"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

    1. Que pertence á familia das apocináceas.

    2. Planta da familia das apocináceas.

    3. Familia de arbustos ou herbáceas integrada por uns 180 xéneros que comprenden unhas 1.500 especies, a maioría delas son de distribución intertropical. Son empregadas como ornamentais e como produtoras de látex, que é velenoso no caso da cangroia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao apocito, que ten a calidade de apocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula non animal con diversos núcleos que proceden da división dun núcleo inicial único. Cada núcleo centra a actividade dunha porción do citoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1920 subtitulado “Órgano de la Sociedad Patronal y defensor del Comercio y de la Industria”. Mantivo numerosas polémicas con xornais republicanos, agraristas e socialistas deses anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partenoxénese que orixina exclusivamente machos, que ten lugar por exemplo nas abellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de asociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser asociado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Aparición dun artefacto vinculado a outros restos arqueolóxicos, xeralmente no mesmo nivel.

      1. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais; normalmente posúe un certo número de especies características. Unha asociación ben representada en Galicia é a correspondente a carballeiras acidófilas colinas denominadas como Rusco aculeati-Quercetum roboris.

      2. En diversas escolas xeobotánicas, diferentes á sigmatista, unidade de significación diversa, empregada no estudo da vexetación.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común; neste concepto compréndense todas as manifestacións do fenómeno asociativo (sociedades, sindicatos, etc). As asociacións son grupos que existen para acadar uns propósitos específicos, seguindo un sistema explícito de normas que determinan claramente a conduta de cada individuo. Socioloxicamente a asociación é unha das formas esenciais da estruturación dos grupos humanos. Úsase a palabra alemá Gesellschaft para denotar o sentido sociolóxico do termo. A forma de sociabilidade oposta á asociación é a comunidade (Gemeinschaft). Esta distinción foi proposta por Ferdinand Tönnies. Na antiga Roma, durante a república, existiu unha ampla liberdade de asociación. Constituíu un precedente excepcional posto que o dereito de asociación é unha conquista moi recente. Con todo, hai que recoñecer a importancia, en Europa, do corporativismo profesional dos tempos medievais, que a miúdo deu lugar a agrupacións ou...

    4. Unha agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas. Os seus membros -socios- teñen uns dereitos e unhas obrigas mutuas ante a asociación, fixadas polos estatutos e que poden ser legalmente esixidas. Son gobernadas por unha asemblea de socios, unha xunta directiva e por un presidente, as facultades do cal están fixadas pola lei e polos estatutos sociais.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente. Son tipos de asociación a simbiose, o mutualismo, o comensalismo, o parasitismo, etc.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia. Este fenómeno pode observarse en disolucións, en líquidos puros e en vapores e detéctase polos métodos correntes de determinación de pesos moleculares, xa que as moléculas asociadas compórtanse como unidades de peso molecular múltiple. A existencia de asociacións intermoleculares por enlace de hidróxeno causa que as substancias asociadas presenten valores anormalmente altos para algunhas das súas propiedades (puntos de fusión, de ebulición, constantes dieléctricas, etc) e presións de vapor anormalmente baixas. Son claros exemplos substancias como a auga, o amoníaco, os alcohois, os ácidos carboxílicos, etc. Tamén existe o fenómeno de asociación intramolecular por enlace de hidróxeno, é dicir, a formación deste enlace entre átomos dunha mesma molécula. Neste caso, sen embargo, non se producen desviacións nos valores esperados das propiedades físicas...

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1989 por Ramón Bouzas Lorenzo. Presidida por Faustino Gómez Rodríguez, desenvolve diversas actividades de ensino e investigación, co obxecto de fomentar a afección non profesional á Astronomía. Dende a súa creación a asociación desenvolve proxectos en colaboración con diversas entidades como: a Liga Iberoamericana de Astronomía (Liada), a Casa das Ciencias da Coruña, a Facultade de Física da Universidade de Santiago, a Asociación Astronómica Ramón Mª Aller (Vila de Cruces), o Concello de Santiago de Compostela e outras asociacións veciñais dos arredores. Con frecuencia convoca cursos elementais de Astronomía e organiza seminarios para afeccionados afondando nos diferentes eidos desta ciencia (observación solar, lunar, satélites e planetas do sistema solar, cometas e asteroides, ceo profundo, astrofotografía, novidades de astronaútica, etc). Ademais, proporciona información continua sobre as efemérides necesarias para a observación de fenómenos destacados e organiza actividades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica de ámbito estatal, fundada en Madrid a finais do ano 1908. Co remate do século XIX vaise producir un cambio crucial na orientación social e política do Catolicismo europeo, debido á publicación da encíclica Rerum Novarum (1891). León XIII estableceu nela as bases para unha maior penetración do movemento socio-político católico na sociedade, na busca dunha resposta que solucionase a inexistencia dun partido católico que defendese os seus intereses ante a nova organización dos Estados liberais (de tendencia aconfesional), e que se traduce nunha perda sistemática do protagonismo da igrexa. Neste contexto nacía a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP), que participou plenamente na nova organización institucional e administrativa do novo Estado liberal español. A ACNP foi concibida como unha organización de pouco, pero escollido número de integrantes, e caracterizada como unha elite ao servizo do movemento católico español. O seu obxectivo fundamental...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coro con cadro escénico creado en Bos Aires en 1915, paralelamente á Agrupación Cultural Gallega (1913). O seu primeiro presidente foi Xoán Díez Miranda. Sendo presidente Domingo Rial Seijo integrouse na Casa de Galicia en 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en Santiago de Compostela en 1985 co nome de Asociación de Actores de Galicia. Está presidida por Mabel Rivera e integrada ademais por Gonzalo Uriarte, o seu primeiro presidente, Vicente Montoto, Lino Braxe, Casilda García, Xosé A. Porto Josito, Avelino González, Celso Parada e Cándido Pazó. Se a creación en 1984 do Centro Dramático Galego supuxo o recoñecemento institucional da actividade teatral e dos oficios teatrais propios da realización e da produción teatral, coa posta en marcha de asociacións sectoriais iniciouse un longo período de traballo na procura do recoñecemento e da lexitimación social e profesional dos traballadores da escena. A asociación desenvolve actividades moi diversas, desde aquelas orientadas á defensa dos dereitos profesionais dos seus asociados ou á promoción de melloras no exercicio profesional, ata a organización dun importante número de cursos de formación e reciclaxe, en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra a maioría das axencias relacionadas co márketing directo coa intención de ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, promover conferencias e cursos de formación, e aunar a defensa dos seus intereses dentro do mundo do márketing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada no ano 1952 por un grupo de afeccionados, apoiados polo concello da Coruña, co fin de coordinar e dar continuidade ás representacións de ópera. É a primeira asociación de España no seu xénero. Iniciou as súas actividades co I Festival de Ópera (1953). O seu presidente ata 1998 foi Cristino Álvarez Hernández ata 1998. En 1999 foi elixido presidente Antonio Vasco Pardavila. Organiza concertos, conferencias, exposicicións e programas didácticos para colexios. Polos seus festivais e concertos pasaron moitas das grandes figuras do mundo operístico (Teresa Berganza, Montserrat Caballé, Piero Capucilli, Alfredo Kraus, Bianca Berini, Carlo Bergonzi e Leo Nuci). Representaron, entre outras, as óperas Il Trovatore (O Trobador) e Tosca e I Pagliacci (Os Pallasos).

    VER O DETALLE DO TERMO