"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias, da familia das micrococáceas, que xeralmente aparecen agrupadas en acios, aínda que poden aparecer illadas ou en parellas. Son esféricas, inmóbiles, Gram-positivas e anaeróbicas facultativas. Fermentan azucres, producen ácido láctico como produto maioritario, forman parte da microbiota normal da pel e das mucosas do home e dos animais, e algunhas son patóxenas, como a especie S. aureus, responsable de meninxites ou endocardites, e de furúnculos e pústulos e de intoxicacións alimentarias causadas por unha enterotoxina que sintetizan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias cocoides, inmóbiles, Gram-positivas e a maioría anaerobias facultativas, que se presentan caracteristicamente en cadeas ou parellas irregulares, ovais ou lanceoladas. Son bacterias moi estendidas na natureza, e pódense atopar no chan, en ambientes acuáticos e formando parte da microbiota normal do home e animais. Dentro deste xénero destacan os estreptococos lácticos (St. lactis e St. cremoris) que producen a acidificación do leite e teñen importancia na fermentación natural de moitos lácteos; os estreptococos da boca e do tracto respiratorio, que inclúen especies patóxenas, como o pneumococo (St. pneumoniae), que é o axente causante da pneumonía; os estreptococos hemolíticos, como St. pyogenes, que é o causante de infeccións da pel e respiratorias, como a anxina estreptocócica e a febre puerperal ou dos eritemas da escarlatina; St. viridans, que se atopan na boca do home e de certos animais, que causan a caries e a endocardite...
-
-
Cargo de subdirector.
-
Oficina do subdirector.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado debaixo do occipital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subdivisión dunha sección.
-
-
Acción e efecto de subtraer ou subtraerse.
-
Operación que consiste en, dados dous números a e b, determinar o número c tal que c + b = a.
-
-
-
Acción e efecto de suxeitar ou suxeitarse.
-
Estado de quen está suxeito.
-
Figura retórica que consiste en facer preguntas quen fala ou escribe, ás que el mesmo responde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (49.778 km2; 4.248.931 h [2000]). A capital é Padang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reinfección, especialmente co mesmo microorganismo, dun individuo que aínda non sandou da enfermidade primitiva.
-
REXIÓNS
Rexión de Ghana (18.476 km2; 526.398 h [estim 1991]). A súa capital é Wa (141.813 h [1984]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Discípulo colaborador de Giambologna, de quen rematou algunhas obras, como as estatuas de Fernando I (1608, Florencia) e Filipe III (1606-1613, Madrid), foi autor dos relevos na base do monumento a Fernando I (1615-1624, Liorna) e da estatua de Filipe IV a cabalo (1634-1640, Madrid). Traballou sobre todo o bronce.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Catálogo de trobadores galego-portugueses elaborado por Angelo Colocci e identificado na tradición manuscrita coa sigla C. Localizado por E. Monaci en 1875, a través del puido constatarse que certo número de cantigas e de autores se perderon debido a mutilacións existentes no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Contido en oito folios de papel sen numerar no códice Vaticano 3217: “Index Verborum seu vocum collectus per Angelum Cootium ex Petrarcha, Siculo, Rege Roberto, Barbarino”, parece ser a táboa dun cancioneiro perdido, vinculado con B pero máis completo. Con todo, o seu descubrimento non permitiu resolver os conflitos de atribución de cantigas que existen entre os cancioneiros B e V.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Toda a súa obra, con influencias do decadentismo europeo, manifesta o contraste entre a sensualidade e a moral. Das súas obras destacan Il nome sulla sabbia (1924), Tre storie d’amore (1931), La presenza del male (1948), Gli egoisti (1959) e La terra abbandonata (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que permiten obter información da superficie terrestre, das propiedades dos obxectos ou de todo á vez, sen contacto físico con eles e por medio da enerxía electromagnética que emiten ou refliten. Inclúe a fotografía aérea e a fotogrametría. OBS: Tamén se denomina percepción remota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telemando dos movementos dos vehículos que actúa por medio de ondas radioeléctricas, que ao ser captadas polo receptor deste, actúan sobre os mecanismos que accionan os temóns, as rodas e os outros elementos de dirección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno outeiro de Roma, situado á esquerda do río Tíber e preto da porta de San Paulo, que se foi formando, xa en época romana, polo amoreamento de testos ou anacos de obxectos de barro.
-
-
Acción de torrar.
-
Proceso que consiste en someter un alimento ou outras substancias a temperaturas superiores ás da desecación para oxidalo ou destruír algún principio prexudicial.
-
-
-
Acción de tirar algo cara ao punto do que procede a forza para arrastralo ou movelo.
-
-
Acción de tirar dun vehículo un animal ou un dispositivo mecánico.
-
Acción de facer avanzar un vehículo mediante o impulso que un motor exerce sobre as súas rodas. Se as rodas motrices son as de diante denomínase vehículo de tracción dianteira, e se son as de atrás vehículo de tracción traseira. Se todas as rodas son motrices denomínase vehículo de tracción integral. En función do aparato mecánico que impulsa as rodas denomínase tamén de tracción eléctrica, tracción por motor térmico ou tracción por vapor.
-
-
-
Grupo de dúas forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, que aplicadas axialmente a un corpo tenden a alongalo.
-
ensaio de tracción
Proba á que se somete unha mostra para determinar a resistencia á tracción, ao alongamento, á estrición, ao límite e ao módulo de elasticidade do material.
-
-
Tracción que se exerce mediante unha vendaxe axeitada e que permite ao enfermo deambular e moverse no caso de fracturas de membros.
-
-
-
Acción e efecto de transixir.
-
-
Trato, convenio ou acordo de índole comercial.
-
Acción de facer efectivo un trato de compravenda.
-
Cada unha das operacións que implique un cambio de posesión de bens ou títulos.
-
-
Contrato resolutorio en virtude do que dúas partes poñen fin a unha cuestión xurdida entre eles, ben para evitar un preito, ben para rematalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha transacción.