"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • Polipéptido formado pola acción dos enzimas proteolíticos sobre o calicreinóxeno, o seu precursor plasmático. Atópase en diversas estruturas glandulares e no plasma. Actúa como vasodilatador, e a súa función principal é a regulación do fluxo sanguíneo pancreático. É tamén un compoñente importante das reaccións inflamatorias, e pola súa acción proteolítica pode converter unha fracción de globulina sanguínea en bradicinina ou calidina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe unha cor bela e fermosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisto de calículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao calículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade en forma de copa ou cáliz.

    2. erticilo extrafloral, con aspecto de cáliz, integrado por hipsofilos, que poden ter unha orixe diversa: foliar, como a chaveira, bracteal, como o malvarisco, ou estipular, como a amorodeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [malaiālam: Kōyikō ṭ a] Antigo nome da cidade india de Kozhikode.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Características que constitúen a maneira de ser dunha persoa ou dunha cousa e que a definen fronte aos da mesma especie.

      1. Cada un dos atributos ou das propiedades, percibidos pola sensibilidade, que distinguen a natureza das cousas. Pódese pasar por transición continua dunha calidade a outra, por máis que sexan opostas (como do frío á calor).

      2. Propiedade que determina a natureza dun obxecto. Categoría fundamental do pensamento e da realidade, considerada por Aristóteles como o máis importante dos accidentes xunto coa cantidade e a relación. Para Kant é o segundo dos catro títulos de conceptos puros do pensamento (categorías) que inclúen a realidade, a negación e a limitación. Na gnoseoloxía empírica, Locke e Leibniz, adoptando unha distinción feita xa por Demócrito, distinguen as calidades primarias (propiedades físicas dos obxectos, como a extensión, a forma, a resistencia e o movemento) das calidades secundarias (non esenciais, como o cheiro, o sabor, a cor, etc).

      3. Carácter resultante, en lóxica, do feito de ser afirmativa ou negativa unha proposición.

    2. Superioridade de algo polas súas características respecto a un grupo ou conxunto.

    3. Superioridade no seu xénero.

      1. Posición social elevada pola liñaxe.

      2. Consideración social, civil, política ou cultural dunha persoa para algún emprego ou cargo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cálido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dous polipéptidos homólogos, de función hipotensora, derivados do cininóxeno pola acción proteolítica do enzima calicreína. Son estimulantes da musculatura lisa. A calidina I, denomiada tamén bradicinina, é de estrutura eneapeptídica; mentres que a calidina II presenta unha secuencia de dez aminoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a climas e a países con altas temperaturas.

    2. Que é acolledor e afectuoso.

    3. Aplícase á pintura que emprega tons quentes como os vermellos e os amarelos, que expanden a luz, en contraposición aos fríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento inventado por C. Wheatstone para observar as curvas de Lissajous. Consiste nunha serie de barras da mesma lonxitude pero con seccións rectangulares diferentes, que, facéndoas oscilar, poñen de manifesto, grazas á persistencia da imaxe na retina, as diferentes curvas orixinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Etolia, Grecia, no golfo de Corinto. Consérvanse restos das murallas e do templo de Ártemis. Segundo a mitoloxía grega, Ártemis, ofendida por Eneo, señor de Calidón, enviou ao país o porco bravo de Calidón, que devastou os arredores da cidade. Foi abatido por Meleagro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ao calidoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento óptico, inventado por David Brewster en 1817, que consiste nun tubo pechado nun extremo por un vidro esmerilado, e polo outro por un disco furado á maneira dun ocular. No interior do tubo hai dous ou máis espellos planos, formando diedros, paralelos ao eixe; ao fondo, sobre o vidro esmerilado, hai anacos de vidros coloreados; a súa imaxe, ao multiplicarse simetricamente nos espellos, produce unha gran variedade de imaxes por rotación do tubo.

    2. Sucesión de cousas variadas e multicolores, de impresións ou de sensacións que mudan rapidamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos escolopácidos ao que pertencen algúns pilros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concentración de potasio no sangue. As cifras normais, para o ser humano, son de 80-120 mg/l de plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe supremo do Islam que reúne o poder civil e relixioso. O título completo é halīfa rasūl Allāh, (‘lugartenente do enviado de Deus’), aínda que máis tarde se engade o título de amīr al-mu‘mīnīn (‘emir dos crentes’). De acordo coa ortodoxia islámica, o califa tiña que ser árabe quraixita, único e elixido pola comunidade. Ao morrer Mahoma, Abu Bakr foi recoñecido como califa no 632. O derradeiro dos chamados califas ortodoxos, Alī ibn Abī Tālib, non puido facer fronte ás ambicións da familia omeia, que ostentou o poder en Damasco dende o 661 ata o 750, cando foi derrocada polos abbásidas. Estes, con sede en Bagdad, acabaron reducindo o califa a unha función puramente relixiosa. Cando os mongois se apoderaron de Bagdad en 1258, os descendentes dos abbásidas mantiveron un califato nominal en Exipto ata a conquista dos otomanos en 1517. Estes levaron o título de califa ata que foi abolido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao califa ou ao califato.

    2. Período da arte hispano-musulmana correspondente á época do califato de Córdoba (912-1012). A arquitectura califal presenta unha serie de características que atopan a súa expresión capital na ampliación da mesquita de Córdoba por ‘Abd al-Raḥmān III, al-Hakam II e Almanzor, e na cidade de Medināt al-Zahrā’. En primeiro lugar destaca a determinación dun canon construtivo propio que emprega relacións numéricas baseadas nos tercios dun módulo. Introduciu os arcos lobulados e os arcos cruzados, onde a función estrutural de soporte das bóvedas está disimulada por unha aparencia decorativa por medio de chapas, e a utilización de bóvedas de nervios, de extensa influencia nas artes musulmanas, como na mesquita do Cristo da Luz (Toledo), románica e incluso barroca. As columnas, en xeral, carecen de base e presentan uns capiteis inspirados vagamente nos corintios. O arco máis empregado é o de ferradura coa alzada peraltada no semirradio, lintel adoelado, extradorso descentrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade de califa.

    2. Reinado dun califa ou dunha dinastía califal.

    3. Territorio gobernado polo califa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode cualificar.

    VER O DETALLE DO TERMO