"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. As súas primeiras obras eran figurativas e achegadas ao surrealismo, pero dende 1953 adoptou o informalismo. Foi un dos fundadores de El Paso (1957-1960). Na súa pintura creou un contraste entre a superficie branca da tea e as formas case circulares da materia, obtidas mediante a cor. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio da UMAM na I Bienal de París (1959) e o Premio David Bright na XXX Bienal de Venecia (1960). En 1985 nomeárono oficial da Ordre des Arts et Lettres de Francia e en 1997 elixírono membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quinto libro do Novo Testamento. Escrito por Lucas, compañeiro de Paulo, como continuación do terceiro Evanxeo. Conta con dúas grandes partes, a primeira delas está dedicada ao apóstolo Pedro e a segunda a Paulo. Foi redactado contra o ano 60.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación universitaria editada en Vigo en decembro de 1991 polos alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O seu obxectivo principal era dar conta das novidades que acontecían na facultade e, en xeral, en todo o recinto universitario. Ademais, incluíu cartas dos propios lectores, artigos sobre política e economía, temas culturais, ocio e deportes, cunha atención especial ás ligas deportivas universitarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo nemotécnico que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da terceira figura, no que a maior é universal negativa (representada polo e), a menor, universal afirmativa (a) e a conclusión, particular negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo da primeira figura, ferio; e o p a que esta redución se debe facer convertendo a menor per accidens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de minerais de fórmula xeral XZ4O8 (onde X pode ser sodio, potasio, calcio ou bario e Z, silicio e aluminio). Pertence ao grupo dos tectosilicatos, é dicir, os tetraedros do SiO4 que van enlazados entre eles por tetraedros de Al2O3 en todas as direccións do espacio. Todos os minerais deste grupo son solucións sólidas de ortosa ou ortoclasa (KAlSi3O8), albita (NaAlSi3O8) e anortita (CaAl2Si2O8). Todos os minerais deste grupo parécense moito polas propiedades físicas, pero segundo a cristalización, forman dous subgrupos: o do feldespato de potasio e bario, de simetría monoclínica, e o de sodio-calcio (plaxioclasa), de simetría triclínica. Dos feldespatos potásicos, o máis importante é a ortosa; a sanidina é un polimorfo hipertérmico monoclínico e preséntase nas rocas volcánicas; a microclina é triclínica e presenta unha gran variedade de rocas ígneas e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de minerais formado por aluminosilicatos de sodio e potasio que aparecen en lugar do feldespato, cando o magma orixinal presenta un defecto de sílice. Os máis comúns son a leucita (KAlSi2O6) e a nefelina (NaAlSiO4). Os ácidos atácanos con moita facilidade, polo feito de que a reacción entre aluminio e silicio é rápida. Están presentes nas rocas volcánicas e plutónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Félix Antonio González González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está luxado de feluxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe sueca que se emprega na formación de palabras co significado de quince. Esta forma seguida dunha unidade equivale a multiplicala polo factor 10-15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenolato relativo ao fenol ordinario, de fórmula C6H5OH.
-
PERSOEIRO
Psicanalista. Estudiou no Gymnasium e formouse como psicanalista en Berlín. Baseándose na psicanálise, cuestionou a vella pedagoxía. A partir de 1926 deu clases no Instituto de Psicanálise de Berlín. Publicou o tratado enciclopédico Teoría psicanalítica das neuroses (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva na que existe unha alteración do metabolismo do aminoácido fenilalanina, que se debe a unha ausencia ou a unha deficiencia do enzima fenilalanina-hidroxilase, que determina unha acumulación de fenilalanina e dalgúns dos seus metabolitos nas células, no plasma e nos ouriños. A acumulación destas substancias nas células cerebrais dos nenos afectados provoca convulsións, vómitos, irritabilidade e atraso mental severo. Unha proba de laboratorio permite obter a diagnose no neonato e posibilita a instauración dunha dieta pobre en fenilalanina, que evita a aparición dos síntomas da enfermidade. Nos últimos anos, as sondas xenéticas permiten tanto o diagnóstico dos enfermos coma dos portadores. A enfermidade dáse en individuos homocigotos para o alelo recesivo defectuoso, onde os proxenitores son portadores heterocigotos do alelo. Tamén se denomina síndrome de Fölling, en recoñecemento a Ivar Asbjörn Fölling, médico noruegués que a describiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bactericida e bacteriostático de baixa toxicidade que se emprega como herbicida, como funxicida e para desinfectar a pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto que resulta da substitución do hidróxeno dun grupo fenólico por un metal ou grupo catiónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das resinas fenólicas.
-
PERSOEIRO
Mestre de arquitectura. Traballou, entre outras obras, na igrexa neoclásica de Santa María dos Baños en Cuntis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no lugar da Torre en Monterroso. Durante o s XVI recibiu o nome de Vilanova de Monterroso. Pertenceu ao conde de Monterrei e ao duque de Alba. Foi utilizada polo Rei Afonso I na súa loita contra Afonso Reimúndez e Ramón de Borgoña. Tiña dúas plantas rematadas en dentes de serra e un arco apuntado de oxiva pronunciada cara ao exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta criptógama vascular, da división dos pteridófitos, caracterizada por presentar un ciclo biolóxico con alternancia de xeracións e con dominancia do esporófito sobre o gametófito. A presenza da lignina nestas plantas permitiulles a conquista da vida terrestre grazas á protección, que supuña, das radiacións ultravioletas e dos herbívoros, ademais de poder distanciar os órganos de produción de esporas do chan e polo tanto facilitar a súa dispersión. Na actualidade existen unhas 12.000 especies, principalmente herbáceas terrestres, cunhas poucas especies acuáticas, distribuídas nun 80% nas rexións intertropicais e o resto nas rexións temperadas.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo inglés. En 1841 marchou a París estudar pintura. En 1847, xunto con outros once fotógrafos, fundou o Photographic Club en Londres. Encargouse da organización da primeira exposición a escala mundial consagrada exclusivamente á fotografía, que tivo lugar en Londres o 22 de decembro de 1852. Ao ano seguinte creouse a Photographic Society, na que Fenton tivo unha activa participación. En 1855 acudiu á Exposición Universal, onde obtivo un enorme éxito, e á Guerra de Crimea, que documentou con máis de 300 negativos. Participou na edición da revista The Stereoscopic Magazine (1858-1865) e publicou Stereoscopics Views in North Wales (1858).
VER O DETALLE DO TERMO