"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Debutou en 1992 coa longametraxe Vacas, galardoada cun Goya ao mellor director novel. Posteriormente, dirixiu La ardilla roja (1992), galardoada en Cannes, Costinesti e Gerardmer; Tierra (1996), Los amantes del Círculo Polar (1998), Lucía y el sexo (2001), galardoada con dous premios Goya; e o documental La pelota vasca, la piel contra la piedra (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (8.588 km2; 421.800 h [estim 2000]). A súa capital é Médenine (26.602 h [1984]).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santo Adrián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rei sacerdote de Salem, en Canaán. Recibiu o décimo de Abrahán, vencedor do rei de Elam, e ofreceu un sacrificio de pan e viño por el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mercé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena enseada da ribeira dereita da ría de Arousa, comprendida entre as puntas da Mercede e Toxal, na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal).
-
PUNTA
Punta da marxe dereita da ría de Arousa, na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Posmarcos (A Pobra do Caramiñal). A construción orixinal está en ruínas, pero conserva en bo estado as paredes e a capela adxunta, que foi restaurada. Construído en cachotaría e cantaría, ten planta rectangular e, ademais da capela, presenta outras dependencias anexas e unha fonte de cantaría nas proximidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tortoreos (As Neves). De planta rectangular, conta con dous andares e un semisoto realizados en cachotaría con cantaría nos extremos. Na fachada principal presenta os escudos dos Araúxo e Suárez de Puga. Conserva a capela exenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Ulla en Pidre (Palas de Rei). Trátase dunha ponte de orixe medieval de cantaría, con dous vans, un formado por arco de medio punto, e o outro por un arco oxival. Sitúase na estrada entre Palas de Rei e Antas de Ulla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo feminino Mercé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado insular do Océano Pacífico occidental, situado ao N de Nova Guinea (702 km2; 109.000 h [estim 2001]). A súa capital é Palikir. Está formado por unhas 600 illas e illotes do arquipélago das Carolinas, e as máis importantes son Pohnpei, Chuuk, Kosrae e Yap. O clima é tropical e está afectado por numerosos tifóns que se orixinan na zona. A agricultura e a pesca constitúen a base da súa economía e ocupan á maior parte da poboación activa. Importa alimentos, tabaco e artigos manufacturados de EE UU e Xapón e exporta produtos do mar, agrícolas e sobre todo copra. Colonizadas por España (1886) e Alemaña (1899), en 1920 foron asignadas a Xapón como mandato da Sociedade de Nacións. En 1947 formaron parte con Palau e illas Marshall, das Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria de EE UU e en 1979 converteuse en estado libre asociado de EE UU. En 1990 rematou a tutela estadounidense, pero mantivo o control en defensa e política exterior sobre o estado micronesio. Os catro estados...
-
PERSOEIRO
Escritor francés. En 1851 comezou a escribir poemas, publicados no recompilatorio Lei Provençalas, e en 1854, xunto a outros poetas, estableceu as bases do felibrismo en Fontsegunho. A guerra de 1879 marcou un cambio político, desde o que Mistral tranquilizou o nacionalismo francés, converténdose no poeta da tradición católica e menosprezando o progreso social. De 1852 a 1859 traballou no poema épico rural Mirèio (1859), a súa obra máis destacada. Tamén publicou La Coumtesso (1866), Calendau (1867), Lis Isclo d’or (1875), que recolle unha produción lírica abundante, Nerto (1884), a traxedia La Rèino Jano (1890) e o Pouèmo dóu Rose (1897). Traballou na recompilación de material para Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), instrumento para o coñecemento do occitano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1905), compartido con José Echegaray. Na literatura galega, as influencias de Mistral e da literatura occitana...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado trofoneurótico que supón a expresión clínica da insuficiencia tiroidal. Caracterízase por unha infiltración do tecido subcutáneo e por unha substancia xelatinosa que produce un edema duro que é máis evidente na cara, o pescozo, a fosa supraclavicular e a porción distal das extremidades.
-
Anormalidade física e intelectual do neno que se produce pola disfunción da glándula tiroide. Existen dous tipos: a conxénita que xa se manifesta no primeiro mes de vida e que se debe a unha ausencia, posiblemente total, do corpo tiroide; e a adquirida, que é consecuencia de lesións infecciosas tiroidais e que presenta unha intelixencia máis esperta, mellor desenvolvemento físico, idiotez menos acentuada e talle máis alto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao mixedema. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor italiano. Estudou en Livorno, Florencia e Venecia e en 1906 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de Cézanne, Toulouse-Lautrec e Picasso. Viviu en Montparnasse unha vida bohemia de fame e miseria, e morreu tuberculoso. Pintou practicamente só nus, cabezas de muller e retratos dos seus amigos, mediante un trazo lineal que subliñaba as formas, pintadas con temperanza en tons ocres, azuis, brancos e negros. A súa obra escultórica, iniciada co seu amigo C. Brâncuşi (1909), revelou un espírito e unha temática semellantes á súa pintura, como en Testa (1912). Entre os seus cadros destacan Nudo sdraiato a braccia aperte, Lolotte e Ritratto de Jean Cocteau, os tres de 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Persoa que fabrica moeda.
-
Persoa que traballaba na casa da moeda. Inicialmente, a moeda arrendábase a un artesán, xeralmente a un ourive, que a fabricaba. Co tempo organizáronse as casas reais da moeda e foron creados diversos oficios especializados, como o de mestre da casa da moeda, probador, pesador, fundidor, branqueador, cortador de ferros, escribán, garda e moedeiro. Nestes documentos aplícase o nome de moedeiros ás persoas que facían a cuñaxe da moeda. Os funcionarios das casas da moeda obtiveron importantes privilexios, entre eles o de non estar suxeitos á xurisdición civil e criminal do alcalde da cidade, senón á do mestre da casa da moeda.
-
moedeiro falso NUMIS
Persoa que fabrica moeda falsa.
-
-
Bolsa pequena ou carteira de coiro ou outros materiais que se emprega para gardar as moedas.
-