"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • GALICIA

    Deseñador gráfico, pintor e gravador. Foi xefe de estudo gráfico da axencia de publicidade AHA (1983-1986), debuxante de GRAFORSA (1987-1991), director de arte do Grupo Córcega Galicia Comunicación (1997-1998) e de Edicións Espiral Maior (1998-2002). Realizou traballos gráficos para a Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, concellos da Coruña e Sada, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Trofeo Teresa Herrera e diversas empresas coruñesas. Colaborou en Aetinape (1986-1996), La Voz de Galicia (1998-1999) e Obradoiro (1995-2000). No eido da pintura e do gravado, inclinouse pola abstracción aínda que tamén traballou a figuración deformada. As súas composicións caracterizáronse pola cor e o grafismo xestual con trazos fortes e vigorosos. Foi membro fundador dos grupos GALREXO (1974) e Galicia Estudio (1978). Realizou, entre outras, as carpetas de gravados Ortigas da memoria, con poemas de C. Sánchez (1984), Mulleres (1987) e participou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, membro da liñaxe dos Sousa, fillo de Garcia Mendiz d’Eixo e irmán do conde Gonçalo Garcia. Debeu nacer a comezos do s XIII. Ata 1247 -ano en que se atopa na Beira apoiando o conde de Boloña e desafiando a Martin Gil de Soverosa, partidario de Sancho II- é probable que se ausentase de Portugal e frecuentase a corte castelá nos tempos de Fernando III. Sendo Rei Afonso III, ocupou o cargo de tenente de Maia e morreu arredor do 1251. Autor de vinte composicións -ningunha delas recollida no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-, desenvolveu a súa actividade poética cara ao segundo cuarto do s XIII; escribiu dezaoito cantigas de amor e dúas de escarnio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Foi un dos mestres de Ferreirim. A súa obra caracterizouse polo decorativismo e polas formas gótico-manuelinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval, mariño e político. Como enxeñeiro traballou en Bazán (1970-1983) e dirixiu os estaleiros Astafersa (Astilleros y Talleres Ferrolanos SA, 1986-1990) e a oficina técnica naval Prior. No eido deportivo, ocupou a presidencia do Club Baloncesto OAR (1960-1994) e foi fundador e presidente da Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB). Deputado pola Coruña no Parlamento galego na III e en parte da IV lexislaturas (1990-1995) polo Partido Popular, foi nomeado conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, cargo desde o que traballou na posta en marcha dos plans de electrificación rural, telefonía rural, residuos industriais, gasificación e o plan eólico. En 1995 fundou Independentes por Ferrol, formación pola que foi elixido concelleiro de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Reposteiro. Foi o creador da Casa Rei das Tartas de Mondoñedo, de gran sona pola calidade dos seus produtos. Obtivo numerosas distincións e condecoracións, entre as que cómpre destacar a Medalla al Mérito Turístico (1977), o premio Monsieur Maitre Rotisseur (1981), Gallego Ilustre (1986) e Fillo Predilecto de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Doutor en Dereito e en Filosofía, estudiou economía agrícola e socioloxía e realizou un master en Legal Institutions na University of Wisconsin. Foi delegado consular de España no estado de Mérida (Venezuela), profesor titular e xefe da cátedra de Dereito Agrario na Universidad de los Andes e profesor de dereito mercantil na Universidade de Vigo. Preside a asociación Amigos da Universidade de Vigo, da que foi fundador. Colaborou en Foro Galego ou Cuadernos para el Diálogo. Entre outras obras coordinou Universidade e Sociedade (1999) e escribiu Autonomía, agricultura e desenrolo de Galicia (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e micólogo. Iniciouse na entomoloxía. O comezo da Guerra Civil supuxo un freo na súa traxectoria. En 1950, da man de Fermín Bescansa, centrou as súas observacións na botánica e na micoloxía. Logo dunha vida como investigador autodidacta, comezou en 1965 a carreira de Bioloxía. Entre 1977 e 1982 investigou e impartiu clases nos departamentos de Botánica das facultades de Bioloxía e Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (1980-1986). Dedicouse á investigación e á divulgación dos fungos e plantas de Galicia. Destacan os artigos científicos “Nueva especie del género Amanita: A. porrinensis” (1987) e “Gyroporus ammophilus, a new poisonous bolete from the Iberian Peninsula” (Gyroporus ammophilus, unha nova especie de fungo velenoso da Península Ibérica, 1995). Publicou numerosas guías de campo como a Guía das árbores de Galicia (1989) e a Guía das setas ou cogumelos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Da súa produción destaca El enigma del camino de Santiago (1977), El enigma de Colón (1980), Leyendas gallegas (1980), Tesoros templarios, secretos masones (1981) e Con Ferrandis hemos topado (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. As súas obras caracterízanse pola gama cromática cálida e intensa, polos grandes planos de cor e pola gran luminosidade. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, no Salon de l’Art Libre no Palais de Beuax-Arts (París, 1966) e no VII Certame de Pintura Concello de Cambre (1990). Recibiu, entre outros galardóns, a segunda medalla no Certame de Pintura Bello Piñeiro (Ferrol, 1961) e o terceiro premio de debuxo (1988) do Certamen de Pintura Profesor Camilo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou dereito e filosofía, ingresou no corpo diplomático e foi cónsul en Riga (1898). Colaborador no xornal El Defensor de Granada, publicou Granada la bella (1896), Idearium español (1897), La conquista del reino Maya por el último conquistador español, Pío Cid (1897) e Los trabajos del infatigable creador Pío Cid (1898). Postumamente, editáronse El escultor de su alma (1904), a correspondencia con Miguel de Unamuno recollida en El porvenir de España (1905), Epistolario (1904), Cartas finlandesas (1905), Hombres del Norte (1905) e España filosófica contemporánea y otros trabajos (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antigo antropónimo prerromano, de orixe descoñecida, que se estendeu a todos os romances hispánicos; segundo algúns investigadores procede da voz vasco-ibera Artz ‘oso’. Moi frecuente na época medieval como nome persoal, subsistiu ao proceso de castelanización ao se converter en apelido, ben coa forma Garcés ou Garciaz. A súa festividade celébrase o 26 ou 29 de setembro.

    2. Liñaxe que se estendeu por toda a Península e pasou a América. En Galicia estableceuse en lugares como Nogueira de Ramuín, Sobradelo, Meira, Mondoñedo, Alfoz, Ribadeo, Boimorto, Betanzos ou Monterrei. Entre as moitas variantes de escudos de armas que se recollen para este apelido cómpre salientar: 1) en campo de prata, unha garza de sable, ferida de goles no peito; bordo de azul, con oito aspas de ouro; 2) en campo de azul, unha garza de ouro, en pé, coas ás abertas, mostrando o peito ferido de goles; 3) en campo de prata, unha garza de sable; bordo de goles, co lema “De García arriba nadie diga”, en letras de ouro; 4) en campo de prata, seis pombas pousadas, de azul, picadas e membradas, de ouro; 5) en campo de ouro, unha árbore de sinople e dunha das súas pólas pendura, no flanco destro, unha celada con plumas de azul, goles e sable; sobre a copa da árbore, unha garza ao natural; 6) en campo de azul, unha garza de ouro coas ás abertas e mostrando o peito fendido e ferido; bordo de ouro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador e primeiro abade do mosteiro de Oseira. Mencionase no documento polo que Afonso VII concede o territorio do mosteiro en 1137. Tres anos despois pediu o ingreso do mosteiro na orde de san Bernaldo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero e escritor. Da súa produción destacan Clamores del Divino Pastor a las ovejas descarriadas, o sea Lecciones de Jesucristo a los pecadores olvidados de su salvación (1861), El Tesoro de los labradores: o sea avisos muy útiles a los mismos para lograr abundantes cosechas y una vida larga y dichosa (1865), La más divina de las obras divinas, o sea, la obra de la Santa Infancia (1873) e a póstuma Hojas sueltas (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro, cine e dobraxe. Iniciou a súa actividade teatral en Vigo e participou na creación, en 1978, da Sala Carral, onde ademais da exhibición de espectáculos se programaban outras actividades como cursos de formación, conferencias e debates. Logo participou no espectáculo da Compañía Luís Seoane, As criadas (1980, a partir do texto de J. Genet con dirección de Manuel Lourenzo), e entre 1981 e 1986 traballou como actriz e produtora en Portugal, con grupos como o Teatro Universitário do Porto, o Teatro Experimental do Porto e Os Comediantes. De volta a Galicia traballou en espectáculos realizados pola Compañía Mari-Gaila (Acto Cultural, 1982), Centro Dramático Galego (A noite vai coma un río, 1986), O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, 1987) ou con Teatro da Lúa (Mullieribus, 1988). En 1989 funda, con Gustavo Pernas Cora, Áncora Producións, na que vén traballando como actriz (O galego, a mulata e o negro en 1990, Ladraremos en 1995, Fábula en 1996 e Anatomía dun hipocondríaco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Catedrático de Composición e Formas Musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid dende 1974, ten unha ampla obra sinfónica e abrangue a maioría das formas musicais. Da súa produción destaca Jacara, Hemeroscopium, Celebidachiana, Don Juan, Cántico de “La Pietà”, ademais de numerosos concertos e música de cámara. Membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1982 e da Academia de las Bellas y Nobles Artes de San Luis de Zaragoza, foi Premio Nacional de Música (1993), Premio Fundación Guerrero de Música Española (1993) e recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro al Mérito de Bellas Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e escritor. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou nas publicacións El Globo, Blanco y Negro, La Esfera, El Noroeste e El Diario de Marina. Da súa produción destacan De vita et moribus. Solaces literarios (1913), El regionalismo (1918), La Mariñana (1923), Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica (1924) e Conquista y evangelización de la Nueva Galicia (1932). Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.

    VER O DETALLE DO TERMO