"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Entre a súa obra sobresae o Ditionnaire des peintres, dessinateurs, sculpteurs et graveurs de tous les temps et de tous les pays (Dicionario dos pintores, debuxantes, escultores e gravadores de todos os tempos e de todos os países, 1911-1921), de carácter exhaustivo, ampliado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Destacou polos seus ensaios sobre figuras históricas como Karl XII: s levnad (A vida de Carlos XII, 1935-1936). É tamén autor de poesía, como a obra Legenden om Babel (Lendas de Babel, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Vall d´Albaida, nun terreo chan, accidentado ao NL pola serra de Solana (5.437 h [1996]). O termo está drenado polo río Albaida. O cultivo máis estendido é a vide, seguido en importancia polas árbores froiteiras e os produtos da horta. As actividades industriais comprenden os derivados da agricultura, establecementos téxtiles e fabricación de calzado e de garrafas. De orixe islámica, en 1240 foi repoboado por Xaime I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patrón da cidade francesa de Dijon. Sendo sacerdote de Esmirna (Asia Menor), foi enviado polo seu mentor, san Policarpo, a evanxelizar Galia. Desembarcou en Marsella e dirixiuse a Autun conducido por un anxo. Ao chegar a Dijon, negouse a participar nun sacrificio a Xúpiter que ofrecía o gobernador Aureliano, desobediencia que sería a causa dun longo martirio. Primeiro foi azoutado cunhas correas pero un anxo curouno. Logo obrigárono a comer as carnes dos sacrificios e metéronlle entre as uñas dos dedos ferros quentes. Encerránono, seguidamente,   xunto con doce cans famentos, pero seis días despois atopárono deitado no seu leito tranquilamente. Os verdugos, buscando un suplicio ao que fose vulnerable, metérono nunha artesa de pedra con chumbo fundido, partíronlle o colo cunha barra de ferro e traspasáronlle o peito con dúas lanzas entrecruzadas. A lenda remata relatando que cando a súa alma saíu do corpo, os cristiáns de Dijon viron unha pomba branca voar cara ao ceo. É patrón da cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano inclinado onde se sitúan, aliñados, os hipocentros dos sismos profundos. Localízase na parte superior da litosfera, cando esta se afunde nas zonas de subdución. Denomínase tamén como zona de Benioff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Camp de Túria (1.672 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello; a expansión do regadío grazas á auga do Túria eliminou os cultivos tradicionais de secaño. Os cultivos máis estendidos son a laranxeira, a cebola e outras hortalizas. Tamén é importante a avicultura. A igrexa parroquial é gótica con artesoado mudéxar. O castelo señorial, da segunda metade do s XV, foi construído por Lluís de Vilarasa, gobernador xeral de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Coñecido no mundo do toureo como o Cordobés, tomou a alternativa en Córdoba en 1963. O seu estilo era escasamente ortodoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido polas súas intervencións como cirurxián, sentou as bases do que se denominou anatomía patolóxica. É autor do texto De abditis nonnullis ac mirandis morborum et sanationum causis (1507), onde recolle numerosas observacións de necropsias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en filmes mudos antes de regresar a Hollywood e converterse nunha figura importante do cine sonoro. En 1944 creou a súa propia produtora e en 1950 unha compañía de cosméticos. Traballou, entre outros, nos filmes: Fighting Death (Loitar a morte, 1914), Born to Love (Nacida para amar, 1931), Moulin Rouge (A estrela do Moulin Rouge, 1934), Two Faced Woman (A muller das dúas facianas, 1941) e Madame X (A muller X, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Dedicouse ao cine e ás series de televisión. Tamén participou na industria dos cosméticos e escribiu unha autobiografía: The Bennett Playbill (1970). Entre os filmes nos que traballou destacan: Power (O poder, 1928), Moby Dick (1930), The Woman in the Window (A muller do cadro, 1944), There´s Always Tomorrow (Sempre hai un mañá, 1956), House of Dark Shadows (Sombras na escuridade, 1970) e Suspiria (Suspiria, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva como armas: en campo de ouro, cinco roeis de azul, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Peterburg 1870 - París 1960) Pintor, crítico e historiador ruso da arte. Exerceu unha grande influencia como membro do grupo editor da revista de arte Mir Iskustva (1898-1904) e colaborou na decoración e vestiario de óperas e ballets, especialmente para Diaghilev. Para os Ballets Rusos de París deseñou, entre outros, os decorados de O pavillón de Armida, As sílfides e Petrushka. Trala Revolución Rusa (1917) foi nomeado conservador de pintura do Museo de L’Ermitage; en 1928 estableceuse en Francia. Escribiu Os tesouros da arte rusa (1901-1902), Historia da arte rusa do s XIX (1902) e Historia da pintura (1912-1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Trazo. Románica dos primeiros anos do s XIII, conserva da primitiva fábrica a ábsida, de planta rectangular. Consta dunha única nave. No interior, o arco triunfal, dobrado e apuntado, descansa sobre un par de columnas, unha delas cun capitel de longas follas que semellan bastóns. O outro presenta unha decoración humana pouco frecuente no románico galego: sobre un fondo vexetal aparece un home con longa vestidura talar que abre os seus brazos en forma de cruz; podería tratarse do tema da crucifixión. No muro do testeiro ábrese unha fiestra rematada en arco de medio punto, sostido por dúas columniñas con capiteis de follas rematadas en espirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor de Física e Astronomía en Düsseldorf dende 1807, demostrou a rotación da Terra pola desviación dun corpo en caída libre e estudiou a variación da velocidade do son coa temperatura. Con H. W. Brandes, realizou experimentos sobre a traxectoria dos meteoritos e chegou á conclusión da súa orixe extraterrestre (1798).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático heterocíclico bicíclico, chamado tamén cumarona. Obtense dos aceites lixeiros do alcatrán de hulla. É a base para obter as resinas de cumaronaindeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e actor coñecido como Ruzzante. No seu teatro, escrito en dialecto paduano e datable ao redor do ano 1530, destacan: Pastorale, Betia, Moschetta, Fiorina, Anconetana, Piovana, Vaccaria, Due dialoghi in lingua rustica, Reduce e Bilora. A súa obra representa un dos primeiros intentos de teatro realista contrario á idealización renacentista, e é un dos precedentes da commedia dell’arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador, pintor e gravador francés. Traballou para a corte de Luís XIV. É autor de escenarios, vestidos e composicións para festas e celebracións. Foi o creador do estilo Berain, de grande influencia sobre os decoradores do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Leiro baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. As súas Chansons, cheas de axilidade, pero a miúdo demasiado fáciles, derivaron cara a unha sátira política contraria á monarquía da Restauración. Influíu na revolución de 1830. Obtivo unha gran popularidade coas súas composicións anticlericais, o que lle levou, entre outras cousas, a ser o representante da pequena burguesía liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, 18 km ao NO de Bilbao (4.645 h [1996]). Está situado na conca do Nervión e forma parte da área urbana de Bilbao. Altérnanse os usos residenciais e industriais. Na parte montañosa do termo predomina o poboamento espallado nos casaríos tradicionais, mentres na parte baixa hai urbanizacións e naves industriais. O principal sector de actividade é o secundario, no que destacan as ramas metalúrxica e de tratamento de residuos. Atopáronse restos megalíticos (dolmes e mámoas). Na Idade Media, as loitas entre as familias señoriais marcaron a evolución do lugar; as tres familias con casa no actual termo protagonizaron diversos enfrontamentos que se polongaron ata o s XVI. A vila participou activamente nas guerras civís do s XIX, sendo un destacado núcleo carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO