"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Doutrina eclesiolóxica de Justinus Febronius. Baseada nos principios galicanos e episcopalistas, afirmou que ao papa só lle corresponden os dereitos necesarios para a conservación da unidade da fe e a disciplina eclesiástica; que todos os bispos, incluído o de Roma, posúen a mesma potestade; e que a autoridade suprema da Igrexa é o concilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política que expresa unha forma de organización do estado que compatibiliza a autonomía das colectividades federadas co poder central. As colectividades federadas gozan de autonomía constitucional, polo que poden dotarse dunha constitución propia, que non pode ir contra os principios proclamados na constitución federal. Nunha perspectiva histórica, foi máis que unha técnica de organización do estado, un complexo movemento político e social que pretendeu organizar a vida política e social de acordo coa súa particular concepción das relacións políticas. En Galicia e España, o federalismo apareceu ligado, dende o s XIX, ao republicanismo e aos partidos políticos progresistas. Arrincou das Juntas Revolucionarias, aparecidas espontáneamente en momentos conflitivos do s XIX (1808,1868). F. Pi i Margall foi o teórico máis importante do federalismo en España, para quen a estruturación da sociedade partía das ideas de pacto e federación, polo que a sociedade se articulaba a través de pactos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de escritores provenzais centrados en Aviñón, creada en 1854 e integrada por F. Mistral, J. Romani-lha e T. Aubanèl. Separados do movemento popular dos trobaires, que consideraban caóticos, o seu nome foi unha invención de Mistral, que aplicou o sufixo occitano -itge a unha palabra misteriosa, felibre, que pode ser un simple erro de transmisión. Os felibres eran burgueses, intelectuais e ruralistas, e os trobaires, obreiros e urbanos. Ata o remate do Segundo Imperio Francés e a Comuna (1871) o movemento foi moi fraternal, pero a guerra do 1870 e o poder político que tivo V. Balaguer e Cirera fixo máis difícil esta irmandade. Dentro deste período, o felibrismo sufriu unha contradición entre a súa maioría, clerical e situada á dereita francesa provincialista, e unha minoría liberal e republicana. A asociación absorbeu máis ou menos esta contradición e estendeuse a todas as provincias de Occitania, celebrando a irmandade de todos os pobos latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Movemento que ten como finalidade conseguir a igualdade política, social e económica da muller respecto do home, concretado a partir da segunda metade do s XIX no ámbito da sociedade industrial. A base ideolóxica foi proporcionada pola vaga revolucionaria de finais do s XVIII, e as declaracións a prol da igualdade de todos os cidadáns. Coetaneamente, apareceron os primeiros textos: Déclaration des droits de la femme et de la citoyenne (Declaración dos dereitos da muller e da cidadá, 1791), de Olympe de Gouges, e Vindication of the Rights of the Women (Vindicación dos dereitos das mulleres, 1792), de Mary Wollstonecraft.
    A loita sufraxista
    As primeiras loitas polos dereitos legais tiveron como protagonistas as mulleres estadounidenses, que participaran na emancipación do seu país e na causa antiescravista. En 1848 celebrouse en Nova York a primeira convención sobre dereitos da muller, na que se aprobou a Declaración de Séneca Falls, un dos textos básicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia revolucionaria creada entre os inmigrantes irlandeses de Chicago en 1858. Liderada por John O’Mahony, loitaba por liberar Irlanda do dominio inglés e proclamar a república independente irlandesa. Este movemento, que tomou o nome do heroe lendario Finn Mac-Cumhail, estendeuse por Canadá e outros centros de inmigración irlandesa. En Irlanda o movemento foi dirixido por James Stephens, arredor do diario The Irish People, e continuou ata finais da Primeira Guerra Mundial; posteriormente, integráronse en diversos partidos políticos, sobre todo no Sinn Féin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que afirma que os obxectos son reducibles ás experiencias sensoriais ou que os enunciados sobre obxectos físicos poden analizarse en termos de enunciados fenoménicos que describen experiencias sensoriais. A miúdo é equivalente á negación da metafísica e da substancialidade. No s XX, os principais defensores desta concepción foron J. Ayer e C. I. Lewis, que afirmaron que o contido dun enunciado sobre un obxecto físico non envolve a apelación a contidos, datos ou experiencias sensoriais. Tamén se denomina fenomenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fenomenalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno intermedio entre o ferromagnetismo e o antiferromagnetismo que se presenta nas substancias que conteñen ferro trivalente (Fe3+) e outro metal divalente (como Fe2+, Ni2+ ou Mn2+), como é o caso das ferritas. Desaparecen ao alcanzar unha temperatura determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen algunhas substancias de posuír unha susceptibilidade magnética positiva moi grande. Nestas substancias, o campo de indución magnética B é, polo tanto, moito máis intenso que no baleiro, para un mesmo valor da excitación magnética H. Os metais Fe, Co, Ni, Gd, Dy e algúns minerais e aliaxes metálicas son ferromagnéticos. As substancias ferromagnéticas teñen unha permeabilidade relativa moi elevada, ao redor de 1.000, variable en función do campo H e das condicións ás que se someteu o material, e se se anula o campo H, non se anula o B, e así permanecen magnetizadas (magnetismo remanente), polo que se poden empregar para fabricar imáns. Para cada substancia ferromagnética existe unha temperatura denominada de Curie que, unha vez sobrepasada, a substancia se volve paramagnética. Non existen líquidos nin gases ferromagnéticos. É un fenómeno que se debe a propiedades non atómicas nin moleculares, senón á estrutura cristalina. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Culto dos fetiches. O termo aplicouse á relixión dos pobos de África Occidental e posteriormente, trala publicación da obra Culto dos deuses fetiches (1760) do erudito francés Charles de Brosses, difundiuse por Europa e identificouse coa relixión daqueles pobos que consideraban a todos os seres naturais dotados de forzas anímicas, forzas que tentaban propiciar por medio do culto. Segundo as interpretacións da etnoloxía, este tipo de relixións inclúense no concepto de animismo.

