"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Estudiou dereito na Universidade Central e, logo de exercer a avogacía, ingresou na Academia Militar de Tegucigalpa. Participou na guerra contra Nicaragua en 1907 e ao ano seguinte foi elixido xefe militar da zona norte do país. Participou na fundación do Partido Nacional en 1923 e desempeñou o cargo de presidente da República (1932-1949), dende o que exerceu unha ditadura co apoio do exército. Sufocou revoltas liberais (1936-1937) e en 1941 declarou a guerra ao Eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (283-285). Derradeiro representante da dinastía dos ilirios, sucedeu o seu pai Caro no Imperio de Occidente, mentres o seu irmán Numeriano administraba o de Oriente. Trala morte do seu irmán (284), adoptou o título de Germanicus Maximus e, despois de derrotar preto de Verona o usurpador Marco Aurelio Xuliano, loitou contra Diocleciano, proclamado sucesor de Numeriano en Oriente e que non o recoñecía. Derrotouno nunha batalla á beira do río Marus (Mesia Superior), pero foi asasinado por un dos xefes do seu exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Adscrito ao realismo poético, é o autor de destacadas películas que se poden incluír dentro desta tendencia: Drôle de drame (Estraño drama, 1937) e Le jour se lève (O día comeza, 1939). En Les visiteurs du soir (Os visitantes da tarde, 1942-1943) e Les enfants du Paradis (Os nenos do Paraíso, 1943-1945) establece, en clave, unha vontade de definición estética semellante á de Prévert. Entre as súas obras posteriores destacan Juliette et la clef des songes (Xulieta e a chave dos soños, 1951) e La Bible (A Biblia, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (282-283). Coñecido como Persicus Maximus, foi proclamado emperador polo exército despois do asasinato de Probo. Asociou o goberno aos seus fillos Carino e Numeriano. Derrotou na Panonia o pobo xermánico dos cuados, pasou a Asia, venceu os sármatas, conquistou Mesopotamia e Seleucia e chegou a Ctesifonte. Sucedérono os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueóloga. Licenciada en Filosofía e Letras (1967), doutorouse en 1981 coa tese Aportación al estudo de la glíptica romana en España: los entalles del Museo Arqueológico Nacional. Entre 1987 e 1988 foi directora xeral de Cultura da Xunta de Galicia; en 1995, logo de ocupar diferentes cargos na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida directora do departamento de Historia I. Colaborou, entre outras, nas seguintes revistas: Gallaecia, Brigantium, Museo de Pontevedra e Boletín Auriense. Escribiu Colección de glíptica del Museo Arqueológico Nacional: serie de entalles romanos (1990). É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, do Seminario de Estudios Galegos da área de Arte/Comunicación e da Asociación Profesional de Arqueólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Emigrou aos EE UU onde comezou a pintar. En 1934 instalouse en Madrid e posteriormente trasladouse a Ferrol. A súa obra caracterízase pola descrición de paisaxes e de personaxes populares cunha forte influencia da estética dos muralistas mexicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Ciencias Humanas. Deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (PP) dende a terceira lexislatura (1989-1993), foi asesor do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e secretario provincial de Alianza Popular (AP) e do PP en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercedes González Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Arxentina, á beira do río Valle, que forma un val ao O da serra andina de Ancasti (110.269 h [1995]). Típica cidade colonial, presenta un trazado urbano rectangular. O cultivo de algodón e viña, e a cría de gando vacún son as principais actividades económicas. É un importante centro turístico, principalmente no inverno debido á suavidade do seu clima. Fundada en 1559 por Juan Pérez de Zurita co nome de Nueva Inglaterra, no ano 1683 Fernando de Mendoza trasladou esta capital á súa localización actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, na rexión Andina (102.602 km2; 287.567 h [1995]). A súa capital é Catamarca. No seu relevo distínguense as seguintes zonas: a Puna, ao NO, onde alternan aliñacións montañosas con vales; as serras andinas e as serras da Pampa, que penetran na provincia desde o Peñón Norte, ocupado ás veces por bolsóns e salinas, como as de Antofalla e Hombre Muerto. Presenta un clima continental árido con contrastes térmicos provocados pola diferenza de altitude. A súa vexetación é, xeralmente, esteparia (principalmente espinillo) e entre as árbores destaca o ervello de Ceratonia. Os seus principais recursos económicos son a agricultura nas áreas dos oasis e a gandería, principalmente a cría de cabras nas rexións pobres. Ten unha gran tradición a explotación mineira e destacan os xacementos de ferro. A industria redúcese a pequenas fábricas de augardentes e confección de tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, orador e político romano. Chamado o Vello ou o Censor, era membro dunha familia plebea. Participou na Segunda Guerra Púnica (217 a C) e fixo carreira política en Roma axudado por Lucio Valerio Flaco. Comezou como cuestor en Sicilia no 204 a C con Publio Cornelio Escipión o Africano. Elixido edil no 199 a C, reinstaurou os xogos plebeos. No 198 a C foi pretor en Sardeña, onde adquiriu popularidade pola súa sobriedade e xustiza no desempeño do cargo, feito que lle axudou a acadar o consulado no 195 a C. Durante este mandato trasladouse a Hispania para sufocar un levantamento indíxena. Participou tamén como tribuno militar na expedición contra Antíoco no ano 191 a C. No ano 184 a C foi elixido censor e aplicou unha política na que cargou con impostos o luxo e realizou importantes obras públicas na cidade. Combateu a política liberal e filohelénica dos Escipións en defensa das tradicionais virtudes romanas (aforro, austeridade e xustiza), virtudes que practicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Chamado o Uticense, era bisneto de Catón o Vello. Comezou a súa carreira pública como tribuno militar en Macedonia, no ano 72 a C, onde coñeceu as doutrinas filosóficas estoicas. Ao seu retorno a Roma, exerceu de cuestor atacando os colaboradores do tirano Sila. Elixido tribuno no ano 62 a C, compartiu o cargo con Cicerón e Catulo, e loitou no Senado contra as ambicións de César, Craso e Pompeio. Durante o consulado de César foi encarcerado, pero a presión popular liberouno. No ano 54 a C accedeu ao cargo de cuestor, desde o que tentou corrixir a situación de corrupción e desorde imperante. Cando se desencadeou a guerra civil púxose de parte de Pompeio, ao que seguiu ata á súa morte. Logo marchou en axuda de Escipión. Suicidouse despois da derrota de Thaos. Foi considerado como un exemplo para os estoicos. Dos seus escritos, consérvase unha carta a Cicerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Número equivalente a dez máis catro.

