"Uria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 180.
-
-
Relativo ou pertencente á curia, especialmente á romana.
-
Membro da curia municipal que se ocupaba da recadación dos impostos e que tiña a obriga de responder deles cos seus fondos no Imperio Romano. Normalmente, exercían este cargo os cidadáns acomodados polos beneficios que podían acadar, pero a partir do s II o cargo converteuse en hereditario e, baixo o goberno de Diocleciano, fíxose obrigatorio. Desapareceu no s IV, como un síntoma máis da decadencia da vida urbana romana.
-
Persoa que pola súa profesión intervén na administración de xustiza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é propio da curia ou dos curiais.
-
-
Unidade táctica do exército romano formada por dez soldados de cabalería e dirixida por un decurión.
-
División da asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formada polos decurións.
-
Grupo aproximado de dez alumnos asignados a un decurión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudiante, no antigo ensino de gramática, que estaba a cargo dun decurión ou formaba parte dunha decuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión difícil ou dolorosa ao expulsar os ouriños.
-
PERSOEIRO
Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ferramenta’.
-
PERSOEIRO
Actriz. En 1947 ingresou na compañía infantil do Teatre Romea de Barcelona, e en 1950 pasou á adulta. En 1954 comezou a súa carreira profesional coa interpretación de Medea, de Eurípides. Fundou unha compañía co seu marido en 1959 e estreou Gigí, de Colette. Interpretou a partir dese ano moitas obras, entre as que destacan A boa persoa de Sezuan, de Bretch (1966), as traducións castelás de Huis clos e La putain respecteuse, de Sartre (1969), Yerma, de García Lorca (1972), Divinas Palabras, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1976), Doña Rosita o el lenguaje de las flores, de García Lorca (1981), A tempestade, de W. Shakespeare (1982), ou Salomé, de Oscar Wilde. Compartiu, con José Luis Gómez e Ramón Tamayo, a dirección do Centro Dramático Nacional (1979-1981). En 1986 debutou como directora en Londres, coa montaxe de La casa de Bernarda Alba. Destacou a súa actividade no campo da ópera, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mición lenta e dolorosa ocasinada polo espasmo da uretra ou da vexiga.
-
REXIÓNS
Rexión histórica comprendida entre os ríos Arno e Tíber e o Mar Tirreno, habitada polo pobo etrusco entre os ss VIII a C e I a C. Entre as súas poboacións destacaron na costa Caere, Populonia, Rusellae, Tarquinia, Veyes, Vetulonia, Volaterrae e Vulci, mentres que no interior se estendían as cidades máis novas, como Arretium, Clusium, Cortona e Perusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe troiano, protagonista dun episodio do canto IX da Eneida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva na que existe unha alteración do metabolismo do aminoácido fenilalanina, que se debe a unha ausencia ou a unha deficiencia do enzima fenilalanina-hidroxilase, que determina unha acumulación de fenilalanina e dalgúns dos seus metabolitos nas células, no plasma e nos ouriños. A acumulación destas substancias nas células cerebrais dos nenos afectados provoca convulsións, vómitos, irritabilidade e atraso mental severo. Unha proba de laboratorio permite obter a diagnose no neonato e posibilita a instauración dunha dieta pobre en fenilalanina, que evita a aparición dos síntomas da enfermidade. Nos últimos anos, as sondas xenéticas permiten tanto o diagnóstico dos enfermos coma dos portadores. A enfermidade dáse en individuos homocigotos para o alelo recesivo defectuoso, onde os proxenitores son portadores heterocigotos do alelo. Tamén se denomina síndrome de Fölling, en recoñecemento a Ivar Asbjörn Fölling, médico noruegués que a describiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fibrina ou fibrinóxeno polos ouriños, fóra de calquera hematuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fosfatos polos ouriños en maior cantidade do normal.
-
-
Enfado moi exaltado.
-
iolencia e agresividade coa que se produce algo.
-
Ímpeto con que que algo se leva a cabo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza popular de orixe checa, rápida e con cambios de ritmo reiterados (2/4 a 3/4 e viceversa). Smetana e Dvořák introducírona na música culta europea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindades infernais romanas en que se personificaban a vinganza e os remordementos. Na tradición literaria, identificáronse coas Erinías gregas polo seu carácter violento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869 entre representantes das forzas republicano-federais das catro provincias galegas e da provincia asturiana. Xunto cos subscritos en Tortosa, Valls, Eibar e Córdoba supuxo unha tentativa das forzas rexionais de dotar o federalismo hispánico dunha organización estable, operativa e descentralizada, segundo o modelo de pactos sucesivos de Pi i Margall. Posteriormente, asinouse en Madrid un pacto entre os representantes dos cinco pactos rexionais, completándose a organización federalista do Partido Republicano Federal Español. O pacto recolleu como puntos principais os postulados básicos do ideario federal, como a defensa dos dereitos individuais e da soberanía popular e a condena da anarquía, e outras medidas, como a organización da milicia cidadán e o dereito de insurrección armada. A organización pactista durou pouco tempo, pois o fracaso da insurrección republicana de outono de 1869 foi aproveitado polos dirixentes madrileños para impoñer un...