"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

      1. Unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela. A familia biolóxica, que se basea nunha necesidade de emparellamento e continuidade e que está constituída polo pai, a nai e os fillos da parella, non sempre coincide coa familia social. O elemento que define a familia é o recoñecemento social que vincula a parella ou matrimonio e a súa descendencia dentro do sistema social. Entre as diversas funcións que realiza a familia inclúese a ordenación das relacións entre os sexos, a cohesión entre os individuos, a organización da economía e a transmisión das normas morais e das crenzas. Fronte á variedade de funcións que desempeña, non existe unha forma esencial ou natural da familia, senón que presenta formas moi diversas que só coinciden nun factor: a prohibición do incesto como feito antisocial. L. H. Morgan, na obra Systems of Consanguinity and Afinity...

      2. Conxunto de persoas descendentes dunha mesma liñaxe.

    1. Conxunto dos fillos dunha parella.

    2. Conxunto de cousas que teñen unha orixe e características comúns que fan que se perciban como parte dun grupo.

      1. Conxunto de curvas ou superficies que teñen a mesma ecuación diferencial. Así, a ecuación dunha familia depende dun número determinado de parámetros, e obtense para cada xogo de valores dos parámetros unha curva ou superficie da familia.

      2. familia de conxuntos

        Colección de conxuntos que teñen unha característica común. Represéntase por (A i ) iÎI , onde Ai é cada un dos conxuntos da familia e I un intervalo do conxunto dos números naturais.

    3. Categoría taxonómica situada entre o xénero e a orde. Comprende un conxunto de xéneros que están relacionados por medio dunha serie de características comúns. En botánica, os nomes das familias fórmanse, xeralmente, cos sufixos -áceas e en zooloxía con -idos.

    4. Secuencia de ciclóns, en número de 3 a 6, que se produce na fronte polar entre dúas invasións de aire polar nas baixas latitudes.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela da autoría de Camilo José Cela publicada en 1942 coa que o autor inaugurou a novela de posguerra e o chamado tremendismo literario. Estruturalmente comeza cunha nota do transcritor que informa ao lector sobre o descubrimento do manuscrito de Pascual Duarte e xustifica a súa publicación para evitar que sexa un modelo a seguir. A continuación, preséntase unha carta de Pascual Duarte, condenado a morte, dende o calabozo na que anuncia o envío do manuscrito orixinal como unha confesión pública das súas vivencias ao señor Barrera, amigo do Conde de Torremejía que era o señor da vila natal de Pascual Duarte e que el matou. Posteriormente, aparece unha cláusula do testamento do señor Barrera na que se di que quen atope dito manuscrito debe de usalo á súa vontade, sempre e cando se salvase da súa destrucción no lume, a seguir veñen 19 capítulos de narración e para rematar outra nota final do transcritor. A obra, ambientada en Torremejía, é a confesión dun condenado a morte coa que pretende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as distintas alianzas políticas asinadas durante o s XVIII polas dinastías borbónicas reinantes en Francia e España. Polo Primeiro Pacto de Familia, asinado en El Escorial o 7 de novembro de 1733 entre Luís XV de Francia e Filipe V de España, Francia comprometeuse a conseguir o trono de Parma, Piacenzia e Toscana para o infante Carlos de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, e a devolución de Xibraltar, mentres que España apoiou a Francia no seu enfrontamento con Austria. O resultado máis visible desta primeira alianza foi o recoñecemento na Paz de Viena (1738) de Carlos de Borbón como rei de Nápoles e Sicilia. O Segundo Pacto de Familia foi asinado no marco da Guerra de Sucesión de Austria entre Luís XIV, Filipe V e Carlos de Borbón en Fointainebleau o 28 de outubro de 1743 e nel Francia comprometeuse a conseguir para o infante Filipe de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, os ducados de Parma, Milán e Piacenza e a devolución das prazas de Xibraltar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia.

    2. Que resulta coñecido para alguén en concreto.

      1. Que é natural e non resulta forzado.

      2. Aplícase ao estilo, lingua ou palabra que só se emprega cando existe un certo grao de intimidade ou confianza entre os interlocutores e, á vez, hai un rexeitamento das relacións cerimoniosas que esixe unha lingua elevada e académica.

