"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Episodio da conquista do poder por B. Mussolini en Italia. Co apoio tácito das forzas armadas, 40.000 camisas negras converxeron a partir do 28 de outubro de 1922 sobre Roma. O goberno de Luigi Facta presentou a dimisión e Mussolini recibiu o mandato do monarca Víctor Manuel III de Italia de formar goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
María do Cebreiro Rábade Villar.
-
GALICIA
Escritora e profesora. Doutora en Filosofía e militante feminista, é membro do consello de redacción da revista Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas, do Seminario de Estudos Galegos, cofundadora da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo e membro da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía. Escribiu A cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (1982), Debates ideolóxicos na Compostela do s XIX (1995), O Kraussismo en Galicia e Portugal (1995), A cuestión de xénero e a marxinación (1997) e Luce Irigaray (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Debutou en Copenhaguen como barítono na ópera Silvio in Pagliacci, de Leoncavallo (1913), e pasou logo a facer papeis de tenor (1918). Actuou en Londres, París e Nova York, sobre todo interpretando papeis wagnerianos, como Tristán, Siegmund ou Lohengrin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Xosé Neira Vilas que se publicou en Bos Aires (1961) e que constitúe unha das obras máis editadas de toda a narrativa galega. A esta narración cómpre engadir Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977), coa mesma temática, que completan o que se deu en chamar O ciclo do neno. A obra, dun marcado carácter realista, preséntase como unha autobiografía dun neno labrego, Balbino, que pertence a unha familia con escasos recursos económicos. Quere ser a crónica da vida cotiá de moitos rapaces galegos de aldea, nados nas mesmas circunstancias, así como un achegamento ao mundo da infancia. Precisamente, un dos aspectos máis destacados da obra é a construción dese universo infantil partindo dunha visión moi achegada á dos nenos. A súa temática, centrada no sentido da xustiza, o anticlericalismo e a loita entre dous mundos, o da cidade asociado á riqueza e ao poder, e o do campo, relacionado coa miseria e a submisión, completan esta visión fiticio-biográfica...
-
PERSOEIRO
Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador francés. En 1851 ordenouse sacerdote e en 1855 ingresou na orde dominicana. De seguido acadou sona como predicador, especialmente en París, onde levou a cabo a predicación de Advento e as conferencias cuaresmais desde 1873 a 1890. Publicou Exposición do dogma católico.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na comarca da Ribera d’Ebre (4.612 h [2001]). Predomina a agricultura de secaño con cultivos de oliveira, vide e amendoeiras. No regadío destacan as hortalizas e árbores froiteiras, como pexegueiros, pereiras e maceiras. A gandaría avícola, de coellos e de gando porcino, complementa a agricultura. A actividade industrial, xunto co sector servizos, é a que ocupa maior número de poboación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recurso estilístico da lírica galega-portuguesa medieval que consiste na repetición, tanto en posición de rima como en posición interna, dunha palabra con variación morfolóxica en todas as cobras da cantiga e na fiinda. Existe mordobre imperfecto cando este procedemento non se verifica en todas as estrofas ou se presenta a distinta altura estrutural.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Alessandro Boncivino, pertenceu á escola de Brescia, dentro da órbita das influencias da pintura veneciana e lombarda. A súa obra caracterizouse por un tardío misticismo, da que destacan as escenas relixiosas e os retratos. Pintou, entre outras, Natività e Ritrato maschile.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor estadounidense. Foi pintor de retratos. A segunda metade da súa vida dedicouna á realización do telégrafo eléctrico. Co soporte económico da familia de Alfred Vail, puido construír o primeiro aparello e fixo as primeiras transmisións a distancia en 1837, en Nova York. Ideou o código de sinais a base de puntos e raias, coñecido como alfabeto Morse. A primeira liña telegráfica foi construída en 1844 de Washington a Baltimore. O invento de Morse foi perfeccionado inmediatamente por Edison en América e polos irmáns Siemens en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización feminista e libertaria creada entre 1936-1938 arredor da revista do mesmo nome, que apareceu primeiro en Madrid e despois en Barcelona. Constituíuse formalmente como federación nacional en València en agosto de 1937, e reuniu unhas 20.000 mulleres e 150 agrupacións. Defendeu un feminismo proletario, polo que a liberación das mulleres era inseparable da loita obreira, e criticou especialmente as tradicionais concepcións anarquistas sobre o amor libre e a sublimación da maternidade. En Galicia tivo unha mínima difusión, e creouse unha sección na Coruña que formou parte no Congreso Confederal de Zaragoza celebrado en maio de 1936. Entre as súas compoñentes, figuraron Sebastiana Vitales e Laura López, outrora integrantes do grupo da FAI denominado Vanguardia Femenina.
-
DIARIOS
Diario e órgano informativo do Partido Comunista de España. Fundado como publicación independente en agosto de 1930, converteuse en diario e órgano oficial do PCE en novembro de 1931. Foi suspendido despois dos acontecementos de outubro de 1934 e reapareceu en xaneiro de 1936. Continuou coa publicación clandestina ata finais de 1978, e desde entón ten periodicidade mensual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico situado en Cambre. Creouse en 2001 para acoller os restos romanos atopados na vila e a reconstrución do xacemento. Integrouse na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Cebreiro.
-
-
-
Que posúe unhas calidades morais que o definen como unha persoa íntegra que actúa segundo os principios da honradez, a honestidade e a distinción.
-
Que é propio da persoa ou o animal nobre.
-
-
-
Que ou quen por nacenza ou graza do soberano, pertence a unha clase social considerada distinta dos simples cidadáns e que goza de preeminencias hereditarias.
-
Membro da nobreza.
-
Tratamento honorífico que se lles dá aos magnates, baróns ou títulos, e aos seus fillos e descendentes e, en xeral, a todos os que gozaban de privilexio de nobre.
-
Membro da nobreza non titulada, a partir da fin do s XIV, nunha situación intermedia entre os magnates ou baróns e os cabaleiros. Denomináronse tamén, na Idade Moderna, dons.
-
-
Que é superior aos outros membros da súa mesma clase ou especie polas súas calidades excepcionais.
-
-
...
-
-