"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións que teñen drenaxe normal, é dicir, as concas hidrográficas diríxense cara ao mar ou ao oceáno. OBS: Oponse ao termo endorreísmo; a grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Calidade ou carácter de exótico.
-
Gusto polo exótico.
-
Técnica de composición musical que aspira a reproducir trazos modais, rítmicos ou melódicos da música de orixe non europea. Empregouse, sen unha base musicolóxica, a finais dos ss XVII e XVIII para facer máis variados os espectáculos musicais. Un tipo célebre foi a música turca, obtida con címbalos e triángulos. A fins do s XIX, os estudios musicolóxicos permitiron imitacións máis fieis. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia dun Estado á expansión política, económica ou territorial, en detrimento doutros estados ou pobos, que permanecen submisos, ou polo menos, influenciados por aquel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método ou sistema científico fundado na experimentación.
-
-
Movemento artístico desenvolvido en Alemaña e no ámbito centroeuropeo entre 1905 e 1933. Como escola representou a consciencia máis evidente dun estado colectivo de inseguridade e temor producido polos cambios e acontecementos que se sucederan no país. Ligado ao Barroco e ao Romanticismo alemán, foi un tipo de renovación do Sturm und Drang. Ideoloxicamente representou a vontade do artista de dominar o mundo exterior, situándoo nun cadro de ideas abstractas que, expresadas, explican o universo todo, prescindindo conscientemente da análise dos feitos reais. O nome dado á escola indica o espírito que expresa na deformación das figuras e dos ambientes, para manifestar a súa tensión e o seu dinamismo interior e comunicar unha crítica cruel e pesimista da sociedade; á vez fai un eloxio da loucura, da morte e da desesperación. No eido das artes plásticas, aplícase o termo expresionismo ás obras de arte ou tendencias que puxeron unha énfase na expresividade, ben do contido ou ben da forma, e que...
-
Corrente da arte abstracta que se desenvolveu dende a década dos corenta na denominada escola de Nova York. As súas orixes sitúanse no surrealismo e na abstracción de W. Kandinskij e A. Gorky, e na influencia que exerceron os pintores europeos instalados nos EE UU por mor da Segunda Guerra Mundial. Aínda que os seus membros cultivaron unha arte baseada na expresión xestual e na liberdade da pincelada, non tiveron unha unidade estilística pois foi unha arte libre sen normas e sen canons a seguir. Nos EE UU coexistiron dúas tendencias, por unha banda, a pintura xestual, o Action Painting, de J. Pollock, R. Motherwell e F. Kline; e pola outra, a baseada nos campos de cor, representada, entre outros, por M. Rothko, B. Newman, A. Reinhardt e C. Still.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que sostén que o pensado ou dito depende en boa parte de factores externos á mente do que pensa ou fala. Aplicado ao eido do coñecemento científico, afirma que o seu desenvolvemento está determinado por circunstancias de tipo social, económico ou político. Oposto ao internalismo, ocúpase das aplicacións menos prácticas da ciencia e dos intereses e das necesidades que as fan posibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a adoptar ideas ou comportamentos extremos ou esaxerados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento socialista creado ao redor da Fabian Society.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que se caracteriza por unha falta conxénita do enzima glicosa-6-fosfato-deshidroxenase que provoca episodios de anemia hemolítica, con astenia, hemoglobinuria, trastorno dixestivos e febre. Estas crises poden estar causadas pola inxestión de sementes da especie Vici faba ou inhalación do pole desta planta, por determinados medicamentos ou por certas infeccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina ou sistema da Falange Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que afirma que as pretensións de coñecemento científico son sempre vulnerables e en ocasións ata falsas. Nega o carácter verdadeiro das teorías científicas e afirma que estas tan só teñen certa probabilidade de ser verdadeiras. Céntrase na ciencia natural e en concreto na física teórica. Entre os seus seguidores destacan C. S. Pierce e K. Popper.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método filosófico que propón a falsabilidade para probar a non adecuación dunha proposición á realidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de fanático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de prácticas dos faquires.
-
-
Calidade ou actitude de fariseo.
-
Grupo relixioso integrado polos fariseos.
-
-
-
-
Sistema político instaurado en Italia pouco despois da Primeira Guerra Mundial por Benito Mussolini, creador en 1919 dos Fasci Italiani di Combattimento, estrutura corporativa de carácter totalitario e nacionalista. Os seus trazos definidores foron o antiliberalismo, o antimarxismo e o anticapitalismo; e o seu obxectivo a creación dun estado forte, totalitario e nacionalista, baseado no principio de liderado e de xerarquización. No campo económico, buscou unha vía intermedia entre o liberalismo e o socialismo a través do corporativismo, que incorporaba os distintos grupos de produtores en categorías funcionais integradas nun ámbito nacional e fortemente xerarquizadas. O Rei Víc22tor Manuel III encargoulle a formación de goberno a B. Mussolini, quen foi ampliando as súas cotas de poder ata implantar un réxime autoritario baixo o seu dominio como Duce, líder do partido. Italia ofreceu o modelo de fascismo característico das décadas de 1920 e 1930. O partido único foi coñecido en...
-
Ideoloxía que inspira o sistema político instaurado en Italia por Mussolini.
-
-
-
Ideoloxía política que ten por obxectivo a instauración dun réxime autoritario, de base corporativista, imperialista e racista.
-
Réxime político inspirado nesta ideoloxía.
-
-
Actitude autoritaria, arbitraria e violenta, coa que unha persoa se impón a un grupo.
-
-
-
Concepción filosófica segundo a cal todo é inevitable e polo tanto fatal, de tal xeito que no mundo e na vida humana todo está xa escrito de antemán polo destino. Oponse á liberdade humana, posto que a existencia está predeterminada, de acordo con algunha clase de lei que se converte nun destino ineludible, nunha fatalidade todopoderosa. Esta corrente estivo moi presente na filosofía estoica, que defendeu a necesidade de procurarlle a paz interior ao ser o destino inevitable, e, en certos aspectos, tamén en A. Schopenhauer.
-
Actitude da persoa que asume esa doutrina e non atopa a posibilidade de cambiar o seu destino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico de vangarda que se desenvolveu entre 1905 e 1908 en París, aínda que os seus membros mostraron características fauvistas en anos anteriores. O termo deriva da frase “Donatello au milieu des fauves!” (Donatello no medio das feras!) que o crítico Louis Vauxcelles exclamou ante as obras expostas no Salon d’Automne de 1905 pertencentes, entre outros, a H. Matisse, A. Derain e M. Vlaminck. Os propios pintores non aceptaron esta denominación xa que non se caracterizaban por ter unha doutrina pitórica, senón por ter un modo de expresión que manifestaban en toda a estrutura do cadro e, segundo as técnicas de aplicación da cor e das tintas planas, mediante o trazo do debuxo e das cores arbitrarias a partir da realidade. Definiuse como unha reacción á análise impresionista da cor e da luz, aínda que tamén participou dunha mesma sensibilidade pola paisaxe. As súas orixes están no impresionismo, no postimpresionismo, no grupo dos Nabis e na obra de P. Cézanne, V. van Gogh e P. Gauguin....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preferencias ou favores concedidos inxustamente a alguén, especialmente na repartición de postos de traballo, cargos ou tarefas, cando hai outras persoas que o merecen tanto ou máis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia que teñen algunhas feridas, chancros ou úlceras a crecer rapidamente en extensión e profundidade, e a facerse resistentes ao tratamento.