"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

  • Conxunto de operacións e tratamentos aos que se somete a auga para facer que sexa potable. Segundo a natureza das operacións e dos tratamentos efectuados pode ser física, química ou bacteriolóxica. A potabilización física consiste en someter a auga a decantación, natural ou acelerada con axentes de floculación, e a filtración a través de leitos de area ou carbón. A potabilización química consiste en efectuar a decantación cunha cantidade axeitada de cal, para reducir a dureza temporal ou carbónica debida aos bicarbonatos de calcio ou de magnesio, cun control final do pH, coa adición xeralmente de ácido sulfúrico; pode consistir tamén en realizar a filtración a través de cambiadores iónicos. A potabilización bacteriolóxica efectúase normalmente por oxidación, ben directamente con gas cloro, debidamente regulado, ben con compostos clorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se emprega ou que serve para potabilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de predicable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de probable.

    2. Concepto que permite expresar cuantitativamente o carácter aleatorio dun suceso ou fenómeno que se cre que pode suceder. O cálculo de probabilidades xurdiu en Francia no s XVII cos matemáticos Pascal e Fermat. Laplace formulou as nocións de probabilidade básicas: a lei dos resultados favorables divididos entre os resultados posibles. Os fenómenos chamados aleatorios ou estocásticos, como os xogos de azar, constitúen o seu campo de traballo. Un espazo de probabilidade (Ù, Q, P) consta, por definición, dun conxunto Ù de resultados, dunha ó-álxebra Q de conxuntos observables ou sucesos, e dunha probabilidade P que é unha aplicación que asigna a cada suceso un número comprendido entre 0 e 1 coas propiedades: P(Ù) = 1 e se (A i ) i∈J é unha familia de sucesos disxuntos dous a dous, entón


      FORMULA
      (propiedades de aditividade). En particular cúmprese P(AB) =...

    3. densidade de probabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina moral relacionada co probabilismo e oposta a el, segundo a que, en cuestións éticas, hai que seguir, entre as diversas opinións probables, a que teña unha maior probabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao probabiliorismo.

    2. Seguidor do probabiliorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que nega a posibilidade de alcanzar a verdade, polo que establece a opinión máis probable como a equivalente á certa. Desenvolveuse no seo das academias mediana e nova por Arcesilao de Pitana, Carnéades e Filón de Larisa, entre outros. Modernamente apareceu unha nova variedade, relacionada coa teoría e a filosofía da ciencia (Gaston Bachelard). Tamén se coñeceu co nome de plausibilismo (Émile Meyerson).

    2. Doutrina moral, desenvolvida no s XVII, sobre todo polos xesuítas, seguindo ao dominicano Bertomeu Medina (1528-1580), segundo a que é posible seguir unha opinión probable en cuestións éticas, aínda que exista outra opinión máis probable. Relaciónase coa casuística e co probabiliorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao probabilismo ou á probabilidade.

    2. Partidario ou seguidor do probabilismo.

    3. Interpretación da mecánica cuántica, de M. Born, segundo a que o módulo ao cadrado da función de onda dunha partícula pode interpretarse como a densidade de probabilidade de detectar esta partícula nun punto do espazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á probabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos supostos documentos procedentes do primeiro congreso sionista de Basilea de 1897. Publicados en Rusia en 1903, nun principio foron considerados auténticos, o que permitía atribuír ao sionismo a guerra mundial, a revolución bolxevique e a crise económica. En 1921 demostrouse a súa falsidade, ao ser redactados pola policía secreta tsarista. Serviron de pretexto para os pogroms rusos e para a persecución nazi contra os xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade vírica descuberta en 1902 polo bacteriólogo húngaro A. Aujeszky (1869-1933), que causa trastornos respiratorios e no sistema nervioso dos porcos. Tamén pode afectar a bovinos, ovinos, cans e gatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao punjabi.

    2. Lingua do subgrupo índico que pertence á familia indoiraniana do phylum indoeuropeo, que se fala no territorio de Punjab. Escríbese con caracteres persas e hindis, e aproxímase moito ao hindi. Na súa literatura destaca a obra do gurú Nānak (1469-1539) e dalgúns dos seus seguidores, así como algunhas obras sufís. Entre os autores modernos sobresaen Mohan Singh (morto en 1905) e o novelista Nānak Singh (morto en 1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (7.175 km2; 332.300 h [estim 2000]). A súa capital é Qābis (98.900 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre de retórica latina. Ensinou en Roma e Hispania e escribiu libros de retórica, xa perdidos, dos que destacan De causis corruptae e Defense do Nevi Arpiano, ademais da súa obra máis destacada, o tratado de retórica clásica e ciceroniana De Institutione Oratorio, en 12 libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título dado aos doutores da lei xudía (s I a C). A partir do s I foi a designación oficial dos doutores en Palestina.

    2. Ministro do culto xudeu e xefe espiritual da comunidade, cun título conferido polas escolas rabínicas. Nos reinos cristiáns da Península Ibérica o cargo, electivo e remunerado, era xeralmente confirmado polo soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico polaco. Trasladouse coa súa familia en 1899 a EE UU. Estudou física na Cornell University e doutorouse na Columbia University en 1927, cunha tese sobre as propiedades magnéticas dos cristais, e obtivo a nacionalidade estadounidense. Traballou sobre as propiedades magnéticas e eléctricas do átomo, e ideou o método da resonancia magnética nuclear. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa aguda, producida por un virus, que o home contrae xeralmente pola trabada de animais infectados. O prognóstico da enfermidade adoita ser fatal unha vez instaurada, polo que son dunha grande importancia as medidas profilácticas. Os primeiros éxitos en vacinacións antirrábicas débense ao biólogo francés Louis Pasteur.

    2. Sentimento que leva a enfrontarse a algo con máis forza e coraxe.

    3. Estado de excitación nerviosa producida por un acontecemento adverso.

    4. Sentimento de xenreira e antipatía cara a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rabiar.

    2. Que está moi enfadado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir rabia.

    2. Anhelar unha cousa con moita intensidade.

    3. Padecer a enfermidade da rabia.

    4. Ter un sabor moi picante un alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO