"ELAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. Os nomes de lugar Dornelas son diminutivos de dorna, que aplicada á toponimia fai referencia a terreos con forma cóncava. Documéntase no s XIV: “Domingo Anes de Dornelas” (doc ano 1366 en Manuel Lucas Álvarez/P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 520).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Foi unha doazón de Urraca á catedral de Santiago de Compostela. De estilo románico, a súa decoración permitiu datala ao redor de 1171 por unha inscrición do testeiro da nave. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. A ábsida está abovedada e reforzada por un arco faixón de medio punto sobre columnas. O arco triunfal é dobrado e ten a mesma directriz ca o faixón, apóiase nun par de columnas entregadas, con capiteis de follas planas e volutas no extremo, aínda que no setentrional aparece unha cabeza e as patas dun ser monstruoso. No exterior, a capela compartiméntase en cinco panos por medio de catro columnas entregadas, a setentrional tapada por unha sancristía moderna. Os capiteis que as coroan son vexetais, de dúas ordes de follas e algún con figuras, aínda que a súa deterioración impide precisar o seu tema. No lenzo central, ábrese unha ventá de medio punto sobre dúas columnas, con chambrana de tres filas de escaques. A portada occidental flanquéana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal que apareceu en Pontecaldelas en 1910. Subtitulouse “Semanario independiente” e cesou o 31 de maio de 1914. De tendencia agrarista na súa primeira etapa (anos 1911 e 1912), foi voceiro caciquil na segunda. Exerceu como director Segundo Fernández Orge. Publicaba abundante literatura en castelán, especialmente poesía de autores como Valle-Inclán. Na sección “Lira gallega” reproducíronse poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Gonzalo López Abente, Aureliano X. Pereira, Fortunato Cruces, Xosé Rey González, Francisco Cabo Pastor ou Xosé Posada Rodríguez. Do mesmo xeito, publicáronse contos de autores como M. Lugrís Freire e outros asinados con pseudónimos como Chuco de Canedo, Fray Amadeo, El Cantor del Catadoiro, O Mensaxeiro das Montañas ou Xan de Ningures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda. Nace nas inmediacións da serra do Burgo, na parroquia de Pedrouzos (concello de Castro Caldelas). O seu curso adopta unha dirección SO-NL coa que penetra na parroquia de Camba. Ao chegar ao límite coa parroquia de Castro Caldelas captura o seu principal afluente, o Castoi, colector dos ríos e regos que baixan da serra das Cabanas, ao NL da conca. A partir dese punto o seu curso vira cara ao NO, para servir de límite á parroquia de San Paio de Abeleda coas de Alais (Castro Caldelas) e Abeleda (concello da Teixeira), e a esta última coa de Santa Tegra de Abeleda (Castro Caldelas). Na captura do río dos Vaos, no límite entre Lumeares e A Abeleda (xa no concello da Teixeira), vira cara ao N, na dirección que mantén ata a súa desembocadura, no encoro de Santo Estevo e, en concreto, no lugar dos Furados, no límite entre as parroquias de Fontaos (A Teixeira) e Paradelas (Castro Caldelas), despois dun percorrido duns 11 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exército Nacional Popular de Liberación creado en Grecia pola EAM a partir de 1942. Loitou contra os alemáns e despois opúxose ao goberno monárquico de Atenas. Trala súa derrota en 1949 os seus membros refuxiáronse na Europa do Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘lámina’, ‘placa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elasmobranquios.

    2. Peixe da clase dos elasmobranquios.

    3. Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso que engloba as ordes dos escualiformes, os galeiformes, os hexanquiformes, os quimeriformes, os raiformes e os torpediniformes. Tamén reciben o nome de condritios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude igual á inversa da capacidade. A súa unidade de medida é o farad-1(F-1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a hidrólise da elastina de xeito que a fai soluble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de elástico.

      1. Propiedade dos materiais que se manifesta pola desaparición das deformacións producidas por forzas exteriores de intensidade inferior a un certo límite, ao deixar de actuar sobre eles estas forzas.

