"Calde" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 91.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca de La Selva (3.598 h [1996]). Importante estación termal en época romana, está explotada actualmente por dous balnearios e tres empresas envasadoras, que fan deste municipio o principal centro de embotellamento de auga carbónica de Catalunya (Vichy Català). A agricultura de secaño, a gandería (ovina e porcina), o sector téxtil e o metalúrxico son a base da economía. A igrexa parroquial de Sant Esteve conserva parte da súa construción románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca de El Vallés (12.788 h [1996]). A vila foi creada sobre diversas fontes de augas termais (augas de Caldes de Montbui), correspondentes posiblemente á Aquae Calidae mencionada por Plinio. A pesar de ser unha zona principalmente urbana existen pequenas áreas cultivadas (hortalizas, patacas e froitas) e dedicadas á avicultura. Na industria destaca o sector téxtil, de maquinaria e materiais de construción. A igrexa parroquial de Santa Maria (1585-1714), de estilo barroco, construíuse sobre un antigo palacio real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasta feita con auga e centeo coa que se recobre o pan antes de o meter no forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou entre 1835 e 1842 o concello da Lama. Correspondía á antiga xurisdición señorial que abranguía a maior parte das súas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aclarar con auga limpa o que se fregou con auga e xabón.

    2. Bater a auga ou outro líquido calquera facendo que soe.

    3. Moverse un líquido dentro do recipiente que o contén cando este non está completamente cheo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra de Caldelas e cabeceira desa comarca, situado na provincia de Ourense no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Monforte de Lemos e Sober (Terra de Lemos), e Ribas de Sil (Quiroga); ao L co de San Xoán de Río (Terra de Trives), ao S co de Chandrexa de Queixa (Terra de Trives), e ao O cos de Montederramo e A Teixeira (Terra de Caldelas). Abrangue unha superficie de 87,6 km 2 cunha poboación de 1.687 h (2007), distribuídos nas parroquias de Alais, O Burgo, Camba, Castro Caldelas, Folgoso, Mazaira, Paradela, Pedrouzos, Poboeiros, San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda, Sas de Penelas, Trabazos, Tronceda, Vilamaior de Caldelas e Vimieiro. A capital é a vila de Castro Caldelas, na parroquia de Castro Caldelas, situada a 42° 22’ 20’’ de latitude N e 7° 24’ 7’’ de lonxitude O, 156 km ao SL de Santiago de Compostela e 51 km ao L de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial da Pobra de Trives e diocese de Ourense.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo situado no alto de Castro Caldelas. Posiblemente disposto sobre un enclave castrexo, como parece indicar o topónimo castro, levantouse como construción defensiva. Durante a época romana o castro transformouse nun oppidum situado na encrucillada das vías romanas que unían Braga con Astorga e Chaves con Lugo. O edificio conserva partes iniciadas na segunda metade do s XIV. Os partidarios de Enrique de Trastámara nas loitas contra Pedro I tomárona en 1370 e, máis tarde, sufriu a destrución na Revolta dos Irmandiños en 1467. O conde de Lemos, Pedro Osorio, mandouna reconstruír e deulle a planta definitiva en 1560. Permaneceu en mans dos señores de Lemos ata finais do s XVIII, pero, ao morrer sen descendencia, o derradeiro conde pasou á Casa de Alba. Consérvase un recinto amurallado con planta de polígono irregular dotado de tres torres (a do reloxo e a do homenaxe semellan ser as máis antigas). Posteriormente se engadiu o celeiro e a adega. Conserva o patio de armas, parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral constituída por traballadores do Hospital Calde de Lugo, ou moi vinculados a el, co obxectivo de facer máis levadeira a estancia dos enfermos no hospital. Fundada en 1991, estivo baixo a dirección de Xosé Cancio Sanjuán ata que en 1993 relevouno Fernando Gómez Jácome. Realizou actuacións en toda Galicia e participou en diversos festivais. Na súa traxectoria musical destaca un concerto coa Orquestra de Cámara de Xove, a serie de concertos que ofreceu en Notre-Dame de S. D. Casa de Galicia e outros centros de París co gallo do Día das Letras Galegas no 2000; e a misa internacional na Basílica de San Pedro en Roma no ano 2002. Da súa discografía destaca Dez anos cantando (2001). Entre os seus galardóns, destaca o Premio de TVG e a consellería de Cultura do programa Con Música propia (1996) e o III Premio do Certame de Corais Galegas Vila de Marín (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi lector na Universidade de Toulouse e exerceu a docencia e a crítica literaria. Colaborador en numerosas publicacións (Cuadernos de Literatura, Arte Español, Revista de Occidente), foi articulista do ABC, redactor-xefe de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista