"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado nas instalacións de rego por aspersión que serve para esparexer, en forma de chuvia, a auga que lle chega a unha certa presión orixinada por unha instalación de bombeo ou ben por un dispositivo nun nivel máis alto. Un aspersor fixo constitúese, esencialmente, por unha embocadura que lanza o chorro cara a arriba e unha peza cónica, sobre a que incide, e que dispersa a auga en todas as direccións. Os aspersores xiratorios poden ser de rotación rápida e de rotación lenta. No aspersor xiratorio de rotación rápida, esta prodúcese pola reacción que orixina un cambio de dirección da auga; tanto estes como os fixos son aplicados só en xardinería. O aspersor xiratorio de rotación lenta permitiu a grande expansión do rego por aspersión na agricultura. Constitúese, esencialmente, dun cano, dunha lonxitude que varía entre 2 cm e 50 cm, acabado nunha embocadura que lanza a auga coa inclinación axeitada e que aproveita a enerxía da auga para facela xirar respecto a un eixe vertical....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para esparexer a auga bendita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiros Nacionais.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint Denis, Ille-de-France, Francia, na aglomeración urbana de París (67.557 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia feudal de Carniola, orixinaria do castelo do mesmo nome, que apareceu por vez primeira no 1220 con Errandus de Owersperch. Os seus membros foron grandes camarlengos (1407), mariscais hereditarios de Carniola (1643), baróns (1550) e despois condes (1630) do Sacro Imperio. En 1641 compraron o señorío de Gottschee. Dende 1653 os cabezas de familia foron Príncipes do Sacro Imperio, título que se estendeu á totalidade da familia no 1791, ano no que tamén recibiron o ducado de Gottschee. Acadaron os ducados de Münsterberg e de Frankenstein (Silesia) en 1654, territorio vendido a Prusia en 1791.
-
PERSOEIRO
Conde de Auersperg. Escritor austríaco e político liberal, máis coñecido polo pseudónimo de Anastasius Grün. É autor de poemas satíricos contra Metternich como os do seu libro Spaziergänge eines wiener Poeten (Paseos dun poeta vienés, 1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción librada simultaneamente á batalla de Jena (14 de outubro de 1806) na vila de Auerstedt, Turinxia, na que os prusianos comandados polo duque Carlos de Brunsvic foron derrotados polas forzas napoleónicas comandadas por Davout.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a diversas agrupacións escénicas de Galicia que teñen na universidade o seu ámbito privilexiado de desenvolvemento. As primeiras experiencias foron promovidas polo profesor Armando Cotarelo Valledor, promotor do Cadro Dramático da Universidade de Compostela, co que estreou diversas pezas da súa autoría entre 1922 e 1924. Na década de 1950 Rodolfo López-Veiga Ponte dirixiu diversos espectáculos a partir de textos de Arthur Miller, Samuel Beckett e Eugène Ionesco. En Galicia o movemento teatral universitario practicamente non existiu fronte ao resto do Estado, onde tivo especial relevo no nacemento do teatro independente e na loita contra a ditadura. O período de maior actividade teatral na universidade galega comezou en 1976 cando se creou unha estrutura específica de apoio e desenvolvemento da actividade teatral, baixo a coordinación do profesor Miguel Angel Gómez Segade. Esta estrutura desenvolveu actividades moi diversas ata 1981, desde a programación de ciclos de teatro á organización...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Control en diversos aparellos electrónicos e informáticos que permite volver a un punto anterior nunha gravación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Auversiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte inferior do Eoceno superior na bacía de París. Termo de valor moi local que equivalería ao Bartoniano.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Determinou o movemento orbital dos sistemas dobres de Sirio e Proción. Participou na confección da Bonner Durchmusterung, un catálogo empregado para as observacións meridianas das estrelas. Aproveitou a oposición do asteroide Victoria (1889) para facer unha determinación moi precisa da distancia ao Sol.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Caserta, na Campania, Italia (54.594 h [1996]). Foi a sede do condado de Aversa, primeira posesión dos normandos en Italia, creado no 1030 polo conde Serxio IV de Nápoles, a favor do cabaleiro Rainulfo Drengot. En 1062 formou parte do principado de Capua. En 1156 foi incorporado á coroa. En 1445 Afonso V de Aragón o Magnánimo outorgou o condado a Nicolao de Proixida, pero foi vendido polo seu fillo Xoán Francisco. Despois foi residencia dos Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Repugnancia cara a algunha cousa.
-
Repulsión violenta cara a alguén.
-
Método terapéutico que intenta acadar o aborrecemento ou simplemente a anulación dun hábito patolóxico mediante un estímulo, físico ou farmacolóxico, que produce efectos desagradables ao actuar paralelamente ou concatenadamente co obxecto do hábito a tratar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que provoca aversión.
-
PERSOEIRO
Político, xurista, educador e sociólogo. De tendencia liberal e crítico coa Restauración, en 1873 incorporouse ao partido republicano progresista de Ruiz Zorrilla. Expulsado da cátedra de Dereito Comparado en 1876, foi cofundador da Institución Libre de Enseñanza, que máis tarde dirixiría. Foi deputado de 1886 a 1916, e presidiu a conxunción republicano-socialista (1909). Nos últimos anos da súa vida pasou ao partido reformista de Melquíades Álvarez. Presidiu o Instituto de Reformas Sociais desde 1903. De entre as súas obras destaca El régimen parlamentario en la práctica (1885). É un dos fundadores da Socioloxía española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en Francia no ano 1968 e dirixido por François Truffaut. Foi interpretado por Jean Pierre Léaud, Delphine Seyrig, Claude Jade e Michel Lonsdale. Trátase dunha comedia cargada de elementos autobiográficos e cotiáns onde se produce unha identificación entre o autor e o protagonista masculino, non exenta de certa nostalxia. Antoine logra que o expulsen do exército e namórase de Christine, quen o rexeita. Despois de fracasar no traballo e sufrir unha traumática relación, atopará novamente a Christine que, desta vez, si se namorará da soidade e inocencia de Antoine.
-
CIDADES
Cidade do estado de California, nos EE UU, no extremo meridional do val de San Joaquín (174.820 h [1990]). Conta con refinerías de petróleo e industrias químicas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1988, denominada antigamente Banco de Huesca. Foi adquirido polo Hypovereinsbank o 29 de xaneiro de 2000 adoitando o nome de Banco Inversión Hypovereinsbank.