    2. Que ocupa o lugar número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.

    3. Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 14 e na romana por XIV.

    4. Cousa designada co número catorce.

    5. Décimo cuarta hora despois das doce da noite, isto é, as dúas do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data da proclamación da Segunda República española, despois do éxito republicano das eleccións municipais do 12 de abril de 1931. En Madrid a xornada foi intensa en negociacións diplomáticas, que remataron coa marcha do rei. Tiñan como obxectivo evitar actitudes de resistencia e conseguir un cambio de poderes sen violencia. O comité republicano converteuse en goberno provisional e estivo presidido por Niceto Alcalá Zamora. Nas principais vilas galegas, o pobo manifestouse portando a bandeira republicana e tomando os concellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data da festa nacional francesa. Instaurada en 1880 durante a Terceira República en memoria do día en que os cidadáns de París tomaron a Bastilla, feito que marcou o inicio da Revolución francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propostas de paz, anunciadas o 8 de xaneiro de 1918 polo presidente dos EE UU Woodrow Wilson perante o Congreso. Tiñan como obxectivo establecer as bases dunha paz xusta e duradeira despois da Primeira Guerra Mundial. Sinteticamente, os catorce puntos pedían: a renuncia á diplomacia secreta mediante a firma de convenios abertos entre os países, que debían acadarse publicamente; a liberdade de navegación fóra das augas territoriais; a supresión das barreiras comerciais internacionais e o establecemento dun réxime de igualdade nas relacións comerciais das nacións defensoras da paz; unha redución do armamento ao mínimo necesario para a seguridade interior de cada estado; a solución das reivindicacións coloniais atendendo tamén á poboación colonial; a evacuación por parte de Alemaña do territorio ruso con garantía de autonomía; a restauración de Bélxica; a evacuación de Francia e a devolución da Alsacia e Lorena; o reaxuste da fronteira italiana seguindo liñas de nacionalidade claramente recoñecibles;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das catorce partes nas que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO