"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
REXIÓNS
Rexión de Guinea Bissau (2.624 km2; 26.691 h [1991]). A capital é Bolama (3.332 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso da serra Kirthar, no Baluchistán, Paquistán occidental (1.770 m); comunica as chairas do Paquistán coas montañas de Afganistán e de Irán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha sociedade científica formada por xesuítas belgas que desde 1643 se dedicou á publicación da Acta Sanctorum e que leva o nome do seu iniciador, o xesuíta flamengo Jean Bolland (1596 - 1665), iniciador da publicación de documentos haxiográficos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue as parroquias de Barreiros, Bolaño, O Camiño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Cuvelas, A Frairía, Furís, Masoucos, Miranda, Mirandela, Montecubeiro, Pena, Pereirama, A Pumarega, Rebordaos, Riomol, Seres, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño, todas do concello de Castroverde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que fundou casa na fortaleza da Barreira, na ribeira do río Neira, e que está moi vinculada á casta dos Ribadeneira. Dende Lugo pasou ás restantes provincias galegas, a Asturias e Castela. As súas armas levan escudo mantelado: primeiro, en campo de ouro, unha cruz de Calatrava de goles, cargada de cinco veneras de prata, e en punta ondas de azul e prata (armas dos Ribadeneira); segundo, en campo de goles, un león rampante ao natural; terceiro, en campo de sinople, un cordeiro de prata sobre un bolo de ouro. Algunhas ramas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de prata, cunha cruz de Calatrava de goles, cargada de cinco veneras de ouro; segundo cuartel, en campo de sinople, cun león rampante de ouro; terceiro cuartel, en campo de sinople, un cordeiro de prata cebado dun bolo de ouro. Recóllese tamén escudo: en campo de sinople, cun cordeiro pasante, superado dun bolo de ouro. Os de Asturias traen, en campo de sinople, un cordeiro de prata...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado na parroquia de Bolaño (Castroverde). Aparece citado tan só nun documento considerado falso pola crítica, enumerado entre as posesións que Afonso III confirma á Igrexa de Lugo no ano 897. Da primitiva igrexa soamente se conserva a ábsida. No s XV converteuse nun hospital de peregrinos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao SL de Ciudad Real (87,9 km/h2; 10.547 h [1996]). O territorio constitúe unha chaira agás o S onde está a Serra del Moral. As principais actividades económicas son a agricultura (patacas, legumes, vide) e a gandería ovina. Hai tamén unha importante industria conserveira (vexetais) así como de fabricación de embutidos. No termo está o castelo romano de Doña Berenguela e a ermida de Nuestra Señora del Monte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Andalucía, fundando casa en Sevilla. As súas armas levan, en campo de prata, unha flor de lis de azul, acompañada de cinco roeis de goles, dous no xefe e tres en punta; bordo de goles. Outra variante trae, en campo de sinople, unha aguia bicéfala, voante, de sable, coroadas as dúas cabezas con coroa real e con outra coroa igual entre as poutas; bordo de azul, con oito lises, de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bita.
-
-
Fungo da familia das bolbitiáceas.
-
Familia de fungos da orde das cortinariais, de cogomelos coa superficie do sombreiro opaca e engurrada, que producen esporas de cor castaña. Comprende os xéneros Agrocybe, Conocybe, Panaeolus e Pholiotina.
-
-
-
-
Denominación común dos insectos da orde dos lepidópteros, referida especialmente á fase adulta das especies de hábitos diurnos. No ciclo reprodutor das bolboretas, das que se teñen descrito máis de 100.000 especies, distínguense claramente catro fases: adulto, ovo, eiruga e pupa. Os adultos poden ser de tamaños diversos, dende os poucos milímetros dos microlepidópteros ata os 30 cm de envergadura da especie americana Thysania agrippina, e caracterízanse por presentar normalmente dous pares de ás recubertas de escamas imbricadas que se orixinaron a partir de pelos modificados. Os pigmentos e as pequenas arestas que cobren a superficie da escama son os responsables da cor e da iridiscencia do animal; cada especie ten un deseño distinto que permite que se recoñezan no momento da reprodución. Algunhas especies, sen embargo, non presentan esta cuberta de xeito que as súas ás teñen un aspecto transparente; isto axúdalles a pasar inadvertidas ou a ser confundidas con grandes avespas perigosas....
-
bolboreta da seda
Nome que reciben as bolboretas do xénero Bombyx.
-
-
Estilo de natación que consiste en nadar en posición ventral. Os brazos fan un movemento circular que produce tracción cando están baixo a auga e que é de recuperación cando están fóra, movendo as pernas de forma simultánea.
-
Obturador, polo xeral de forma elíptica, que pode xirar ao redor do diámetro menor e estrangular máis ou menos o paso do conduto onde está situado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boliña que se forma nun líquido cando calla ou cando recibe calquera materia sólida de difícil disolución, sobre todo cando é fariña ou algo semellante.
-
-
Relativo ou pertencente ao bolxevismo.
-
Partidario do bolxevismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia. No segundo congreso do partido, celebrado en Bruxelas e en Londres (xullo-agosto de 1903), enfrontáronse dúas concepcións contrapostas: Lenin quería un partido reducido e disciplinado de revolucionarios profesionais (a vangarda do proletariado); Martov e Pavel Aksel’rod avogaban por un partido de base ampla segundo o modelo dos partidos socialdemócratas europeos. Lenin foi o derrotado no referente aos estatutos. O seu grupo, sen embargo, obtivo a maioría na designación dos cargos do partido. De aquí vén o nome de bolxeviques (maioritarios) para os partidarios de Lenin e o nome de menxeviques (minoritarios) para os de Martov. Os dous grupos separáronse na Conferencia de Praga (1912). En 1914 pronunciáronse contra a Primeira Guerra mundial. Os bolxeviques constituíronse en partido independente e, en maio, publicaron o seu periódico Pravda....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se extrae das follas do boldo. Emprégase como diurético e en enfermidades do fígado.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado en Florencia, onde foi un dos macchiaioli, estivo influído polos retratistas ingleses dos ss XVIII e XIX e chegou a ser o gran retratista da aristocracia e da intelectualidade (O conde Robert de Montesquieu). A súa pintura caracterízase polas pinceladas longas e elegantes, as tonalidades rechamantes e, a miúdo, por unha sutil ironía. Existe un museo dedicado á súa obra en Ferrara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore que acada os 8 m de altura, de follas persistentes, opostas, ovadas e pilosas, moi aromáticas, ao igual que a cortiza e as flores, que son dioicas e están reunidas en cimas terminais. Vive en bosques esclerófilos de Chile. As follas ricas en esencias e en boldina, empréganse para combater as afeccións hepáticas, e como tónico, estimulante e dixestivo enérxico; tamén se usan como condimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinal ou marca que aparece na pel adoptando unha cor diferente, orixinada por diversas causas, entre elas, queimaduras ou rozaduras do calzado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua afroasiática chádica occidental. Calcúlase que falan este idioma unhas 32.000 persoas en Nixeria.