      2. teoría da elasticidade

        Rama da física que estudia a mecánica dos corpos sólidos considerados como medios continuos, isto é, que estudia a relación entre as forzas que actúan sobre un corpo e a deformación que lle producen. É unha teoría microscópica, xa que se interesa só polo comportamento do conxunto das moléculas que forman o corpo ou unha parte do corpo. Hai que considerar que as forzas ou tensións internas exercidas sobre unha parte do corpo polas partes veciñas, actúan soamente na superficie daquela parte. A análise vectorial demostra que isto é posible se a forza resultante se pode considerar como a diverxencia dun tensor de segunda orde, que recibe o nome de tensor de tensións. Baixo a acción das forzas exteriores, os sólidos defórmanse, é dicir, cambian de forma e volume. Pódese atopar a distancia entre dous puntos despois da deformación, en función da posición orixinal e dun tensor de segunda orde que se chama tensor de deformación. Entre o tensor de deformación e o tensor de tensións hai unha relación...

    2. Índice que mide a variación que experimenta unha variable fronte aos cambios doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode estirar e que recupera a súa forma orixinal cando deixa de actuar sobre el a forza que o deformaba.

    2. Que se adapta con facilidade a distintas situacións ou circunstancias.

    3. Que admite diversas interpretacións.

      1. Tecido que ten elasticidade pola súa estrutura ou polas materias que o forman.

      2. Parte dunha peza de roupa que se adapta ou axusta ao corpo.

    4. Fita ou cordón de goma ou material flexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escleroproteína de propiedades elásticas que constitúe un dos tipos principais de fibras do tecido conxuntivo. É rica en glicina, alanina, valina, prolina e outros aminoácidos non polares. A elastina é especialmente abundante nos ligamentos dos vertebrados, no corazón e nas paredes dos vasos sanguíneos, onde vai asociada con mucopolisacáridos e mucoproteínas. Dixerible pola peptina e tripsina, aínda que non se converte en xelatina pola ebulición na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero constituído por cadeas que forman unha rede tridimensional e que é capaz de recuperar a súa forma inicial despois de experimentar deformacións considerables baixo a acción de forzas externas. O seu módulo de elasticidade aumenta coa temperatura, ao contrario ca os plásticos ordinarios. Poden ser de orixe natural ou sintética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha substancia que presenta comportamento elástico e plástico ao mesmo tempo. A substancia pode presentar zonas de características elásticas e zonas de características plásticas. Preséntase, polo xeral, en corpos elásticos sometidos a unha tensión superior á establecida polo seu límite elástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material que presenta elastoplasticidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución para o ensino da arte. Durante o período da Ilustración produciuse en España a academización e formalización de diversas ensinanzas técnicas e artísticas, a través da inclusión dalgunhas ensinanzas deste tipo (as escolas de debuxo) entre as actividades formativas que impulsaron desde finais do s XVIII diversas Sociedades Económicas de Amigos del País. Neste período tamén se crearon as escolas de Artes e Oficios e a Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1744), como antecedente de diversas academias provinciais de Belas Artes. A finais de 1849 creáronse novas academias provinciais, cun total de oito que se sumaban ás seis fundadas no s XVIII, correspondendo unha delas á cidade da Coruña, das que se fixeron depender respectivas escolas, posteriormente integradas nas Escolas de Artes e Oficios. A Escola da Coruña (1850-1875) ensinaba aritmética e xeometría para debuxantes, debuxo de figura e adorno, debuxo lineal e debuxo aplicado ás artes e fabricación, e modelado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de catro illotes da beira meridional da ría de Vigo, no litoral do concello de Baiona. Situadas fronte á ría de Baiona, entre Monteferro (Panxón, Nigrán) e Monte Boi (Baiona), a maior e máis oriental é a Illa Estela de Dentro, que culmina aos 29 m de altitude. Cara ao O sitúase a Illa Estela de Fóra, de só 20 m de altitude, que ten ao seu carón, máis ao O, outros dous farallóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia riestrista aparecida en Pontecaldelas a partir de xaneiro de 1915. Subtitulouse “Revista mensual dedicada a los hijos de este distrito”. Editada e dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, nela incluíuse información local, biografías e curiosidades. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Landín en Pontevedra. No mesmo ano foi substituída por El Heraldo de Puente-Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Frías. Loitou contra Napoleón e aconselloulle a Fernando VII xurar a Constitución de Cádiz. Durante o Trienio Liberal foi embaixador en Londres e membro do Consello de Estado; vencidos os liberais, exiliouse a Francia (1823-1828). Foi embaixador en París (1834) e presidente do goberno (1838). Escribiu a oda La muerte de Felipe II (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO