"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.
-
Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santoíño, na parroquia de Piúgos (Lugo). Fundouno Pedro, bispo de Lugo cara ao 1030. Despois de 1038 doouno a Miguel Amiquiz e este aos reis Fernando I e Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.
-
-
-
Acción e efecto de liquidar.
-
Proceso polo que os bens mobles, inmobles ou os activos en xeral dunha empresa se converten en diñeiro en efectivo.
-
enda polo miúdo con carácter extraordinario e cunha gran rebaixa de prezos que se fai nun establecemento comercial por cesamento da actividade, reforma ou traslado. Dunha maneira regular poden realizarse para dar saída a stocks acumulados.
-
-
Acto de dar por finalizada unha relación laboral, principalmente entre unha empresa e un traballador, e documento en que se fai constar que as contas quedan axustadas e saldadas.
-
licuefacción.
-
-
-
Que ten fin ou que presenta uns límites definidos.
-
Limitado no seu ser.
-
-
Aplícase ao obxecto matemático que está acoutado; isto é, que non é infinito.
-
conxunto finito
Conxunto no que todo tipo de autoaplicación inxectiva, definida nel, é tamén bixectiva; o seu cardinal é o número de elementos que contén.
-
-
-
PERSOEIRO
Escultor, artista gráfico e poeta británico. Formouse na Glasgow School of Arts. Traballou con diferentes materiais. En 1961 fundou a Wild Hawthorn Press e publicou a revista Poor Old Tired House. Traballou con distintos colaboradores e realizou placas, pedras e gravados con frases irónicas e caligramas. Realizou para a Illa das Esculturas de Pontevedra Petrarca (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de finxir.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor, fillo de Pietro Antonio Fiocco (Venecia 1650? - Bruxelas 1714). É autor de motetes, misas e dunha recolleita de Pièces de clavecin (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial estadounidense. En 1900 fundou a Firestone Tire and Rubber Company, dedicada á fabricación de cubertas e neumáticos para automóbiles. Como presidente (1916-1918) da Asociación de Caucho de EE UU, dirixiu a conversión da industria do caucho cara á produción de material bélico durante a Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Feminista canadense. Cofundadora do movemento Radical Woman (1967), na súa obra The dialectic of sex (1973) argumenta que só existirá unha auténtica liberación da muller cando esta rompa co seu rol na familia biolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bóveda celeste, especialmente pola noite, cando se ven as estrelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde ás voces ‘saco’ e ‘bolso’.
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Fixo investigacións sobre compostos organometálicos, complexos de carbono con metais, compostos en sandwich do tipo dos ferrocenos, etc. Recibiu o premio de Química da Academia de Ciencias de Gotinga (1957) e o premio Alfred Stock da Sociedade de Químicos Alemáns (1959). En 1973 compartiu o Premio Nobel de Química con Geoffrey Wilkinson polos seus descubrimentos no campo dos compostos organometálicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Procedemento químico de análise de trazas de auga. Este método baséase no feito que o óxido de xofre(IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga. A reacción é a seguinte:
FORMULA
H2O+I2+SO2+3C5H5N+CH3OH → 2C5H5NHI+C5H5NSO4HCH3
VER O DETALLE DO TERMO
De aquí vén a posibilidade de calcular a cantidade de auga dunha mestura pola cantidade de iodo reducido. O punto final da valoración indícao a primeira gota de iodo libre en exceso, e pódese determinar visualmente ou ben por medición eléctrica. -
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Escribiu monografías sobre Kleist, Nietzsche e Heine, e traduciu a Goethe, Kipling e Villon. Autor de antoloxías poéticas e de dramas, escribiu Otázy literárni psychologie (Cuestións de psicoloxía literaria, 1917), Duše a slovo (A alma e a palabra, 1929) e Slovo a svět (A palabra e o mundo, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se obtén un combustible sintético por hidroxenación do gas de auga, mestura de monóxido de carbono e de hidróxeno, que resulta de tratar o coque con vapor de auga a temperaturas elevadas. Cómpre tratar a mestura con catalizadores de óxidos metálicos. A primeira fracción necesita, para que se poida utilizar, un proceso de reformación e a adición de antidetonantes. A fracción dun punto de ebulición máis alto é moi apropiada para os motores diesel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en fisioloxía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía patolóxica.
-
-
Relativo ou pertencente aos fisoclistos.
-
Peixe do grupo dos fisoclistos.
-
Grupo de peixes caracterizado por presentar a vexiga natatoria pechada e independente, cun tubo dixestivo que se enche con aire que chega a través do torrente sanguíneo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos fisóstomos.
-
Peixe do grupo dos fisóstomos.
-
Grupo de peixes caracterizado por presentar a vexiga natatoria comunicada co tubo dixestivo por unha canle pneumática que lles serve para enchela tragando aire.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra en Fisterra e na que se venera o Cristo da Barba Dourada, conservado na capela do Santo Cristo da igrexa de Santa María das Areas. Segundo a lenda, a imaxe chegou por mar e foi recollida polos veciños na praia. Trátase duna imaxe gótica con brazos articulados para poder facer o desencravo á que, segundo a tradición popular, por obra de Nicodemo lle crece a barba e as unllas. A festa celébrase na Semana Santa.