"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Andalucía, provincia de Sevilla, situado ao N da capital, na marxe dereita do Guadalquivir, nas faldras de Sierra Morena (3.451 h [1996]). A súa base económica é agrícola (laranxas, cereais, legumes, viña e aceite) e gandeira (gando lanar e cabrún).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Extremadura, na provincia de Badajoz, situado ao SO de Zafra e drenado polo río Bodión (3.406 h [1996]), ao pé de Sierra Morena. Caracterízase pola presenza de amplas chairas de aciñeiras e sobreiras. A súa economía é principalmente agrícola (oliveiras, cereais) e gandeira (gando lanar, porcino, cabrún e vacún). Destacan tamén as actividades relacionadas coa recolección de produtos naturais non cultivados, como os espárragos silvestres, o cortiza e a madeira. No sector industrial conta cunha fábrica transformadora de granito e pequenas industrias familiares. Entre o seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar a ermida do Cristo, do s XVI, e a igrexa de Santa María de la Encina, de estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latinizado de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos burgundios.

    2. Individuo do pobo burgundio.

    3. Pobo xermánico que, establecido primeiro na rexión báltica, ocupou máis tarde a parte media do Vístula. No s III os burgundios foron cara ao Occidente, sendo rexeitados por Probo cara ao 260. Ocuparon o territorio comprendido entre a actual Rhön e a Suabia central ata o 363, ano en que emigraron cara á Xermania. Asinaron un tratado (foedus) con Roma e obtiveron a parte da Galia máis próxima ao Rin. A invasión dos hunos obrigounos a deixar os seus territorios, polo que se estableceron no 443 ao sur dos montes Xura. Loitaron cos romanos contra Atila e os suevos de Hispania no 456. Ao regreso ocuparon os territorios próximos a Lyon, onde fundaron o Reino de Borgoña.