Ronsel e codirixiu Transit. Estudiou a Baltasar Gracián e publicou as súas Obras completas en 1944. Da súa produción prosística destaca Luar (1923), que inclúe os “tres contos galaicos”: “Romaxe”, “A perdida” e “Gárgolas”, posteriormente incluídos en La noche céltica (1955); El milagro y la rosa (1924); Conceición singela do Ceo (1925); Notas para un magisterio idealista (1926); Margarida a da sorrisa de aurora (1927); Índice de utopías gallegas (1929); e Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (1959)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Dereito, exerceu como director do xornal Vanguardia Gallega e do semanario infantil El Ideal. Publicou Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal que apareceu en Pontecaldelas en 1910. Subtitulouse “Semanario independiente” e cesou o 31 de maio de 1914. De tendencia agrarista na súa primeira etapa (anos 1911 e 1912), foi voceiro caciquil na segunda. Exerceu como director Segundo Fernández Orge. Publicaba abundante literatura en castelán, especialmente poesía de autores como Valle-Inclán. Na sección “Lira gallega” reproducíronse poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Gonzalo López Abente, Aureliano X. Pereira, Fortunato Cruces, Xosé Rey González, Francisco Cabo Pastor ou Xosé Posada Rodríguez. Do mesmo xeito, publicáronse contos de autores como M. Lugrís Freire e outros asinados con pseudónimos como Chuco de Canedo, Fray Amadeo, El Cantor del Catadoiro, O Mensaxeiro das Montañas ou Xan de Ningures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda. Nace nas inmediacións da serra do Burgo, na parroquia de Pedrouzos (concello de Castro Caldelas). O seu curso adopta unha dirección SO-NL coa que penetra na parroquia de Camba. Ao chegar ao límite coa parroquia de Castro Caldelas captura o seu principal afluente, o Castoi, colector dos ríos e regos que baixan da serra das Cabanas, ao NL da conca. A partir dese punto o seu curso vira cara ao NO, para servir de límite á parroquia de San Paio de Abeleda coas de Alais (Castro Caldelas) e Abeleda (concello da Teixeira), e a esta última coa de Santa Tegra de Abeleda (Castro Caldelas). Na captura do río dos Vaos, no límite entre Lumeares e A Abeleda (xa no concello da Teixeira), vira cara ao N, na dirección que mantén ata a súa desembocadura, no encoro de Santo Estevo e, en concreto, no lugar dos Furados, no límite entre as parroquias de Fontaos (A Teixeira) e Paradelas (Castro Caldelas), despois dun percorrido duns 11 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar as caldeiras ou canles de rego dos prados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Formado en Leis e Humanidades na Universidad de Granada, foi catédratico de grego nesta universidade (1819) antes de trasladarse en 1822 a Málaga para exercer como profesor de retórica no seminario. Seguidor dos liberais, viuse obrigado a fuxir a Xibraltar en 1824. Foi nomeado profesor de árabe do Ateneo de Madrid (1837) e fundou en Sevilla o Museo de Escultura e Pintura e a Biblioteca Provincial (1838). Elixido deputado por Ourense (1844-1846), foi ministro togado do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña (1847). Desde 1849 foi auditor do exército español destinado a Italia co fin de defender os Estados Pontificios, e desde 1853, senador vitalicio. Asinou os seus escritos costumistas co pseudónimo de El Solitario, e os seus artigos -publicados dende 1830 no Correo Literario y Mercantil e dende 1831 na revista Cartas Españolas (que fundou xunto con Mesonero Romanos)- compiláronse baixo o título Escenas andaluzas (1847). Ademais, publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia riestrista aparecida en Pontecaldelas a partir de xaneiro de 1915. Subtitulouse “Revista mensual dedicada a los hijos de este distrito”. Editada e dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, nela incluíuse información local, biografías e curiosidades. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Landín en Pontevedra. No mesmo ano foi substituída por El Heraldo de Puente-Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir do 1 de xaneiro de 1915 en Ponte Caldelas. Cesou a súa edición en xullo de 1916. Inicialmente, saíu co título de El Explorador de Puente-Caldelas e co subtítulo de “Revista mensual dedicada a los hijos de este distrito”. Dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, incluía novas locais, biografías, poesía e artigos sobre actividades ao aire libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Impresor, redactor e administrador de El socialista (1886-1903), foi membro (1894-1899) e secretario (1899-1903) do comité nacional do PSOE. Expulsado do partido ao aceptar un traballo no Ministerio de Fomento, desenvolveu unha tarefa importante como historiador do movemento obreiro. Escribiu Jaime Vera y el socialismo (1918) e El partido socialista obrero (1918). Volveu ao PSOE en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO