"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, irmán de Pedro o Cruel e bisavó de Fernando o Católico. Acompañou a Fernando de Antequera nas festas de coroación que tiveron lugar en Zaragoza no ano 1414. Como poeta, á parte de composicións de temática amorosa, destaca pola súa incursión na alegoría dantesca (El Vergel del Pensamiento) e polo Testamento de amores, unha alegoría de carácter legal que adopta a forma dun testamento no que o namorado, nos últimos momentos da súa vida, expresa a vontade de repartir os seus bens -normalmente entre o deus Amor e a súa dona- e de organizar o seu enterro. A presenza nesta longa composición de catro versos, segundo algúns estudiosos, escritos en galego: “Todas passa en fermosura / la que dixo: Ende mal, / adeus, adeus, Portugal, / partir-me sera cordura...”, así como a cita dos versos iniciais da cantiga de Macías “Amor cruel et brioso” son unha boa mostra do prestixio e recoñecemento que tiña a lírica galega entre os poetas da Corte castelá....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso I Henriques de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Conquistador ou o Bravo (Guimarães 1112 - Coimbra 1185) Conde de Lusitania (1114-1139) e primeiro Rei de Portugal (1139-1185). Fillo de Enrique de Borgoña e de dona Tareixa, filla bastarda de Afonso VI de León e Castela -contra quen se rebelou para apoderarse do goberno de Portugal (1128)-, formouse cunha nobreza portuguesa reivindicativa de autonomía fronte ao Reinado leonés. No ano 1137 invadiu Galicia e ocupou Tui, onde pactou con Afonso VII de Castela e lle prometeu fidelidade. Non obstante , a partir de 1139, logo dunha incursión polo Texo na que derrotou os musulmáns en Ourique, comeza a titularse como Rei de Portugal, estado cristián independente. No Tratado de Zamora de 1143 recoñecíaselle o título, o que aproveitou para iniciar un período de expansión do novo reino cara ao sur conquistando Lisboa e Santarem   (1147) e asegurando o control da liña do Texo ata o Alentejo. No 1158, prevendo un ataque de Fernando II de León e de Sancho III de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que estudia os procesos relacionados coa agricultura; inclúe a química de fertilizantes, de plaguicidas e fitorreguladores, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano. Liberal e independentista, realizou reformas nas súas propiedades. Foi Presidente da independentista Sociedade Liberadora de Camagüey, que se lanzou á acción armada (1851), para fracasar nos seus propósitos. Foi feito prisioneiro e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título de Castela concedido polos Reis Católicos no ano 1484 a García Fernández Manrique de Lara. A grandeza de España, unida ao título, foi recoñecida, no ano 1520, ao seu fillo e segundo marqués, Luís. No ano 1662, o título pasou aos Silva e no 1712 aos marqueses de Villena. Despois, recaeu nos duques de Medinasidonia. Actualmente é posesión dos Travesedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e arqueólogo castelán, marqués de Cerralbo. No ano 1890 foi nomeado delegado do pretendente ao trono de España Carlos VII, dirixindo o Partido Carlista ata 1899. O sucesor de Carlos, Xaime, fíxoo Presidente da Xunta Central Carlista (1912-1918). Realizou escavacións arqueolóxicas, creando coas súas coleccións o Museo Cerralbo de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo. Foi catedrático de Paleontoloxía Humana na Universidad Complutense de Madrid, dende onde exerceu unha enorme influencia como divulgador sobre varias xeracións de científicos. Comezou a súa formación filosófica na Compañía de Xesús, dende onde exerceu un papel fundamental na introdución do finalismo en España. A súa tarefa científica principiou na década de 1960 con viaxes ao estranxeiro (onde establece contactos con Howell, L.S.B. Leakey, Tobias, etc) e traballos de campo nos xacementos arqueolóxicos de Ambrona, Torralba e Gándaras de Budiño. Contribuíu significativamente á difusión dos máis importantes logros científicos no eido da Paleoantropoloxía. Débeselle a el a especie Homo habilis (creada en 1964 