"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Alumno de F. Juvara, para Filipe V realizou a fachada oriental do Palacio de La Granja de San Ildefonso e parte do Palacio Real de Madrid, ambos os dous de estilo barroco con trazos clasicistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Albani e influído pola escola dos Carracci, evolucionou cara ao rafaelesco, sobre todo na súa perfección no debuxo. A pesar da súa afiliación barroca, manifestou unha inclinación polas formas suaves e simples, propias do clasicismo patético. Da súa obra destacan os frescos La Divina Saviesa’ (1629?-1633) no Palazzo Barberini de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Pordenone, formouse con G. Bellini e Giorgione. Destacado representante do manierismo, traballou na catedral de Cremona (1521-1522), na igrexa da Madonna di Campagna en Piacenza (1528), na catedral de Pordenone, onde realizou Madonna della Misericordia (1515) e na catedral de Treviso (1520).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o aspecto semellante ao dun saco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso xudicial que tivo lugar en Massachusetts en 1920, en que dous inmigrantes italianos de ideoloxía anarquista, Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, foron acusados de roubo e asasinato e condenados a morte. A súa execución en 1927 levantou unha onda de indignación internacional. En 1977 a xustiza estadounidense recoñeceu a inocencia dos acusados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Venceu no concurso para a construción en Roma do Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II, Il Vittoriano, que iniciou en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas, da división das feófitas, de grandes dimensións, de ata 2,5 m de lonxitude, co talo laminar de cor parda. Viven fixadas ao substrato do nivel mesolitoral ou infralitoral mediante rizoides. En Galicia aparece a especie S. polyschides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da subclase dos cirripedes, parasito dos crustáceos decápodos. Carecen de tubo dixestivo, apéndices en estado adulto, pero teñen prolongacións ou rizoides que penetran no hospedeiro. A especie principal é Sacculina carcini parasita do Carninus maenas, que aparece como unha protuberancia de textura lisa no abdome do crustáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula de gran tamaño, formada por cadeas polisacáridas e peptídicas, que forma un envoltorio ríxido que envolve a célula das bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sacro e ao cóccix.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do NO de África, correspondente á parte occidental do Sáhara, con fachada atlántica. Os recursos minerais son extraordinarios, en particular os fosfatos e o ferro. Semella que os primeiros habitantes foron pobos de raza negra que foron expulsados cara ao S a causa do avance dos bérberes norteafricanos nos ss VIII e IX. Entre as numeroras tribos en que estes se organizaron, a que conseguiu un poder político más considerable foi a dos lamtunes, do grupo sanhaja, que na primeira metade do s XI iniciou un proceso de expansión que deu lugar ao imperio almorábide. Tras caer este baixo o impulso dos masmudes (almohades) a zona foi controlada polos saditas de Marrocos. A mediados do s XIX diversos comisarios españois visitaron o Sáhara Occidental sen resultados prácticos. O temor a unha colonización inglesa provocou que en 1884-1885 unha expedición española organizada pola Sociedad Española de Africanistas y Colonistas tomara posesión do territorio e fundara dúas bases pesqueiras. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Rossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu ata 1997 o estado de Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Surinam (3.636 km2; 12.320 h [estim 1992]). A capital é Groningen (2.300 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de satisfacer ou satisfacerse.

    2. Gusto ou sentimento de benestar que se sente ante unha cousa boa.

      1. Acto polo que se obtén a reparación dun agravio ou ofensa.

      2. Reparación dunha acción inxusta ou punible cumprindo as obrigas que pesan sobre o debedor.

      3. Reparación feita a Deus da pena merecida polo pecado. O termo xurídico foi aplicado por Anselmo da Canterbury á redención, no sentido de que a morte de Xesús Cristo era unha satisfacción vicaria suficiente e plena (de condigno) debida á xustiza divina. A teoría foi rexeitada pola Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento simple e rápido para a acilación de alcohois e aminas con formación de ésteres e amidas. Realízase axitando unha mestura do alcohol e a amina cunha base acuosa e un exceso dun haloxenuro de acilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Evolucionou desde o idealismo de Gentile ata un espiritualismo cristián. Fundou o Giornale di metafisica (1946) e fixo estudos sobre Platón, a historia da filosofía e a filosofía italiana e contemporánea, e publicou L’interiorità oggetiva (1951), Atto ed essere (1956) e Dall’attalismo allo spiritualismo critico (1931-1938) (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Sacerdote xesuíta, foi director do observatorio astronómico do colexio de Roma (1849). Analizou cun espectroscopio a luz das estrelas, elaborou un catálogo coas características espectrais de 538 estrelas e clasificounas en catro tipos distintos. Dedicouse tamén aos estudos solares e da cromosfera. Descubriu unhas formacións rectilíneas no planeta Marte, que denominou canais.

    VER O DETALLE DO TERMO