"Ural" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 152.

  • Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao raio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido que deriva do furano. É un líquido incoloro pouco soluble en auga. Obtense por dixestión con ácido e destilación de residuos vexetais ricos en pentosas como os do millo ou do arroz. Emprégase como disolvente para pinturas e vernices e na fabricación de resinas sintéticas (resinas furánicas), desinfectantes e desodorizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de servicios enerxéticos que centrou a súa actividade no aprovisionamento, comercialización e distribución de gas natural en España e Latinoamérica. Creouse en 1991 coa fusión de Catalana de Gas, Gas Madrid e os activos de gas canalizado de Repsol Butano. Posteriormente adquiriu ENAGAS e en 1992 iniciou a actividade en Arxentina. En 1996 entrou en funcionamento o gasoduto Magreb-Europa que conectou a Península Ibérica cos xacementos africanos e impulsou a extensión do gas natural polo resto de España. En 1997 a compañía iniciou a súa actividade en Brasil, Colombia e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á garganta.

    2. Que se produce na garganta.

    3. velar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á inauguración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á infraestrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás estruturas ou órganos situados entre as pleuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado na parede dun órgano baleiro ou dunha cavidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa do macizo de Manzaneda. Esténdese en dirección NO-SL polas parroquias de Requeixo   (Chandrexa de Queixa), Pradoalbar, San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). Erguidos sobre unha litoloxía alternante de cuarcitas, granitos, xistos e lousa, presentan testemuños de actividade glaciar cuaternaria. Cunha altitude media superior aos 1.500 m, culmina nos 1.705 m do Seixo, no extremo setentrional da unidade. Polo seu interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico, foron declarados Parque Natural o 5 de xuño de 1997. Os queirogais nas abas, os bosques de ribeira e os soutos nas beiras dos ríos e os pasteiros nos cumios, forman, xunto coas plantacións de piñeirais, a cobertura vexetal deste espacio, situado no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. En época romana houbo explotacións auríferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Sverdlovsk, Rusia, situada na beira esquerda do río Iset’ (194.000 h [1997]). As principais actividades económicas son as fábricas de aluminio, de tubos e as metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación situada en Lugo, de planta cuadrangular e cos ángulos suavizados, que ocupa unha zona de terreo topograficamente irregular cunha superficie de 34,4 Ha, e ten un perímetro polo seu camiño de ronda de 2.117 m. Formaba parte dun sistema defensivo completo integrado por un foso, a propia muralla e o intervallum. Os materiais empregados na súa construción foron laxes de lousa e bloques de granito, cun núcleo de morteiro fabricado con terra, pedra solta e cantos, cementado con auga, cun espesor medio de 4,20 m, unha altura que oscila entre os 8 e os 12 m pola súa parte exterior, e cunha lonxitude dos lenzos entre os cubos que oscila entre os 8,80 e 9,80 m ata os 15,90 e 16,40 m. Na súa orixe debeu contar con 85 ou 86 torres, depende da fonte, pero só se conservan 71 cubos, 60 de planta circular e 11 cuadrangulares. Conta con dez portas, cinco de época romana: a Porta Miñá que comunicaba con Iria Flavia (Padrón) e a Porta Falsa, que enlazaba co camiño para Lucus Asturum...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de notación que se utilizaba nas orixes da música polifónica (finais do s XII e comezos do s XIII), que permitía definir moi precisamente a relación de valor entre unha nota e outra.

    VER O DETALLE DO TERMO