    4. Lingua xermánica oriental xunto co gótico. Falábase na Alemaña oriental arredor do ano 50 d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Serviu na mariña durante a Segunda Guerra Mundial e despois ingresou na Yale University onde se graduou en Ciencias Económicas. Entre 1966 e 1970 foi membro do Congreso polo Republican Party de Texas. Foi embaixador dos EE UU na ONU baixo o mandato de Nixon, o primeiro dirixente diplomático dos EE UU en Pequín baixo o mandato de Ford, presidente do Congreso Nacional Republicano e, finalmente, director da CIA. Entre 1981 e 1988 foi vicepresidente do goberno de Ronald Reagan, a quen sucedeu na presidencia dos EE UU entre 1989 e 1992. A súa actividade política estivo marcada pola proxección internacional do seu país: en decembro de 1989 ordenou a intervención militar en Panamá e, en 1990, acadou da ONU unha resolución que permitiu declararlle a guerra a Iraq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político republicano norteamericano, fillo de George Bush. Licenciado en Historia pola Yale University e máster en dirección de empresas pola Harvard University, antes de iniciar a súa carreira política foi piloto de aviación e presidente do equipo de béisbol dos Rangers de Texas. En 1994 foi elixido gobernador de Texas representando ao Republican Party, cargo que renovou en 1998 por maioría absoluta. Optou á presidencia dos EE UU no 2000 baseando a súa campaña no “conservadurismo compasivo” que conxuga os incentivos aos pobres para que paguen un seguro privado e a redución de impostos cun rearme militar   e o despregue dun sistema de defensas antimísiles total, a defensa a ultranza da pena de morte e a oposición á ampliación de garantías civís aos homoxesuais e a outros colectivos marxinados dos EE UU. Debido ao sistema electoral dos EE UU, a presidencia xogouse no estado de Florida, onde a diferenza de votos a favor de Bush foi menor do 0,5% dos votos. O reconto prolongouse durante varias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa ría de Corme e Laxe e co municipio de Ponteceso, ao S cos concellos de Coristanco (Bergantiños) e Zas (Terra de Soneira), ao L con Coristanco e ao O co de Laxe. Abrangue unha superficie de 100,3km 2 cunha poboación de 5.091 h (1997), distribuída en dez parroquias: Anós, Borneiro, Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns, O Esto, Nantón, Riobó e A Silvarredonda. A capital municipal, A Carballa, na parroquia de Cesullas, está a 43° 12’ 40’’ de latitude N e 8° 54’ de lonxitude O, a 56 km de distancia tanto da Coruña como de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Carballo e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Cabana de Bergantiños está baixo o dominio climático oceánico húmido, e máis concretamente se inclúe no subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado pola influencia directa do Océano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo occitano. Foi un dos representantes da corrente da ideoloxía. De orientación mecanicista, valorou á vez os aspectos psicolóxicos e combateu o vitalismo. Profesor de hixiene en París durante a Revolución, e máis tarde de clínica no École de Médecine, é autor de Rapports du physique et du moral de l’homme (Relación da física e da moral do home, 1802) e Lettres sur les causes premières (Cartas sobre as causas primeiras, 1806).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente da Vendée (1793) e do movemento bretón dos chouans. En 1800 dirixiu unha conspiración contra Napoleón e en 1803 organizou outra para restaurar a monarquía. Foi executado cando se descubriu a conspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista arxentino. En 1957 estableceuse en Salta, onde cantou no bar Madrid. Logo integrouse en Las Voces del Huayra, ata 1959, e formou parte de Los Cantores del Alba. Comezou como solista no ano 1961, actuando na radio, na televisión e en teatros. En 1972 viaxou a España, onde residiu ata 1976. O seu repertorio abrangue temas de Atahualpa Yupanqui, Aníbal Sampayo ou Osiris Rodríguez Castillejos, entre outros músicos e compositores. Realizou xiras por Arxentina, EE UU, España e diferentes países europeos. Gañou o segundo premio no Festival Odol de la Canción coa zamba Que seas vos, de Marta Mendicute. Un dos seus maiores éxitos foi Zamba de mi esperanza. Na súa discografía destacan, ademais, Labrador del canto (1971) e La historia de Jorge Cafrune (1973), entre outros títulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou entre 1835 e 1842 o concello da Lama. Correspondía á antiga xurisdición señorial que abranguía a maior parte das súas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio pertencente ao círculo da Baixa Saxonia. Permaneceu sempre ligado ás ramas da familia güelfa dos duques de Brunswick, agás un curto período no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Destacou como historiador da literatura, como biógrafo e como ensaísta. Cultivou tamén a poesía, a novela e o teatro. Publicou Cartea nuntii (O libro das vodas, 1933), Principii de estetica (Principios de estética, 1939), Bietul Ioanide (O pobre Ioanide, 1953), Estetică basmului (A estética do conto, 1965) e Conceptul modern de poezie (Concepto moderno de poesía, 1970), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo protestante irenista. Coñecido co nome de Calixtus, desde 1614 foi profesor de teoloxía en Helmstedt, onde elaborou o sistema do sincretismo que procuraba reconciliar os luteranos, os calvinistas e os católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e ilustrador. Influído por André Bretón a súa obra pictórica caracterízase pola mestura da estética surrealista e da cultura popular mexicana. Desenvolveu así unha pintura marcada polo onirismo macabro que se amosa, entre outras obras, na serie La danza de la muerte (1976). Entre 1961 e 1965 traballou como ilustrador na revista La brèche e entre 1967 e 1969 en L’Archibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado ao S de Santander, á beira do Cantábrico, nun val que recibe o mesmo nome (22.311 h [1996]). A capital é Muriedas. Trátase dunha prolongación da área industrial de Santander. Os principais produtos agrícolas son o millo, as patacas e as froitas. Posúe xacementos de ferro, cobre e pirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ourensán. En 1626 dourou unha imaxe da Nosa Señora da Asunción para o abade de Santiago de Anllo (San Amaro) e, en 1627, realizou un apostolado por encargo do presbítero de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa inglesa de orixe escocesa. Dedicouse á fotografía cun afán puramente recreativo. Aínda que a súa obra non está moi lograda tecnicamente, é un testemuño representativo da estética decadentista e prerrafaelista. Especializouse nos retratos románticos, tanto de personalidades famosas como de grupos alegóricos con protagonistas anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e cámara de televisión. Realizou estudios de fotografía científica submarina no Museu de Zoologia de Barcelona en 1992 e de fotografía submarina en 1993, na Escola d’Imatge da FASCV, en Alacant. Colaborador en revistas especializadas como Muy Interesante, Imagina, Apnea e Scuba, realizou numerosos traballos fotográficos para o Acuarium Finisterrae da Coruña, o Acuario de Madrid e para a axencia Naturpress. Participou como cámara no programa de TVE La España salvaje e como fotógrafo na Guía dos peixes de Galicia (1983). Nos Campionatos de España de fotografía submarina obtivo o I Premio de fotografía de fauna (1998), creativa (1999) e macro (2000). Foi tamén campión galego de fotografía submarina (1997 e 1999). Membro da selección española de fotografía submarina (1999-2000), foi nominado mellor deportista do ano 1999 pola Federación Gallega de Actividades Submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro grego. Formado en Atenas, entre 1945 e 1951, foi colaborador de Le Corbusier. Preocupado polas cuestións do urbanismo e polas vivendas sociais, realizou importantes obras en Marrocos, amais doutros proxectos en Francia. A súa obra máis importante é a Universidade Libre de Berlín, realizada con J. Prouvé e P. Dony.

    VER O DETALLE DO TERMO