por Tobias, Napier e L.S.B. Leakey), a unificación de diferentes taxóns (africantropo, atlantropo, home chelense de Olduvai, mauerantropo, sinantropo, pitecantropo, etc) na especie Homo erectus e a separación entre Ramapithecus e Kenyapithecus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e deseñador gráfico. Secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega (1985-1987) e colaborador en revistas literarias (Dorna, Carel, Grial) e prensa (A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego). Comeza a súa andaina literaria no 1981 cun libro de poemas titulado Cántigo onde predomina unha temática amorosa que logo xirará cara ao compromiso social no segundo poemario Ensoños de Breila (1982). No 1984, sae do prelo o volume Aquí fican melodías, recompilación da súa produción poética á cal engade os poemarios Folerpas de inverno e Poemas ideográficos, conxunto de poemas inéditos que presentan renovacións no plano formal. Como dramaturgo ten as pezas Era unha vez o mundo do envés (1985) e A Caeira (1985) e unha obra curta inédita titulada O vendedor de estrelas. No eido da narrativa infantil publicou A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta (1986),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacólogo e neurólogo norteamericano. Descubriu a existencia de dous tipos de sinapses diferentes no sistema nervioso vexetativo que alicerzaron os estudos posteriores sobre a transmisión dos estímulos nerviosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía africana de aviación creada en Costa do Marfil en 1961, coa axuda de Air France e da Union des Transports Aériens (UTA). Nela participan dez estados africanos: Costa do Marfil, República Centroafricana, Congo, Benín, Burkina Faso, Mauritania, Senegal, Togo, Níxer e Chad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima francesa, fundada en 1902, coa finalidade de explotar industrialmente o procedemento de liquefacción do aire, concebido por Georges Claude. No estado español é o principal produtor de gases industriais a través da Sociedad Española del Oxígeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de gaitas vigués. A historia desta formación musical está intimamente ligada ao grupo Airiños da Nogueira, xa que este daría orixe ao grupo Airiños do Parque de Castrelos no 1946. Cuarteto integrado por Severo Davila, Enrique O Merello, Juan González e Manolo Davila, verá alterada a súa formación coa incorporación de Wenceslao Cabezas Polo que dende ese momento converteríase na voz do grupo. A década que vai do 1955 ata o 1966 supuxo para Airiños do Parque de Castrelos unha etapa de continuas substitucións dos compoñentes e cambios na súa estrutura instrumental, xa que o cuarteto se converte en quinteto coa inclusión da pandeireta e a substitución da caixa, moi empregada por aquel entón nos grupos tradicionais, polo tambor. Airiños sempre tivo unha forte vinculación co baile, en concreto con Coros e Danzas da Sección Femenina, que posteriormente se integraría no Concello de Vigo baixo o nome de Escola Municipal de Danza, e Coros e Danzas de Redondela, xa no 1993....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático, lexicógrafo e bibliófilo vasco. Foi autor dun dicionario éuscaro-castelán, publicado postumamente, o Euskeratikerderara biurtzeco itzteguia (1884) e de diversos estudios gramaticais, principalmente sobre o verbo en éuscaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da provincia de Málaga, Andalucía. Bañada polo mar Mediterráneo, é un terreo xistoso accidentado pola serra de Alhama e drenado polo río Guadalmedina. Cultivos de sequeiro e de regadío. Os núcleos máis importantes son Colmenar e Periana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello formado por unha caldeira e mais un tubo en espiral co que se destilan líquidos, especialmente alcohólicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia e Comunitat Valenciana (25.514 h [1996]), na área metropolitana de València. Industria cerámica e de materiais de construción, madeira, chocolate, metalúrxica e química. Igrexa barroca do ano 1694.

    VER O DETALLE DO TERMO