"RAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado da Alemaña setentrional que se estendía entre o río Aller e o Leine, e desde os contrafortes do macizo do Harz ata o río Fuhse; comprendía, ademais, un territorio illado no val do alto Weser, á beira de Holzminden. A capital era Braunschweig. Formou parte dos dominios güelfos en Saxonia. En 1180, cando Federico Barbarrubia desmembrou o ducado de Saxonia, Enrique o León, iniciador da casa de Brunswick, conservou Braunschweig e Lüneburg. O seu neto, Otón I (1204-1252), dividiu o Imperio entre os seus fillos: a Xoán correspondeulle Lüneburg e a Alberte Braunschweig. A inicios do s XVIII, as dúas pólas máis importantes foron as de Lüneburg-Celle, chamada Hannover, e a de Brunswick-Wolfenbüttel. Incluído en 1807 dentro do Reino de Westfalia e incorporado en 1814 á Confederación Xermánica, no ano 1866 pasou a formar parte da Confederación de Alemaña do Norte e, en 1871, do Imperio Alemán. Cando rematou a Primeira Guerra Mundial converteuse nun land da República...
-
GALICIA
Avogado e político conservador e conde de Bugallal. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde representou dende 1886 o distrito de Ponteareas e outros distritos da provincia de Ourense (Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia e Ourense) nas Cortes. Ocupou os cargos de oficial da subsecretaría de Gracia e Xustiza, gobernador civil de Granada, director xeral de Administración Local, director xeral do Tesouro e fiscal do Tribunal do Contencioso e do Tribunal Supremo. Foi ministro de Instrución Pública en 1902, de Facenda en 1913, 1917 e 1919, de Gracia e Xustiza en 1920, da Gobernación tamén en 1920 e de Economía en 1931; ademais, tralo asasinato de Dato, ocupou a xefatura do goberno de xeito interino en 1921. Foi presidente do Congreso dos Deputados, do Consello de Ministros e xefe do partido liberal-conservador. Así mesmo, foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Fundou xornais políticos e publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto, xeralmente con forma de rostro, que se coloca na cara para tapala e non ser recoñecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).
-
PERSOEIRO
Político. Foi deputado na Federación Centroamericana (1838-1842), fiscal (1830) e presidente da Corte Suprema de Xustiza. En 1835 converteuse en presidente de Costa Rica e situou a capital do país de forma definitiva en San José. En 1838 deu un golpe de estado e separou Costa Rica da Federación Centroamericana. En 1841, logo de derrogar a Constitución de 1825, ditou a Lei de Bases e Garantías, pola que se nomeaba ditador vitalicio. Deposto en 1842, exiliouse en El Salvador, onde se dedicou á explotación mineira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e investigador. É autor dunha extensa obra sobre diversos aspectos da historia literaria e teatral. Da súa produción destacan as obras Teoría del teatro (1961) e Teorías sobre el texto dramático (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, un castelo de prata, cunha doncela ao natural asomada á torre da homenaxe; en xefe, tres flores de lis de ouro.
-
GALICIA
Guerrilleiro republicano. Fillo de galegos emigrados a Arxentina, foi coñecido como O Arxentino. Permaneceu agochado ata o ano 1943, cando entrou na loita integrado no PCE. Formou parte da II Agrupación e, coa chegada de novos enlaces dende A Coruña, acadou a función de responsable político. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar cubano. Participou co seu irmán Fidel no asalto ao cuartel de Moncada, polo que foi capturado e condenado a trece anos de prisión. Tras ser amnistiado, exiliouse en México. Desde 1956 participou na loita de guerrillas en Sierra Maestra e tralo triunfo da revolución cubana, foi nomeado ministro das Forzas Armadas Revolucionarias en 1959. Accedeu ao cargo de vicepresidente do Consello de Ministros e segundo secretario xeral do Partido Comunista Cubano en 1976. Desde o ano 1980, desempeñou tarefas de supervisión con Fidel nos ministerios de Defensa, Interior, Cultura e Saúde Pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Nordrhein-Westfalen, Alemaña, no sector oriental da conca do Ruhr, á beira do río Emscher (78.600 h [1990]). A cidade está formada pola unión de dous núcleos, Castrop e Rauxel, creados para a explotación das minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Machada de pedra pulida prehistórica que se cría que proviña da caída dun raio. Este termo cuñárono os científicos do Renacemento e estivo en vigor ata o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘raio’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación supersticiosa a través da observación das tempestades.
-
-
Relativo ou pertencente a Caesaraugusta (actual Zaragoza) ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Caesaraugusta.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela, 6 km despois de Puente la Reina (454 h [1996]). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de San Román e, sobre todo, restos da antiga calzada romana de Traxano, cunha ponte dun só arco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que dá o valor da aceleración da gravidade g nun punto de latitude φ. A expresión teórica é g=ge[1+(5ω2a/2ge-e)sen2φ], onde ge é o valor da gravidade no ecuador, a é o semieixe maior ecuatorial da elipsoide de referencia, e é a súa elipticidade e ω é a velocidade angular da Terra. O valor numérico dáse tomando como elipsoide de referencia un achatamento 1/297.