"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Persoa que se dedica a confeccionar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa de formas esquemáticas e estilizadas no que se dá preferencia á información estatística, presentada a miúdo en forma de diagramas e formas xeométricas simples, coa superficie proporcional ao que se quere representar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Santo André de Cabanas. Ten planta rectangular e tres niveis de altura motivados polo desnivel do terreo. A portada principal está enmarcada por molduras. No interior conserva restos de pintura mural. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega, situada no centro urbano da Pobra de Trives, erixida a mediados do s XVII por Antonio Pérez Mercero. Trátase dun edificio dotado dun patio central ao que se abren as principais dependencias do conxunto. A fachada principal con cadeirado e balconadas seguidas conserva un brasón no eixe central que se relaciona coas armas dos Domínguez, Gayoso, Quiroga e Losada. No interior existe unha pequena capela baixo a advocación da Virxe do Carme na que destaca a presenza dun retablo barroco do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz de teatro, televisión, cine e dobraxe. Coñecida   como Mela Casal, comezou a súa andaina co grupo Ditea, co que realizou espectáculos como Farsa plautina (1987) ou A lenda de Xan Bonome (1986), ambas as dúas de Agustín Magán. Participou posteriormente en varias montaxes do Centro Dramático Galego, entre elas Así é (se vos parece), de Pirandello (1991), A Lagarada, de Otero Pedrayo (1992) ou Hostia, de Cotarelo Valledor (1996). Fundou a compañía Pífano Teatro, coa que puxo en escena, entre outras, Que pasa coas dependentas dos grandes almacéns ao cumpriren os cincuenta?, de Antón Losada (1999). Interveu nas longametraxes Divinas palabras, A metade da vida ou   Martes de Carnaval. No eido da televisión destaca o seu traballo en diversos programas de variedades e series como Velaí, Luar e Mareas Vivas. Exerceu en varias ocasións como axudante de dirección e locutora de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo francés. Coñecido como Guillaume, investigou a disposición do espello dos telescopios que levan o seu nome. Crese que foi profesor no Collège de Chartres. O seu nome aparece a raíz dunha memoria sobre megáfonos de 1672; na carta de presentación, Henri de Bercé explica que Cassegrain ideara o telescopio reflector. Un século máis tarde, Ramsden evidenciou a utilidade do telescopio de Cassegrain, especialmente en canto á eliminación das aberracións esféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de mosteiros cistercienses de Castela, Asturias e Galicia, fundada por frei Martín de Vargas (Jerez, 1380), trala autorización do Papa Martiño V na bula Pía supplicum vota (1425). Tiña como obxecto retomar a pureza da orde. En Galicia o primeiro en iniciar a reforma foi o mosteiro de Sobrado, en 1494. Posteriormente, incorporáronse os de Meira, Montederramo, A Franqueira, San Clodio, Armenteira, Oseira, Xunqueira de Espadañedo e Oia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e cineasta. Licenciouse en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Formou parte do grupo que, a partir dos anos setenta, creou un espazo propio para a imaxe animada galega desde diversos eidos: produción, realización, análise e divulgación. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas súas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou Rula Difusora Cultural Galega, unha das primeiras tentativas para crear unha distribuidora de cine galego. Interveu en diversas curtametraxes como foto-fixa, entre eles, A tola (1974), de Miguel Gato, e Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón; na produción Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro, e O herdeiro (1976), de Miguel Gato. Estreouse como director con O pai de Migueliño (1977), un relato fílmico de carácter evocador sobre o tema da emigración que foi galardoado con varios premios. Durante a década dos oitenta foi un dos fundadores da produtora Vídeo Trama (1983), dirixiu para TVE o primeiro programa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema relativo á integración no campo complexo que afirma que para toda función f(z), de variable z complexa, holomorfa nun recinto simplemente conexo D, e para calquera traxectoria pechada C contida en D, se verifica: ?cf(z)dz=0. Este teorema tamén se pode enunciar dicindo que, nas condicións anteriores, a integral de f(z) entre dous puntos de D é independente do camiño da integración elixida, sempre que este camiño estea contido en D. Este teorema dá lugar á teoría da integración por residuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Filosofía e Letras e profesora de historia antiga na Universidade de Vigo, onde dirixiu o departamento de Historia, Arte e Xeografía. Especializada en numismática antiga, escribiu numerosos artigos en diversas publicacións como Boletín Auriense, Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia e Minius, así como en diferentes libros colectivos. Publicou ademais, Galicia romana: circulación monetaria (1973) e La crisis económico-monetaria del s. III, un mito historiográfico? Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre dos tesorillos de la Provincia de Lugo (1994). Membro numerario do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Sociedade Española de Estudios Clásicos, da Sociedade Antiguidade, Relixión e Sociedade, da Asociación Numismática Española e da Societat Catalana d´Estudis Numismatics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de escritura para os cegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que utilizan os cegos para escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á liñaxe dos cegrís.

    2. Individuo pertencente á liñaxe cegrí.

    3. Liñaxe nobiliaria do reino nazarí de Granada que rivalizou no poder cos abencerraxes. Este enfrontamento derivou nunha loita interna e no progresivo deterioro do reino, que culminou coa ocupación e incorporación ao reino de Castela en 1492.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral fundado na Universidade Laboral de Ourense pola profesora Ánxeles Cuña no ano 1977. Unha das maiores novidades deste grupo foi a integración do traballo de alumnos e profesores que participaban por igual en labores técnicos, de produción ou de interpretación. Ata o ano 1989 denominouse Escolásticos Feroches e, a partir de 1990, adoptou o nome de Tarumba. Entre as montaxes realizadas destacan Asamblea xeral, de P. Enciso e Lauro Olmo (1978); O principiño, de S. Exupéry (1979); A cantante calva, de E. Ionesco (1990); Exercicios de estilo, de R. Queneau (1994); e O maleficio da bolboreta e Así que pasen cinco anos, ambas de F. García Lorca (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade (SI derivada) de temperatura, igual ao intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala de Celsius. Chámase tamén grao centígrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente os cenagriónidos.

    2. Libeliña da familia dos cenagriónidos.

    3. Familia de odonatos da suborde dos cigópteros que na fase adulta presenta o corpo sen reflexos metálicos e as alas transparentes coa base estreitada nun pedúnculo. En estado de larva viven, as máis das veces, en augas encoradas ou de pouca corrente. Completan o ciclo vital en menos dun ano e pode chegar a ter dúas xeracións anuais. Esta formada polos xéneros Ceriagrion, Coenagrion, Enallagma, Erythromma, Ischnura, Nehalennia e Pyrrhosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escala centígrada de temperatura, tamén denominada escala de Celsius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de peso equivalente á centésima parte do gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO