"David" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. O seu interese pola arqueoloxía e as actividades subacuáticas levárono ao descubrimento da fotografía submarina. En 1938 emprendeu unha expedición a Chile e Perú onde exerceu como correspondente, fotógrafo e historiador da arte. Entre 1945 e 1956 foi reporteiro gráfico da revista Life en Corea, Indochina e Palestina. No período 1956-1959 realizou unha ampla reportaxe a cor sobre Moscova. A súa obra amósase no Los Angeles County Museum of Art, no Metropolitan Museum of Art, no Museum of Modern Art de Nova York e no Nelson-Atkins Museum of Art de Kansas City. Publicou: This is War (Isto é guerra, 1951), The Private World of Pablo Picasso (O mundo privado de Pablo Picasso, 1958) e The Kreml (O Kremlin, 1960), Self-Portrait U.S.A. (Autorretrato dos EE UU, 1969) e War Without Heroes (Guerra sen heroes, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Discípulo de Jacobsz, traballou con Pietro da Cortona en Suecia e Alemaña. Pintor oficial da corte sueca, realizou os retratos Carlos XI e Carlos XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político norteamericano. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu o desembarco aliado no N de África (1942), a campaña de Tunisia, os desembarcos de Sicilia e Italia (1943), Normandie (1944) e as operacións que levaron ao final da guerra. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1945) e comandante supremo das forzas da OTAN en Europa (1950-1952). Candidato polo Republican Party, en 1952 asumiu a presidencia dos EE UU, cargo para o que foi reelixido en 1956. Ocupou o cargo ata 1961. Encargoulle a política exterior a John Foster Dulles e en 1957 formulou a doutrina Eisenhower, que prevía a intervención norteamericana no Oriente Medio. Publicou as súas memorias da guerra en Crusade in Europe (Cruzada en Europa, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Estudiou arquitectura na Cornell University e ampliou estudios nas universidades de Columbia e Cambrigde, onde se doutorou en Filosofía. Entre 1960 e 1967 traballou con Michael Graves e, aínda que proxectou diversas vivendas, ata 1980 centrou o seu traballo no estudo teórico da arquitectura e no ensino. Foi profesor, entre outras, nas universidades de Yale, Princenton, Cambrigde, Harvard e Ohio. En 1980 estableceu un estudo de arquitectura en Nova York con Jaquelin Robertson que en 1987 pasou a denominarse Eisenman Architects. Entre as súas obras destacan o proxecto Romeo e Xulieta, galardoado co León de Ouro da Bienal de Venecia (1985); o Wexner Center da Ohio State University (1983-1989), polo que recibiu o Premio de Honor do American Institute of Architectes; o edificio Koizumi Sangyo de Toquio (1988-1990), premiado co Premio Nacional do American Institute of Architectes en 1991; a sede da Nunotani Corporation de Toquio (1990-1992); a Max Reinhardt Haus de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Estudiou teoloxía e foi pastor luterano. Colaborou con Kepler no estudo de Marte. En 1596 descubriu a primeira estrela variable denominada Mira Ceti. A partir de 1610, xunto co seu fillo, estudiou as manchas solares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Loitou na guerra de Secesión cos estados da Unión e tivo un papel destacado na conquista de New Orleans (1862) e da rexión do Mississippi. A súa fama debeuse sobre todo á conquista da baía de Mobile (1864), que constituía un importante arsenal sudista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico estadounidense. Dedicouse ao estudo dos cambios químicos que se producen nos tecidos orgánicos expostos a radiacións con gran cantidade de iodos radioactivos, das glándulas tiroides e do metabolismo dos glícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Estudiou arquitectura e ciencias exactas na Universidad Central en Madrid. Foi profesor de aritmética, xeometría práctica e elementos de construción na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1912) e catedrático de Matemáticas no Instituto Nacional de Ensino Medio da mesma cidade (1914). Dirixiu a revista Galicia Nueva e publicou traballos en revistas científicas tanto nacionais como internacionais. Foi membro da Real Academia Gallega (1925), institución da que foi secretario (1926-1936) e presidente (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou diversos cargos públicos como alcalde de Ourense (1963-1970) e presidente da Deputación (1970-1973; 1976-1979). Presidiu o consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1989-1998) e foi presidente da Federación Galega de Caixas de Aforros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Eminentemente paisaxista, as súas visións, idealizadas e sempre inquietamente plácidas, presentan