"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
-
Acción e efecto de miniaturizar.
-
Redución, por razóns de necesidade ou de comodidade, das dimensións dos aparatos electrónicos. Primeiro os tubos electrónicos de baleiro foron substituídos polos transistores; despois apareceron os circuítos integrados monolíticos, e por último impúxose a integración a grande escala (VLSI). Segundo a redución fálase de subminiaturización ou de microminiaturización.
-
-
-
Pintar miniaturas.
-
Producir obxectos ou mecanismos de tamaño reducido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de mioglobina na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mioglobinuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mīrzā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn ‘Alī Nūrī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso en Monterrei o 3 de febreiro de 1494 por Gonzalo Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras, contratado por encargo da Igrexa de Ourense e elaborado a dúas columnas, con tinta de calidade e destacados caracteres góticos. Trátase do primeiro destas características impreso en Galicia. Consérvanse dous exemplares, un en pergameo no arquivo da Catedral de Ourense, ao que lle faltan dúas follas; e outro en papel na Biblioteca Nacional de Madrid, que carece de seis follas. Existe ademais un fragmento de cinco follas en pergameo no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Foi coñecido e descrito desde o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
RIOS
Río de América do Norte, EE UU, o afluente máis longo do Mississippi con 4.740 km. Nace nas Montañas Rochosas, nas chairas altas do Yellowstone, e está composto por tres ríos, o Jefferson, o Madison e o Gallatin, que sucan profundamente o país; xa reunidos, saltan nas Great Falls para abandonar as terras altas e rochosas e atravesar a maior parte da chaira do oeste-central norteamericano ata Saint Louis, onde libera o seu caudal. Entre os seus afluentes destacan o Yellowstone, o Bighorn, o Platte e o Kansas. Preto do Mississippi as precipitacións son abundantes en inverno, pero non chegan a notarse no rexime do río. A conca do Missouri é esencialmente rural, agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da rexión Central NO de EE UU, que limita ao N con Iowa, ao S con Arkansas, ao O con Oklahoma, Kansas e Nebraska e ao L con Illinois e Kentucky (180.516 km2; 5.595.211 h [2000]). A súa capital é Jefferson City. O curso inferior do Missouri, que atravesa o seu territorio de O a L ata chegar ao Mississippi, separa unha rexión N, alterada polos vales dos afluentes do Missouri e dominada por pradarías; e unha rexión S, de montes. Son importantes os seus recursos mineiros. A industria, con produción de material de transporte, automóbiles, industria alimentaria, refinarías de petróleo, petroquímica e maquinaria agrícola, é a primeira actividade económica do estado e atópase concentrada arredor das cidades de Kansas City e Saint Louis. Explorado o seu territorio por Jolliet e Marquette (1673), formou parte de Louisiana (1682) e logo pasou a EE UU (1803). Foi admitido como estado escravista da Unión (1822). A pesar da decisión de permanecer integrado á Unión (1861),...
-
-
Relativo ou pertencente aos mitsukurínidos.
-
Peixe da familia dos mitsukurínidos.
-
Familia de peixes condritios, da orde dos lamniformes, que se caraterizan por presentar un fociño longo, a aleta caudal moi longa e a segunda aleta dorsal e a anal moi desenvolvidas. Viven en augas profundas de mares tropicais e temperados. O único representante vivo desta familia é Mitsukurina owstoni.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo turco. Estudou en Barcelona e fixo o doutoramento en Madrid e París. Das súas publicacións, en boa parte dedicadas a temas da lingua e literatura hispánica, destacan a edición de Les homélies d’Organyà (1961) e de El fuero de Jaca (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Inflamación dun só nervio. Case sempre está causada por un obstáculo mecánico.
-
multineurite.
-
-
GALICIA
Remeiro. Especialista en doble scull, participou xunto ao asturiano Jaime Ríos nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e nos campionatos do mundo de Lucerna (2001). Foi campión de España (1999) e dúas veces subcampión (1997 e 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor. De ideas republicanas, foi redactor de El Republicano, e interveu nas revoltas de Barcelona de 1842 e 1843. Editou as revistas La madre de familia (1846), La Fraternidad (1847-1848) e El Padre de Familia (1849-1850). Desenvolveu un procedemento para a fabricación de papel engomado, un tranvía funicular e un velógrafo, pero destacou sobre todo como un dos precursores da navegación submarina. Ensaiou un proxecto de construción dunha nave submarina Ictinéo (1859 e 1864), pero a falta de recursos económicos impedíronlle perfeccionalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta anual, con talo ergueito de ata 100 cm, recuberta de longos pelos agrisados. As follas son lineais, de 5 a 12 cm, algo unidas na base. O calice é piloso, de 3 a 7 cm, sendo o tubo máis curto ca os dentes, que a miúdo son caducos. Os pétalos son purpúreos. Atópase na parte oriental de Galicia, en especial como herba ruín en leiras de cultivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de sinople, un león rampante de ouro; bordo de goles, cargado de catro aspas de ouro e catro besantes do mesmo alternando, comezando por un aspa no cantón destro do xefe.
-
PERSOEIRO
Empresario e presidente do Real Club Celta de Vigo. Empresario de recoñecido prestixio en México, é presidente do grupo Corporativo GES, unha das empresas líderes no sur do pais. E accionista maioritario de varias empresas de construción galegas. Preside o Celta de Vigo dende o ano 2006, cando substituíu a Horacio Gómez.
VER O DETALLE DO TERMO