"Dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano da cidade eslovena de Koper.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro da mitoloxía grega que, xunto con Escila, impedía o paso nun estreito que debía ser atravesado por Ulises, identificado posteriormente co estreito de Mesina, entre Sicilia e Italia. Disfrazado de figueira, absorbía tres veces ao día a auga do mar e todo o que flotaba nela.
-
PERSOEIRO
Escritor grego, autor de As aventuras de Quereas e Calirroe, novela de aventuras con alusións históricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987), ampliou estudios no Archaeology Institut de Londres e foi profesor de prehistoria na Universidade de Vigo. Especializouse no estudo da ourivería castrexa e prehistórica en xeral. Colaborou, entre outros, nos libros Arqueoloxía e arte na Galicia prehistórica e romana (1995), Historia de Ourense (1996) e Nociones de tecnología y tipología en Prehistoria (1999). É autor de Os torques prehistóricos (1990), Los torques de los dioses y de los hombres (1992), The Sacred Torcs: Prehistory and Archaelogy of a Symbol (Os torques sagrados: prehistoria e arqueoloxía dun símbolo, 1998) e Trocado de Bande: arqueología de la religión en Galicia y norte de Portugal. É membro da Society of Jewellery Historians.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico. En 1766, na súa comunicación Factitious Airs (Aires facticios), estableceu a diferenza entre o dióxido de carbono (aire fixo) e o hidróxeno (aire inflamable). En 1783, nos Experiments on Air (Experimentos sobre o aire), determinou a composición da atmosfera e preveu a existencia dos gases raros. No tocante á electricidade, investigou sobre a capacidade dos condensadores e as propiedades dos condutores, e introduciu a idea de potencial eléctrico. Descubriu as calores latentes e específicas, e puxo en dúbida a teoría do calórico. Determinou a constante gravitacional, a densidade da Terra e a súa masa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, duque de Devonshire e marqués de Hartington. En 1857 ingresou na Cámara dos Comúns. Membro do Liberal Party, en 1866 foi durante algúns meses secretario de estado para a guerra. Entre 1868 e 1871 ocupou a dirección xeral de Correos e nacionalizou o sistema británico de telégrafos. Foi secretario para a India (1880-1882) e secretario de Estado (1882-1885) no goberno de William Gladstone. En 1886 opúxose á Irish Home Rule propiciada polo seu partido, separouse del e formou e dirixiu o Liberal Unionist Party. Rexeitou o cargo de primeiro ministro en 1880, 1886 e 1887, e en 1895 o de ministro de Asuntos Exteriores. Foi presidente do consello no goberno de lord Salisbury (1895-1903) e, posteriormente, no de Arthur James Balfour (1902-1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante inglés. Entre 1586 e 1588 realizou a terceira viaxe ao redor do mundo, seguindo o exemplo de Drake. Saíu de Plymouth, rodeou a Patagonia e atravesou o estreito de Magalhães; despois de saquear os establecementos españois, chegou a Filipinas e Xava, e regresou polo cabo de Boa Esperanza ao lugar de saída. Morreu ao intentar unha nova expedición.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cefalodíscidos.
-
Pterobranquio da orde dos cefalodíscidos.
-
Orde de hemicordados, da clase dos pterobranquios, que comprende individuos mariños, coloniais, hermafroditas ou de reprodución asexual. Teñen o corpo dividido en protosoma, mesosoma e metasoma, e caracterízanse pola presenza dun disco adhesivo metasomático. Destaca o xénero Cephalodiscus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Distrito Central de Negocios é o centro financeiro, empresarial e administrativo dunha gran cidade. Caracterízase polo dominio do comercio e das actividades administrativas, de xeito que os inmobles dedicados a usos terciarios representan máis do 75% do espacio, mentres que as vivendas ocupan unha porcentaxe inferior ao 25%.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CEGEBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CENEBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de hemicordados da orde dos cefalodíscidos. Os individuos deste grupo acadan entre 1 e 7 mm de lonxitude e viven reunidos en tubos xelatinosos que, con frecuencia, forman un sistema anastomosado; fíxanse ás paredes dos tubos mediante pedúnculos extensibles e sacan a súa coroa de tentáculos pola abertura daqueles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría, formulada en 1950 polo entomólogo alemán Willi Hennig, que propón a clasificación dos seres vivos segundo as relacións filoxenéticas, establecidas cara á busca de parentesco das especies nas coincidencias morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas homólogas.
-
-
Relativo ou pertencente ao cladismo.
-
Aplícase ao método que tenta establecer a filoxenia por medio de caracteres taxonómicos de cada grupo. Basea a clasificación dos organismos no feito de que os trazos compartidos por distintos individuos revelan un ordenamento xerárquico na natureza. Estes ordenamentos xerárquicos exprésanse sucintamente por medio de cladogramas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o clavicordio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno no funcionamento dos condutos ou da vesícula biliar, consistente na circulación anormal da bile cara ao duodeno. Débese a unha hipertonía ou hipotonía da vesícula biliar ou a unha hipertonía do esfínter de Oddi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: CD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañeiro de escola ou de estudios que asiste con outro ás explicacións dun mesmo mestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perturbación na proliferación da cartilaxe de crecemento, que é a causa de malformacións conxénitas.