"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á abioxénese ou xeración espontánea.
-
-
Relativo ou pertencente aos abipóns ou á súa lingua.
-
Pobo amerindio da familia guaicurú, que no s XVIII se localizaba no río Paraná e estaba dividido en tres subgrupos: os do bosque, os da chaira e os das augas. Con anterioridade espalláranse polo Chaco, dende o río Bermejo ata Córdoba. Hoxe perviven algunhas comunidades na ribeira setentrional do río Bermejo ata o río Salado, en territorio arxentino.
-
Lingua case extinta da familia guaicurú que segundo a súa estrutura debe estar emparellada coas linguas toba e mokoví.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
birta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar birtas ou regueiros nas leiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abirtas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa primitiva en Chantada. Da mesma estirpe é a variante gráfica Abirtar. Outros apelidos relacionados con esta caste son Birtas e Birtar. As súas armas levan, sobre campo de azur e terreo de sinople, dous muros que se abren para que pasen as aguas polos agros.
-
-
Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.
-
Fauna que habita as grandes profundidades mariñas. Os animais que a compoñen (peixes, cefalópodos, crustáceos e equinodermos, maiormente) presentan características especiais. Todos son carnívoros ou saprófitos, que dependen da achega de materia orgánica procedente das zonas fóticas. A quietude das augas permitiulles desenvolver apéndices longos e delicados (Himantolophus, Melanocetus, etc). Os peixes adoitan ser negros ou de tonalidades escuras, presentando, a miúdo, órganos luminosos, como o peixe sapo. Algunhas especies teñen os ollos hipertrofiados, como o Alepocephalus; outras atrofiados por completo, como o Bathypterois.
-
Zona mariña comprendida entre os 800 e os 10.000 m aproximadamente de profundidade. Caracterízase pola temperatura baixa e constante, a presión elevada, a quietude das augas, a escuridade completa e, a causa diso, a falta de actividade fotosintética.
-
Sedimentos formados nos fondos submarinos a máis de 2.000 m de profundidade. Xeralmente, aparecen constituídos por depósitos moi finos de orixe orgánica como os restos calcarios de Globigerina e radiolarios.
-
-
REXIÓNS
Rexión do NL de África, que comprende en senso estricto o cadrante NO de Etiopía. Xeograficamente corresponde ao macizo ou altiplano etiópico, antigamente chamado de Abisinia (250.000 km2). Así mesmo, esta denominación xeográfica empregouse durante a ocupación italiana (1935-1941) para designar os territorios de Eritrea, Etiopía e Somalia. Por esta razón emprégase de xeito inapropiado para referirse ao conxunto de Etiopía e aos seus habitantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Abisinia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Abisinia.
-
Pobo do NL de África, que toma o nome de Abisinia. De orixe semita, no s X a C pasa do Iemen ao Corno de África onde se funde cos pobos autóctonos, se ben conservando a lingua semita. No s IV cristianizouse.
-
Lingua abisinia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque nacional da Laponia sueca, ao SO do lago de Torneträsk.
-
-
de abismar.
-
Característica aplicada a unha peza ou figura posta no abismo, sen que cargue ou toque noutra.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao abismo.
-
Que presenta unhas características de profundidade impresionantes e imposibles de medir.
-
-
-
Afundir nun abismo.
-
Concentrarse profundamente nun pensamento, sentimento ou contemplación, abstraéndose do arredor.
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘observar, ver’.
-
-
-
Cavidade profunda na terra.
-
Situación que ocasiona un gran sufrimento.
-
Termo de heráldica, procedente da expresión francesa mise en abîme ou abyme, que designa o centro ou corazón do escudo que reproduce, en escala reducida, os contornos do propio escudo.
-
Gran oposición.
-
Designa a disposición da acción pola que se inclúe unha ou máis historias dentro da que actúa como marco, a xeito das matrioskhas rusas ou caixas chinesas. As historias reduplicadas no interior do relato marco reproducen este último como imaxe idéntica, invertida ou desmultiplicadora. Un exemplo deste recurso con encaixamento de actos narrativos aparece en Terra Brava (1955) de Ánxel Fole .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixar o cabo da áncora fondeada ás bitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rapaza orixinaria de Xunam, coñecida pola súa beleza, que coidou a David cando vello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casca que recobre o gran.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Furto de gando. Figura delitiva autónoma no dereito penal antigo. Consérvase nalgúns países de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reo de abixeato.