista, interveu na preparación e os debates das Bases de Manresa e foi un dos fundadores da Lliga Regionalista. En La nacionalitat catalana (1906) expuxo o seu concepto organicista da nación. Entendía a nacionalidade como a determinación unitaria duns individuos que falan a mesma lingua, que expresan unha soa vontade e teñen un mesmo sentimento do dereito revelado no costume. Propugnou unha federación de Catalunya cos outros pobos ibéricos baixo un réxime monárquico ou republicano. Presidiu a Mancomunitat de Catalunya en 1914 e 1917, e creou o Institut d’Estudis Catalans, o Consell d’Investigació Pedagògica e impulsou a formación da Biblioteca de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fixar ou determinar algo con precisión.

    2. necesitar.

    3. Sinalar algo con exactitude.

    VER O DETALLE DO TERMO