"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
-
Que ten a capacidade de facer algo propicio ou favorable.
-
Tampa cadrada de ouro macizo que cubría a arca da alianza, nos extremos da cal estaban colocadas cara a cara as figuras dos dous querubíns.
-
Templo, santos, imaxes e reliquias por medio das que se acadaban as grazas e mercedes de Deus.
-
aso sagrado no que se ofrecen sacrificios a Deus.
-
reclinatorio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición ou calidade de pudoroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que naceu polo Real Decreto do 28 de agosto de 1827 outorgado por Fernando VII co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela. Tiña como territorio de actuación Galicia e Asturias e, entre outras atribucións, as de impartir ensinanzas útiles á ciencia de curar, favorecer os progresos da medicina e ocuparse da saúde pública. A súa sede permaneceu en Santiago de Compostela entre 1831 e 1833 e as reunións realizábanse nas casas dos académicos ata que lle concederon unhas dependencias no Hospital Real, pouco antes do seu traslado á Coruña, á Capitanía Xeneral de Galicia, cuxo titular era a súa vez o presidente da academia. Tomou entón o nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña e en 1945 pasou a denominarse Real Academia de Distrito de Galicia y Asturias. Desde 1972 o seu ámbito de actuación é Galicia, e ao crearse a Real Academia de Medicina y Cirugía de Asturias, tomou o seu nome actual. Desde 1986 está asociada ao Instituto de España e...
-
ENTRADA LARGA
Órgano creado polos Reis Católicos, pola provisión do 3 de agosto de 1480 ditada en Toledo que se encarga da administración de xustiza no Reino de Galicia. Nesta data nomeouse un xustiza maior e un oidor para exercer a xurisdición civil e criminal en primeira instancia, en grao de apelación e en casos de corte, admitindo apelacións das súas sentenzas nos casos en que houbera lugar en dereito e exclusivamente diante o rei. Posteriormente nomeáronse alcaldes maiores.
VER O DETALLE DO TERMO
Regulamento e composición
Ademais da cédula fundacional, regularon a Audiencia as pragmáticas de Salamanca do 7 de decembro de 1486 e as de Madrid de 1494 e do 27 de novembro de 1504. En 1679 imprimíronse as Ordenanzas de la Real Audiencia del Reyno de Galicia que tentaron sistematizar a organización e funcionamento da institución. A Audiencia estaba composta polo gobernador, inicialmente xustiza maior, e polos alcaldes maiores, que pertencían á nobreza. O gobernador era presidente da Audiencia e capitán xeneral... -
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo marítimo que se fundou en 1902 en Vilagarcía de Arousa para promocionar o deporte do remo e da vela. Presidido polo Rei Xoán Carlos I, foi o primeiro Club Real que se constituíu en Galicia e o segundo de España. Disputou a súa primeira regata, a Copa do Rei, o 23 de agosto de 1903, na honra de Afonso XIII. Ao longo da súa historia participou na organización de diferentes competicións como a Copa Galicia, o Trofeo Gil-Casares ou o Trofeo Almirante Rodríguez-Toubes.
-
Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia ou Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzoVER O DETALLE DO TERMO
Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto filharmónico que se creou en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1996. No seu inicio foi dirixida polo mestre alemán Helmuth Rilling e como segundo director por Maximino Zumalave, aínda que contou con numerosos directores convidados como Enrique García Asensio, sir Peter Maxwell Davies ou sir Neville Marriner. Está composta por un número variable de instrumentistas de corda, vento e percusión e ten a súa sede no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas súas actuacións contou con importantes solistas como o violoncellista M. Rostropovič, a mezzosoprano Teresa Berganza, a pianista Alicia de Larrocha ou o frautista Jean-Claude Gérard. En 1998 realizou unha serie de concertos por toda Europa e participou no Grosse Festspielhaus de Salzburgo, dentro da Semana Mozart. Ese mesmo ano comezou a gravación das sinfonías completas de Franz Schubert para a discográfica Hänssler Classic e inaugurou a primeira edición do Compostela Millenium Festival. En 1999 levou a cabo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.
-
-
-
Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de alto, co tronco leñoso, rizomatoso e doce, follas imparipinnadas, con folíolos elípticos enteiros, flores azuis e violetas, reunidas en acios cilíndricos, e de froitos en legume comprimido. Medra en solos arxilosos e húmidos de terra lenta, na Europa Meridional e Oriental.
-
Pasta que se extrae da raíz de Glycyrrhiza glabra, e que se emprega como aditivo edulcorante en bromatoloxía e farmacia, e na elaboración de lambonadas.
-
-
Planta herbácea perenne, cespitosa, co tronco leñoso e doce, follas compostas de tres folíolos lanceolados ou lineais, flores rosadas ou purpúreas, olorosas, reunidas en glomérulos, e froitos en legume terminados en punta e con unha ou dúas sementes. Medra en prados de alta montaña, nos Pireneos e noutras cordilleiras europeas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1958 que cesou en decembro de 1968 (nº65). Promovida polo Departamento de Estudios Económicos da editorial Galaxia, foi dirixida por Xaime Isla Couto coa colaboración de Ramón Piñeiro, aínda que tamén participaron Xosé Manuel Beiras, quen levou o peso da publicación entre 1963 e 1968, e Anxo Huete, a partir da marcha de Beiras. De gran relevancia para o estudo da economía de Galicia e Europa, abordou desde unha liña progresista-galeguista os problemas do campo galego a través de estudos e estatísticas. Anticipou teses económicas de interese e, durante a etapa de Beiras, caracterizouse pola súa orientación crítica e combativa. Bioloxía, enxeñaría técnica, industria ou comercio, foron algúns dos outros temas desta publicación, de periodicidade moi irregular, que contou con algunhas das máis relevantes personalidades do momento en cada unha das materias tratadas.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1841 que cesou en xaneiro de 1842. Subtitulada “Periódico de ciencias, literatura y artes”, foi dirixido por Manuel Rúa Figueroa. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Sucesor de El Iris del Bello Sexo, foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 4 de marzo de 1880 que cesou o 25 de outubro dese ano. Dirixida por Emilia Pardo Bazán, foi unha publicación de carácter literario e de periodicidade semanal que, a partir do número 8 pasou a ser mensual. Incluíu estudos sobre arte, historia e folclore, ademais de numerosas críticas e composicións literarias. Prestou especial atención á literatura francesa e portuguesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bilbao a partir de 1990. Editada pola Casa de Galicia da cidade, a revista estaba relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Follas Novas, editadas na mesma cidade, como sucedora de O Curruncho e precesora de O Currunchiño. A súa finalidade era informar das actividades da sociedade.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1992. Coordinada por José A. Brandariz, constituíuse no voceiro da Asociación Profesional de Funcionarios do Corpo da Policía Municipal de A Coruña. Incluíu disposicións lexislativas sobre tráfico e seguridade vial, análises da problemática do tráfico na Coruña e algúns apartados especiais sobre política, deportes e aspectos sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
-
-
Relativo ou pertencente ás riciáceas.
-
Planta da familia das riciáceas.
-
Familia de hepáticas talosas, da orde das marchantiais, que se caracterizan pola presenza de moitas cámaras aeríferas, a ausencia de elaterios e por ter os anteridios, os arquegonios e os esporogonios afundidos no talo. Danse nas terras húmidas e na auga, e son máis abundantes no hemisferio austral.
-