    2. Admiración esaxerada e excesiva de algo ou alguén.

    3. Manifestación ou comportamento sexual, xeralmente como resultado dunha fixación de impresións infantís, que consiste en contemplar e manipular unha parte do corpo ou un obxecto determinado para espertar o apetito sexual ou chegar incluso ao orgasmo.

    4. Expresión utilizada por Marx para expresar a terxiversación do home respecto das cousas, as mercadorías e as relacións de produción, imperante no sistema capitalista. Consiste en atribuírlles ás mercadorías propiedades fantásticas que non lle pertencen de seu, senón que son atribuíbles ao traballo humano. Así, por exemplo, atribuírlle un prezo determinado polo seu valor obxectivo, cando, en realidade, o prezo é consecuencia da relación social concreta de traballo que se materializa a través desa mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema medieval de relacións sociais, políticas, xurídicas e militares que tiña como base a constitución do feudo e do señorío e a relación de vasalaxe. O termo cuñouse no s XVII para referirse a todo aquilo relacionado co feudo, pero foi no s XVIII, por influencia da Ilustración, cando comezou a empregarse para referirse ao sistema de organización social co que acabou a Revolución Francesa. O concepto continuou a súa evolución ao longo do s XIX ata converterse no s XX nun dos termos máis debatidos dentro da historiografía. Os historiadores institucionalistas, liderados por J. L. Ganshof, centraron a súa definición nos aspectos xurídicos e políticos do termo, mentres que os de tendencias marxistas se centraron en aspectos de tipo económico e social e o consideraron un modo de produción; os historiadores da escola dos Annales, entre os que destaca M. Bloch, preferiron unha posición intermedia, polo que adoptaron tanto criterios xurídico-políticos como económicos e sociais para a definición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma do externalismo que afirma que a crenza pode estar xustificada se a súa formación é o resultado dun proceso fiable, aínda que o crente non sexa consciente do que xustifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de H. Vaihinger que recoñece na ficción unha función positiva xa que a través dela podemos aprender cousas sobre a realidade dunha maneira única.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa e filosófica que afirma que as verdades metafísicas, morais e relixiosas son inaccesibles á razón e teñen que ser aprehendidas mediante a fe. Foi unha reacción conservadora de católicos e protestantes ante a efervescencia ideolóxica e política de finais do s XVIII, dirixida principalmente contra o enciclopedismo, o racionalismo ilustrado e a Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema interpretativo das Sagradas Escrituras segundo o cal no Antigo Testamento prefigúranse non só os acontecementos do Novo Testamento, senón tamén todos os que aconteceron ou acontecerán no curso da historia da Igrexa. Enunciouno no s XVIII o xansenista Jean-Baptiste de Sesne de Mérilles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina baseada na filantropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección pola filatelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político, de carácter relixioso (cristián) e cultural (herdeiro da civilización clásica), que buscaba a independencia grega fronte ao dominio turco. Iniciado a comezos do s XIX, contaba con apoio de destacadas personalidades europeas da época (Byron e Delacroix).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partido dos filibusteiros.

    2. Táctica obstrucionista dos filibusteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de filisteo.

    VER O DETALLE DO TERMO