"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Protagonizou diferentes películas policíacas. Como director traballou no filme Short Cut to Hell (Atallo para o inferno, 1957). Retirouse en 1961 e volveu de novo interpretando Ragtime (Tempo reducido, 1980). Entre algunhas das súas longametraxes destacan: Sinner’s Holiday (As vacacións do pecador, 1930), Angels with Dirthy Faces (Anxos con facianas sucias, 1938) e One, Two, Three (Un, dous, tres, 1961). Obtivo o Oscar pola súa interpretación en 1942 na película Yankee Doodle-Dandy (Ianqui-dandi) de M. Curtiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro xeógrafo, barón de Cagniard de la Tour. Estudiou a resonancia, a vibración e a acción da calor e da presión sobre os líquidos. Inventou a sirena (1819) e demostrou que o son se produce por vibracións regulares dun medio líquido ou gaseoso. Probou que, sobrepasada unha temperatura determinada, un líquido contido nun recipiente hermeticamente pechado pódese transformar integramente en vapor. Determinou as temperaturas e as presións críticas do éter e do alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Carlos I (? 742 - Aquisgrán 20.1.814) Rei dos francos (768-814) e primeiro emperador do Imperio de Occidente restaurado (800-814). Segundo soberano da dinastía carolinxia, á que deu o nome, era fillo de Pipino o Breve e de Berta ou Bertrada, filla de Caribet, conde de Laon. Herdou do seu pai os países dispostos en semicírculo desde Bohemia ata a metade occidental dos Pireneos, e o seu irmán Carlomán os comprendidos nun semicírculo interior desde Suíza ao Pireneo oriental. Ao morrer Carlomán (771), Carlomagno apoderouse dos seus estados en detrimento dos dereitos dos seus dous sobriños, que se refuxiaron na corte de Desiderio, rei dos lombardos e pai da muller de Carlomagno a quen este repudiara. Desiderio atacou o Papa Adrián I por opoñerse a coroar os fillos do defunto, e Carlomagno acudiu a auxiliar o papa. Despois da rendición de Desiderio foi proclamado rei dos lombardos no 774. Mentres, casou coa franca Hildegarda quen lle deu oito fillos, entre eles Carlos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Bussone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta concedida en 1215 por Xoán Sen Terra de Inglaterra en Runnymede (Windsor), na que aceptaba as esixencias formuladas polos baróns (tenants in chief) e pola cidade de Londres. O texto revisouno posteriormente Enrique III e no 1225 quedou definitivamente constituída. A súa importancia na historia constitucional de Inglaterra vén do feito de fixar con precisión e detalle os costumes aceptados como norma legal ata entón. Ao definir e limitar os dereitos da realeza opoñíase a todo goberno arbitrario, polo que chegou a ser símbolo da lei fundamental da terra por riba da persoa do soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor arxentino. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes entre 1929 e 1932 e, en 1939, con André Lothe en París. Diplomouse tamén en arquitectura. Viaxou a Europa en diversas ocasións e aprendeu a técnica da augada. Traballou nos obradoiros de Spilimbergo e Ramón Gómez Cornet. Entre as súas obras destacan Homenaje a Spilimbergo (1956), Cabeza de niño (1948) e Maternidad (1963). Recibiu numerosos premios entre os que sobresaen o primeiro premio no Salón Nacional (1943), o primeiro premio da Bienal Internacional de México (1960) e o premio especial da Bienal Internacional de Saigón (1961). Foi membro da Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e investigador. É autor dunha extensa obra sobre diversos aspectos da historia literaria e teatral. Da súa produción destacan as obras Teoría del teatro (1961) e Teorías sobre el texto dramático (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea del Castagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural do NL de Francia incluída na rexión administrativa de Champagne-Ardenas. Limita ao N coas Ardenas, ao L coa Lorena e o Franco Condado, ao S coa Borgoña e ao O coa Île-de-France e a Picardie. Correspóndese cunha chaira calcaria lixeiramente elevada na súa periferia e atravesada en dirección SL-NO polos ríos da conca do Sena. O produto máis coñecido da comarca é o viño escumoso. A capital administrativa é Reims, aínda que o seu principal núcleo histórico foi Troyes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Francia que inclúe os departamentos de Ardenas, Aube, Haute Marne e Marne (25.606 km2; 1.352.500 h [estim 1995]). A súa capital é Chalons-en-Champagne, no departamento de Marne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagnose baseada no estudo das diversas formas celulares normais e patolóxicas atopadas nun líquido orgánico, nunha lesión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á citodiagnose.

    2. Determinación dunha enfermidade por medio do estudio celular dun tecido, dunha secreción ou doutra mostra orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1976. A súa proposta concéntrase en dous eixes temáticos principais, expresados no propio título: a “pólvora”, que é símbolo de revolución, de loita, do nacionalismo, do compromiso e da reivindicación; e a “magnolia”, que implica introspección íntima e problemática existencial, isto é, poesía combativa combinada cunha expresión lírica e intimista. Consta de 22 poemas estruturados en tres partes: os primeiros dezaseis poemas; a serie “Triste Stephen”, que se divide en cinco seccións; e o poema final “Reclamo a libertade pró meu pobo”, unha especie de epílogo en correlato co poema inicial no que tamén hai un canto á liberación de Galicia. Un dos motivos dominantes é o paso do tempo, sobre todo nos poemas máis autobiográficos nos que o poeta lembra a infancia e a mocidade. Ás veces afróntao desde unha perspectiva nostálxica, cargada de tristura, ou vinculada ao sentimento de saudade; outras, con dor e con espanto. A metáfora do río, que se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Agnolo Bronzino, foi discípulo de Pontormo. Retratista oficial dos Medici, os seus retratos acentúan a importancia das xoias, das sedas e da actitude nobre, e amosan unha certa idealización anatómica. Pintou tamén cartóns para tapices (A historia de Xosé) e lenzos relixiosos (O martirio de san Lourenzo, 1569) e nus como o grupo Venus, Cupido, a Locura e o Tempo. Escribiu tamén poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Refuxio rochoso situado en Les Eyzies (Dordogne, Francia). En marzo de 1868, Louis Lartet localizou no seu interior varios restos fósiles pertencentes a cinco individuos diferentes que, polas súas características somáticas (cranio dolicocéfalo e pentagonal, cara ampla e curta, fronte recta, arcos superciliares reducidos, órbitas separadas e baixas, nariz estreito e prominente, prognatismo subnasal e mandíbula pronunciada) e pola súa cronoloxía (ó redor de 30.000 anos), se atribúen a Homo sapiens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora de escena, autora e coreógrafa. Cunha sólida formación no ballet clásico, transformou substancialmente a posta en escena do musical americano introducindo nos números bailados técnicas de ballet moderno, danzas populares ou a incorporación da acción dramática na coreografía. Entre os anos 1930 e 1933 formou parte do Dance Repertory Theatre e fundou a compañía Heritage Dance Theatre. Destacan os seus traballos Oklahoma! (1943), que supuxo toda unha revolución e inspirou unha nova maneira de facer teatro musical; Brigadoon (1947); ou Out of this World (Fóra deste mundo, 1950). Escribiu máis dunha ducia de libros relacionados coa súa especialidade artística, como Dance to the Piper (1952) ou Speak to Me, Dance With Me (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmagnetizar ou desmagnetizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar magnetizado.

    2. Deixar de estar magnetizado.

    VER O DETALLE DO TERMO