a miúdo silenciosos personaxes que contemplan a inmensidade dos horizontes. A súa técnica, de acordo coa escola romántica alemana, é de pincelada minuciosa e factura tradicional. Da súa produción destaca Dolmen na neve (1807), Cruz nas montañas (1807-1808), Acantilados brancos da illa de Rügen (1818), Dous homes contemplando a lúa (1819) e Saída da lúa sobre o mar (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Pertencente ao Bloomsbury Group, publicou, entre outras obras, A Man in the Zoo (1924), The Sailor’s Return (1925), A Rabbit in the Air (1932) e A Shot in the Dark (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo británico. Seguiu a corrente realista da interpretación. Destacou o seu traballo cos personaxes de Shakespeare, autor que contribuíu a recuperar, organizando en 1769 en Stratford-upon-Avon un festival para celebrar o xubileu do dramaturgo inglés. Desde 1747 foi empresario e primeiro actor no Covent Garden e despois no Drury Lane, desde onde puxo en marcha unha fonda reforma da escena londinense que afectou á simplificación da posta en escena, á mellora da iluminación ou á ruptura cunha interpretación ampulosa e afectada. As súas obras (arredor de corenta) son sobre todo adaptacións. Con George Colman escribiu The Clandestine Marriage (1766), convertida en ópera por Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo canadense. Profesor de filosofía na University of Pittsburgh, centrou os seus estudios nas relacións entre razón e moralidade. Afirmou que a moralidade se basea no propio interese a longo prazo de cada individuo. Das súas obras destacan The logic of Leviathan: the moral and political theory of Thomas Hobbes (1969) e Morals by Agreement (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista escocés. Director do observatorio da Cidade do Cabo a partir de 1879, foi un dos primeiros en empregar o procedemento fotográfico para reproducir o aspecto do firmamento. Estableceu un sistema para calcular a distancia entre a Terra e o Sol e determinar a masa do planeta Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Foi arquitecto maior da Pomerania e traballou en Berlín para a aristocracia. O seu fillo Friedrich Gilly (Altdamm 1772-Karlsbad 1800) foi un dos iniciadores do neoclasicismo e profesor na Academia de Arquitectura de Berlín. Das súas obras destaca o proxecto do monumento a Federico II o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou como actor de teatro, guionista e dirixiu algunhas curtametraxes. Foi un dos maiores impulsores das técnicas cinematográficas, xa que inventou o primeiro plano, a montaxe paralela, o travelling e o flash-back. A principios da segunda década do s XX instalouse, xunto cun grupo de actores e técnicos, no lugar deshabitado de Holly-wood, preto de Los Angeles. Alí dedicouse a rodar películas, entre as que destacan Judith of Bethulia (1914), The Birth of a Nation (1915), America (1924), Isn’t Life Wonderful (1924), The Battle of the Sexes (1928) ou Abraham Lincoln (1930). En 1919 creou, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, a produtora independente United Artists.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político israelí. Coñecido polo nome hebreo de Ben Gurion, en 1906 estableceuse en Palestina e traballou nas primeiras cooperativas agrarias xudías. Colaborou na organización da Lexión Xudía, integrada no exército británico, en que el mesmo se alistou en 1918. Regresou a Palestina baixo o mandato británico (1918) e participou na fundación da Federación Xeral do Traballo (Histadrut) e do Partido Unido dos Traballadores (Mapai). En 1935 presidiu o comité executivo da Axencia Xudía, que actuaba como goberno da comunidade xudía en Palestina. Proclamado o Estado de Israel, foi nomeado primeiro ministro (1948-1953 e 1955-1963), cargo desde onde fomentou a inmigración xudía e o desenvolvemento das terras desérticas. En 1970 retirouse da política. Morreu nun kibbutz, onde pasou os últimos dez anos da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena inglés. Ten unha longa traxectoria vinculada a compañías como Portable Theatre, Joint Stock Theater, Nottingham Playhouse ou a institucións como o Royal Court Theatre e o National Theatre. Nos seus textos déixase sentir a influencia do cine e destacan pola axilidade e a brillantez dos diálogos, así como por un compromiso permanente coa denuncia da corrupción e da hipocrisía da orde social burguesa. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Slag (1970), England’s Ireland (1972), Teeth’n’Smiles (1975), Plenty (1978), A Map of the World (1983), Pravda (1985), Racing Demon (1990), Absence of war (1993), Skylight (1995), Amy’s View (1997) ou The Judas’s Kiss (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO