"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Mantemento nun organismo do equilibrio entre a auga e os solutos osmoticamente activos (como o Na+) fronte ás condicións do medio que o rodea. A osmorregulación varía segundo o individuo se encontre no medio terrestre, mariño ou de auga doce. Algúns organismos desenvolveron sistemas para manter o equilibrio osmótico absorbendo ou excretando auga ou sales minerais. Os vertebrados teñen un sistema de reabsorción de auga nos túbulos renais moi eficiente, que está coordinado por hormonas inducidas por osmorreceptores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amolecemento do tecido óseo, provocado por unha deficiente calcificación da substancia ósea fundamental, que se manifesta pola fraxilidade, flexibilidade e deformidade dos ósos e por dores que se exacerban cos movementos. Ten como causas máis frecuentes a hipovitaminose D, as excesivas perdas renais de calcio e a resistencia idiopática á vitamina D. A variedade infantil denomínase raquitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista, fillo do compositor galego Emilio Otero Val. Foi un membro destacado da coral Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander. Autor de diversas obras musicais, entre as que destacan a foliada A muller de Roque e a muiñeira Meigas de Campos, nos seus concertos como solista destacou polo seu repertorio galego. Por este labor recibiu a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra e pianista, filla do compositor galego Emilio Otero Val. Formou parte da coral galega Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander, onde organizou un grupo de baile e a sección feminina de gaitas. Recibiu, xunto ao seu irmán, a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourense. Situado nun dos lados da Praza Maior, foi pretorio romano, palacio dos reis suevos e desde 1071 ata 1952, palacio episcopal. Desde entón converteuse en sé do Museo Arqueolóxico Provincial. Do antigo palacio románico queda a planta en forma de L e parte do claustro interior. Sufriu diversas modificacións nos s XIV (torre de Santa María) e XVI (cuartos e soportais). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e en 1962, xa como sede do museo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión dun óvulo maduro polo ovario, que, despois de ser recibido polo pavillón da trompa, se volve apto para ser fecundado. O tempo e a frecuencia de ovulación varían moito nos diferentes grupos de mamíferos. Na muller ten lugar cara a metade do ciclo ovárico. Despois, o óvulo baixa cara á trompa de Fallopio e chega ao útero, onde se elimina por descomposición (se non foi fecundado) á vez que se produce a menstruación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa de recreo que está construída e adornada como un palacio pero de pequenas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a palacio.

    2. Que é propio de quen vive na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio maxestoso e luxoso que se utiliza como vivenda dun rei ou dun gran señor. Con frecuencia, como en Oriente Próximo, constitúe unha verdadeira fortificación e centro de administración dun goberno. En Micenas e en Grecia construíronse nas acrópoles e en Roma illáronse do resto da poboación, como a Domus Aurea de Nerón, no Palatino. Na Alta Idade Media deu lugar ao castelo fortificado e na época gótica apareceron os palacios urbanos. Nos países islámicos conservou o aspecto externo de fortaleza, aínda que con interiores moi refinados como a Alhambra de Granada. Os palacios urbanos renacentistas abríanse a un patio central cuadrangular, como os de Strozzi ou Medici-Ricardi en Florencia. A finais do Renacemento apareceu o palacio extraurbano, rodeado de xardíns, que se desenvolveu durante a época barroca. O palacio de Versailles imitouse en toda Europa durante os ss XVIII e XIX. Os palacios contemporáneos utilizáronse como sedes de corporacións ou ministerios.

    2. Edificio grande onde está instalada unha institución, un museo ou onde se desenvolven determinadas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e política. Foi a primeira presidenta xeral de Nuevas Generaciones do PP (1977-1978), senadora (1986-1989), deputada (1989-1999) e ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996-1999). É vicepresidenta da Comisión Europea, comisaria de Transportes e Enerxía e de Relacións co Parlamento Europeo desde 1999 e presidenta do consello de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Medalla de la Orden del Mérito Constitucional (2003) e a Medalla de Ouro de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e decoradora. Coñecida como Pury del Palacio, as súas figuras, bodegóns e interiores amosan un debuxo firme e estilizado, con fortes contrastes cromáticos. Da súa obra destaca Nenúfares (1990) e Giovannas en negro (1996). Recibiu a primeira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Despois dunha primeira etapa republicana, marcada pola súa colaboración como crítico radical na Revista Europea e a publicación de obras como Nuevo viaje al Parnaso (1879), na súa obra distínguense dúas etapas claramente diferenciadas pola súa conversión relixiosa (1889). Do primeiro período destacan Marta y María (1883) e La hermana San Sulpicio (1889), e do segundo La alegría del capitán Ribot (1899) e Tristán o el pesimismo (1906). Posteriormente, evolucionou cara ao subxectivismo idealista, que reflectiu en La hija de Natalia (1923), e cara a unha prosa de tema bucólico, como en Sinfonía pastoral (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicóloga, xurista e política. Foi vicepresidenta do consello dos Colexios de Avogados Europeos e presidenta do consello executivo da Academia de Dereito Europeo. Foi eurodeputada polo PP (1994-2002), membro da Convención Europea e ministra de Asuntos Exteriores (2002-2004). Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e historiador, marqués de Villarreal de Araba e de Casa Palacio. Especializouse no tema dos xudeus valencianos relacionados con Colón, a Inquisición e a Biblia incunable de València. Publicou, entre outras obras, Contribución al estudo de los burgueses y ciudadanos honrados de Cataluña (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Purificación del Palacio Solá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e mestre de capela. Despois de traballar en diversas capelas catedralicias, foi nomeado en 1826 mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela. Neste posto desenvolveu un intenso labor musical que deu como resultado unha inxente produción, da que destacan sete misas, 36 motetes, 21 salmos e nove vilancicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Barcelona, Madrid e Leiden e foi catedrático de Terminoloxía en Madrid (desde 1926) e en Lisboa. Destacou polos seus traballos sobre física e sobre a teoría da relatividade especial de Einstein. Escribiu Análisis dimensional (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Francés, da súa produción destacan dous métodos para a aprendizaxe do francés, Philippe et Monique e Boul “mich”, e varios traballos sobre a influencia da literatura francesa en Álvaro Cunqueiro e en Feijoo (Contribución al estudo de las fuentes francesas de Feijóo). Tamén editou e traduciu ao castelán obras de Gustave Flaubert como Madame Bovary (1986), L’education sentimentale (1990), Bouvard et Pécuchet (1999) e Trois contes (1999), e ao galego a obra de Stendhal La chartreuse de Parme (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO