"UIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 213.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno provocado pola conexión voluntaria ou accidental de dous puntos dun circuíto, entre os que hai unha diferenza de potencial, mediante un condutor de impedancia moi pequena. Caracterízase polo paso dunha corrente de intensidade moi elevada a través do condutor, que produce unha gran cantidade de calor. Para protexerse contra os curtocircuítos empréganse diversos dispositivos, coma fusibles, disxuntores ou relés térmicos.
-
-
Compensar algunha cousa a alguén por unha perda sufrida ou por unha situación de desfavorecemento.
-
Proporcionarse unha persoa unha vantaxe ou satisfacción que lle compense un dano, unha molestia ou unha situación de desfavorecemento.
-
Tomar vinganza contra alguén por unha ofensa ou un prexuízo recibido.
-
-
-
Acción de desquitar ou desquitarse.
-
Oportunidade que se lle dá a alguén para resarcirse dunha ofensa ou dano recibido, especialmente en xogos ou deportes.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos diaguitas.
-
Individuo do pobo diaguita.
-
Pobo amerindio que viviu no NO de Arxentina, nas provincias de Catamarca e La Rioja e tamén en Chile, entre os ríos Copiapó e Choapa dende o s X. Vivían agrupados en pequenas aldeas, en construcións de barro, palla, canas e madeiras. Cultivaban millo, quínoa, papas, porotos e zapallos, ademais de algodón, que empregaban para os seus vestidos. Complementaban a súa dieta alimenticia con produtos derivados do pastoreo de rabaños de llamas e alpacas, como a carne, e aproveitaban con diversas finalidades a la, os tendóns e os ósos. Ademais, igual ca os pobos que vivían máis ao N, empregaban balsas de coiro de lobo que lles permitiron desenvolver a pesca no mar. Despois da invasión dos incas, cara ao 1470, a cultura diaguita sufriu unha fonda transformación que se reflectiu na cerámica e na metalurxia. A chegada dos conquistadores europeos ao seu territorio en 1540, dirixidos por Diego de Rojas, orixinou a súa desaparición. Entre os elementos conservados destacan os orixinais modelos cerámicos,...
-
Lingua pertencente ao phylum amerindio que falaba o pobo diaguita. Desapareceu no s XVII ao impoñerse o quechua. Tamén se denomina cacán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Sarria e Monforte de Lemos. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, de ouro, cunha banda de goles engulida nunhas bocas de dragóns de sinople, con catro follas de figueira, dúas no alto e dúas no baixo; segunda partición, de sinople, cun castelo sobre unhas ondas de mar, de azul e prata, e dúas sereas arrimadas a ambos os flancos do castelo; bordo de ouro, con catro follas de figueira alternando con outras tantas cruces planas de goles. Outra variante leva en campo de ouro, unha árbore de sinople, no flanco destro, cun lobo pasante, de sable, detrás da árbore; e unha torre coa súa homenaxe no flanco sinistro, sobre un terrazo de sinople, cun regato que brota ao pé da árbore.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e economista. Empregado polo goberno francés, tentou medir a xustificación que tiña para os consumidores o financiamento das obras públicas, nunha primeira aproximación á análise de custo-beneficio. Foi o primeiro en utilizar unha curva da demanda e elaborar o concepto de excedente do consumidor. Entre os seus escritos destacan De la mesure de l’utilité des Travaux Publics (Medida da utilidade das obras públicas, 1844) e Liberté comerciale (Liberdade comercial, 1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coleccionista e crítico de arte francés. Foi autor, entre outras obras, de Manuel de l’Amateur d’Estampes (Manual do afeccionado ás estampas, 1881) e L’oeuvre complet de Rembrandt (A obra completa de Rembrandt, 1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arranxarse alguén con moito esmero e coidado empregando vestimentas e adornos elegantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de montar a cabalo. A técnica baséase tanto en saber montar e baixar do cabalo como en conducilo ben segundo os diferentes tipos de marchas (ó paso, ao trote, ao galope, etc) na dirección que o xinete pretende seguir. As normas que estableceron as bases da equitación moderna codificáronse no s XVIII na academia de La Guerinière. Na equitación coexisten dúas correntes básicas: unha, que corresponde á alta escola, practícase preferentemente en picadeiros ou en pistas e fundaméntase nun dominio rigoroso do xinete sobre o cabalo; a outra, chamada natural, exercítase no campo e baséase en deixar liberdade de movementos ao cabalo e en dirixilo habilmente coas rendas. A equitación é a base da especialidade deportiva denominada hípica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se extrae da cortiza dalgunhas árbores do xénero Alstonia. De acción semellante á do curare, emprégase como febrífugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla dobrada ao longo do seu nervio central, que envolve as follas do gromo máis novas ca ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten equidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que designa no Reino Unido o conxunto de normas establecidas e aplicadas na xurisdición do chanceler, a partir do s XVI, para completar e revisar a common law, insuficiente e pouco flexible. Caracterízase polo tratamento do caso individual e ten en conta principios de xustiza natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de arquitectura pertencente á Universidade da Coruña. Situada no campus da Zapateira, trátase da única escola de arquitectura de Galicia. Creada ao abeiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por decreto do 17 de agosto de 1973, inaugurouse en 1975. Ao edificio creado coa fundación da escola, uniuse unha segunda construción que acolle os departamentos e os estudios de terceiro ciclo. A dirección do centro correspóndelle á Xunta da Escola e ao Equipo de Dirección. Os estudios baséanse no plano de 1995 que estableceu tres especialidades, Tecnoloxía, Teoría e Deseño e Urbanismo, para acadar o título de arquitecto. Dispón de biblioteca, con hemeroteca e mediateca; laboratorio de deseño asistido; biblioteca de materiais; laboratorio de materiais; laboratorio de medios audiovisuais; laboratorio de fotografía; e taller de maquetas. Mantén convenios coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia para a elaboración do inventario do patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de arquitectura pertencente á Universidad de Madrid. A súa orixe vincúlase aos estudios que se daban na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Trala reforma educativa de 1844, estes estudios desenvolvéronse na Escuela de Nobles Artes (1845) e en 1848 creouse a Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, a primeira que funcionou en España. Dende 1936 a escola ocupa a sede na Ciudad Universitaria. Entre outros arquitectos galegos formáronse nela A. Álex Reylén, F. Castro Represas, J. A. Corrales, A. Fernández-Albalat, J. M. Gallego Jorreto, P. de Llano, I. Seara e A. de la Sota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
GALICIA
Músico. Comezou os seus estudios musicais na Escola de Música de Sober (1975) e continuounos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde obtivo o título de profesor de clarinete e o diploma elemental de óboe. Os estudios superiores realizounos no Conservatorio de Vigo. Foi profesor no Conservatorio de Música de Ribadavia, onde creou e dirixiu unha banda xuvenil de música. Posteriormente deu clases no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde dirixiu a banda dese centro, e foi profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, clarinetista da Banda Municipal de Ourense e director da Banda e da Escola de Música de Sober dende 1997, onde tamén creou a Banda Xuvenil de Música. Concelleiro de cultura de Sober, e cofundador da Feira do Viño de Amandi (1981), publicou diversos artigos en xornais e revistas sobre a música de banda e compositores para banda, e a antoloxía poética Poemas a Laura (2002).
VER O DETALLE DO TERMO