    3. Aplícase a algunhas cousas que teñen un tamaño máis grande ca o habitual, para que os use toda a familia.

    4. Persoa que pertence á mesma familia do suxeito en cuestión.

      1. Criado, servente.

      2. Eclesiástico ao servizo persoal dun bispo.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trato cordial e coloquial entre dúas persoas que se coñecen.

    2. Acción que implica un exceso de confianza por parte de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de familiarizar ou familiarizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer familiar e común unha cousa.

    2. Acostumarse a algo de forma que resulte normal. OBS: Constrúese coa preposición con.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emprego ou título de familiar do Tribunal da Inquisición.

    2. Emprego de familiar ou fámulo nun colexio.

    3. Irmandade que algunhas persoas tiñan coas ordes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cilindro metálico baleiro, conectado a un electroscopio provisto dunha escala graduada, que permite determinar a carga eléctrica dos corpos que se introducen nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Parma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos anarquistas portugueses perseguidos polo réxime de Oliveira Salazar e exiliados en España durante a Segunda República. En Galicia contaba cos grupos de afinidade Os Conquistadores Modernos (Noia), Os Intransigentes e Os Inadaptaveis (A Coruña) e outro colectivo máis en Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1296-1337), fillo de Pedro III de Aragón. Lugartenente xeral da illa trala morte do seu pai (1285), foi proclamado rei polos sicilianos en 1296. A súa oposición ao papado e a Carlos II de Anjou enfrontouno ao seu irmán Xaime II de Aragón, que o venceu na Batalla de Cabo Orlando. Asinada a Paz de Caltabellotta (1302), continuou como rei vitalicio e mantivo a independencia e a integridade do seu reino. Financiou varias expedicións de almogávares nas que se conquistaron os ducados de Atenas e Neopatria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia e duque de Atenas (1355-1377), fillo de Pedro II de Sicilia. Defendeu o reino das pretensións dos monarcas napolitanos, que desembarcaron en Messina (1356), e da súa irmá, Leonor de Aragón, para o que se aliou con Xoana I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador suízo. En 1799 fundou en Hofwyl, cerca de Berna, unha institución agrónomo-educativa e favoreceu o ensino das diversas clases sociais. Á súa escola, orientada baixo postulados pestalozzianos, acudiron estudiantes de toda Europa e tivo unha grande influencia no desenvolvemento das teorías educativas, especialmente na educación baseada no traballo directo no campo. Foi un dos máximos difusores e continuadores da obra da educación popular que trazara Johann Heinrich Pestalozzi

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao radical fenilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico da familia das penicilinas que actúa sobre o enzima β-lactamase. Emprégase en infeccións do tracto xenitourinario, da pel e de tecidos brandos, e contra a gonorrea, otites, farinxites e sinusites. Coñécese tamén como penicilina V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ourense e en 1975 ingresou na École Nationale Supérieur des Beaux Arts de París. Foi un dos membros do grupo Os Artistiñas cos que participou, entre outras, na mostra Sete artistas galegos (1965). En 1954 realizou a súa primeira exposición de debuxos no Liceo Recreo de Ourense. Nos seus principios abordou temas e referentes galegos (Bacallaos, 1964), pintou obxectos que o rodeaban, naturezas mortas e paisaxes. Dende os anos setenta, as súas obras enchéronse de personaxes, fundamentalmente mulleres. Na década dos oitenta realizou obras de intenso colorido como prolongación do seu interese polo cromatismo como forma de expresión, que levaban implícito un certo hieratismo que remite ao expresionimo galego tradicional, e comezou tamén a traballar en series, das que destacan, Walkirias, Cachondas de Paraguay, Jazz em Streckstrump (1987) e a serie das terrazas, iniciada a mediados dos oitenta. Nos anos noventa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1940-1945), na Escola de Artes Plásticas e no Taller Libre de Arte de Caracas. Traballou como debuxante publicitario. A súa obra pictórica achegouse ao surrealismo. Cultivou tamén a escultura e a serigrafía. Realizou exposicións na Coruña, Vigo, Barcelona, Caracas e Múnic, e participou, entre outras mostras colectivas, na de Pontevedra con Centroamérica (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO