"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina moral que considera a felicidade o ben supremo. Intégrase dentro do que I. Kant chamou éticas materiais, dado que propón un obxectivo que se pretende conseguir na vida (a felicidade), a diferenza das éticas formais que estarían baleiras de contido. A felicidade pode ser o pracer, como mantiña Epicuro, a vida contemplativa, como dicía Aristóteles, ou calquera outra cousa que se considere ben supremo. Considera imposible a incompatibilidade entre a felicidade e o ben, e define a felicidade como o premio ao exercicio da virtude e da acción moralmente boa. As doutrinas opostas manteñen que a virtude é boa en si mesma, independentemente de que leve asociada ou non a felicidade.
-
-
Acto de suavizar a expresión dunha idea substituíndo a palabra ou expresión propia por outra máis agradable, máis puída. O eufemismo pode ter causas de tipo psicolóxico pero, sobre todo sociais. Posicións sociais diferentes, relixiosas ou ideolóxicas, levan a actitudes emocionais que se manifestan en determinadas palabras (ebrio por borracho). Tamén se pode empregar por respecto a quen se fala (orinar por mexar) ou por necesidade de atenuar algo (invidente por cego). OBS: Oponse ao termo disfemismo.
-
Palabra ou expresión usada por eufemismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo literario propio dos escritores da época isabelina de Inglaterra, correspondente ao culteranismo e ao marinismo. Caracterízase pola abundancia de aliteracións, alusións mitolóxicas, antíteses e interrogacións retóricas. O seu nome procede da obra Euphues (1578), de John Lyly.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome producida por unha deficiencia na actividade endócrina das glándulas sexuais. As alteracións morfolóxicas e funcionais son: un grande aumento da estatura, cranio pequeno, mans longas, deficiente desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios e infantilismo psíquico. No home, voz de neno, distribución tipicamente feminina do tecido adiposo e pouco desenvolvemento dos órganos xenitais. Na muller, o esqueleto ten a forma masculina, os peitos están pouco desenvolvidos e son frecuentes os trastornos menstruais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia que considera a Europa como protagonista da historia e centro da civilización, utilizando as manifestacións culturais europeas como parámetros para medir o grao de civilización ou barbarie das demais culturas. Tomouse como base para xustificar a invasión europea dos países colonizados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente xurdida a mediados da década dos sesenta do s XX entre os partidos comunistas da Europa mediterránea. Defendía a necesidade dunha nova estratexia de instauración do comunismo, adaptada ao capitalismo avanzado, na que o predominio da clase media non permitise aplicar os esquemas clásicos do marxismo, a loita de clases e a toma revolucionaria do poder. Renunciaba á ditadura do proletariado, aceptaba o pluralismo democrático, o pacto con outras forzas progresistas e a independencia respecto á URSS. Difundírono sobre todo Enrico Berlinguer e Santiago Carrillo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou tendencia euroescéptica.
-
-
Calidade ou condición de europeo.
-
Tendencia que propugnou a unificación política do continente europeo. Defendérona Bertrand de Jouvenel, Ricard Condenhove-Karlegi e, sobre todo, Aristide Briand. En 1949 formulouse unha declaración de principios, base das actuacións do Movemento Europeo. Froito do Movemento Europeo foron o Consello de Europa (1949) e a Universidade de Europa (1949). Os Tratados de Roma de 1957 foron capitais para a integración europea, xa que crearon as bases da actual Unión Europea. A cooperación científica tamén coñeceu a constitución de importantes asociacións como o EURATOM, o CERN e a ESA.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariación do nivel dos océanos por diversas causas xeolóxicas. O aumento ou transgresión do nivel dos océanos débese á acumulación gradual de sedimentos no fondo, á fusión dos glaciares, á elevación do fondo debido a movementos tectónicos suboceánicos, ou á isostase. O descenso e regresión está orixinado polo afundimento da cubeta de sedimentación de orixe tectónica ou pola formación de glaciares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina dos euxenistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico relixioso iniciado por Evemero de Messene que considera os personaxes mitolóxicos e as divindades como seres humanos idealizados polos pobos. Foi difundido no mundo romano por Q. Ennio e pouco despois Platón de Biblos, Beroso, Diodoro de Sicilia e Luciano aplicáronllelo ás divindades orientais. Santo Agostiño, Lactancio e Arnabio utilizárono para demostrar a futilidade do paganismo. No s XVIII, o abade A. Banier na súa obra Explication historique des fables, ou l’on decouvre leur origine & leur conformité avec l’histoire ancienne (Explicación histórica das fábulas, descubrimentos das súas orixes e a súa conformidade coa historia antiga, 1715) aplicoullo á historia da antiga Grecia. Desde comezos do s XIX a súa influencia circunscribiuse ao eido da mitoloxía aplicada.
-
-
Práctica que consistía na doazón por parte de particulares de bens á colectividade. Desenvolveuse sobre todo no mundo helenístico e romano, onde as doazóns podían ser de moitos tipos, entre outras, provisión de alimentos, construción de edificios públicos e celebración de espectáculos.
-
Doutrina da filosofía política que enxalza o bo rei e destaca a posición deste coma un pai benfeitor que trata os seus súbditos con amor. O rei everxete é o pai bondadoso, pastor solícito da grea que goberna e atende cos seus dons rexios; pero, a tradición do everxetismo, que é unha consecuencia lóxica das teses que postulan a orixe divina do poder, destacou en exceso o carácter de bondade en detrimento da utilidade do monarca cara aos súbditos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que, nun sentido amplo, concibe o universo como un sistema en evolución, e, nun sentido máis restrinxido, a vida como un proceso evolutivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión esaxerada a unha persoa ou a unha cousa con exclusión doutra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercicio e práctica consistente en facer excursións. Xurdido no s XVIII como manifestación das ideas filosóficas que preconizaban o contacto coa natureza, desenvolveuse especialmente como actividade deportiva a finais do s XIX, combinando a finalidade lúdica co interese científico e artístico.
-
-
Fenómeno psicolóxico que se caracteriza polo desexo esaxerado de destacar as peculiaridades propias diante doutros.
-
Comportamento que consiste en mostrarse nu ou en ensinar os xenitais, coa conseguinte satisfacción ou liberación sexual. É un fenómeno propio dos infantes e tamén de certas culturas. A súa represión conduce a miúdo os afectados adultos a exhibirse por sorpresa e en público, diante de descoñecidos. Cando este comportamento é compulsivo e exclúe calquera outra actitude sexual, considérase unha desviación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Doutrina filosófica que privilexia a existencia do home na súa realidade concreta e do individuo comprometido coa sociedade, antes que unha suposta esencia humana ideal. Afirma que o home existe antes que é e a existencia precede á esencia, e que o feito de existir é absurdo, carente de significación, polo que o home ten que encher a súa vida de sentido a través do compromiso, elixindo valores e condutas, para saír da nada e da angustia metafísica. Sitúase así nunha liberdade absoluta que non pode ser rexeitada ao estar o home condenado a ser libre. Naceu como reacción ao idealismo e ao racionalismo alemán e fundouno o danés S. A. Kierkegaard. Posteriormente, foi seguido por Jean-Paul Sartre, M. Heidegger, K. Jaspers, G. Marcel, Albert Camus e M. Merleau-Ponty, entre outros. O termo foi creado por M. Heidegger en Sein und Zeit (O ser e o tempo, 1927), e foi retomado despois por K. Jaspers en Existenzphilosophie (Filosofía da existencia, 1938). Desde un punto de vista relixioso...
-
Actitude filosófica que prima a existencia sobre a esencia e que subliña que o aspecto existencial complementa o aspecto esencial. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Coleccionismo de ex libris.
-
Estudio da técnica e da produción de ex libris.
-
Estudio de heráldica segundo os ex libris das casas nobiliarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de recristalización progresiva, producida polo contacto ou proximidade con rochas endóxenas, que non produce ningunha variación na súa composición. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
esconxuro.