"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Persoa que vai recibir o sacramento da confirmación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen confirma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Reafirmar, facer aínda máis firme e seguro, algo que non se sabe con certeza.

      2. Asegurar alguén que son verdadeiras as palabras doutra persoa.

      3. Facer que algo provisional ou dubidoso pase a ser definitivamente certo.

      4. Ter alguén máis seguridade nunha determinada crenza, sospeita ou intención.

      5. Adquirir máis certeza un xuízo de valor que se fai sobre algunha persoa.

    1. Renovar a alguén nalgún cargo.

    2. Administrar o sacramento da confirmación.

      1. Acabar por ser certo algo que era dubidoso.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do discurso na que o orador presenta argumentos e probas para apoiar a conveniencia dunha proposición ou discurso. As retóricas clásicas concibíana como a serie probatoria da argumentatio, ou división principal do discurso, oposta á refutatio, na que se rebatía a posición contraria. Empregábase tamén como a actividade básica da progymnasmata, ou exercicios retóricos elementais practicados nas escolas, segundo a que os estudiantes debían argumentar oralmente a favor ou en contra da probabilidade ou credibilidade dunha historia verídica ou ficticia sobre uns modelos establecidos. A confirmatio mantívose nos tratados retóricos medievais e renacentistas, e, posteriormente, trasladouse ás retóricas vernáculas dos ss XVII e XVIII. A partir do s XIX, o termo estendeuse a outros ámbitos, máis alá da especialización dos tratados forenses ou oratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que confirma ou serve para confirmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que confirma.

    2. Relativo ou pertencente ao sacramento da confirmación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de conformar ou conformarse.

      1. Estrutura ou forma dalgunha cousa.

      2. Disposición xeral das partes que forman un corpo organizado ou un órgano.

      3. Cada unha das disposicións xeométricas dos átomos dunha molécula no espacio, que poden interconverterse por rotación, máis ou menos libre, duns grupos atómicos respecto dos outros, ao redor dun enlace simple que se toma como eixe. A repulsión entre os electróns dos enlaces e un certo impedimento estérico entre os átomos, fan que só estean favorecidas enerxeticamente determinadas configuracións dunha molécula e que a rotación libre estea en parte restrinxida. O etano (H 3 C-CH 3 ) posúe unha enerxía de interacción máxima cando a distancia entre os hidróxenos de cada metilo é mínima (conformación eclipsada), e mínima cando a distancia é máxima (conformación alternada ou non eclipsada). Por esta razón, a maioría das moléculas do etano a temperatura ambiente sitúanse na conformación alternada, que é máis estable. Para o 1,2-dibromoetano (BrH 2 C-CH 2 Br) propóñense diversas formas de configuración: a sinperiplanar,...

      1. Acción que lles dá aos metais unha forma axeitada aproveitando a súa capacidade de deformación plástica, que permite que sexan traballados en forma de pranchas ou barras. A conformación de metais pode facerse en frío (a temperatura ambiente) ou en quente, sexa por dobramento, extrusión, estiramento, laminación, forxa ou estampación. Na conformación en frío, prodúcese unha gran consolidación do metal, que aumenta de resistencia e se volve duro e crebadizo, feito que non ocorre en quente. Na metalurxia das pólvoras, a conformación faise prensando o compacto de pólvoras; este proceso permite acadar pezas cunhas densidades maiores e cu-nhas tolerancias dimensionais máis estreitas. Unha gran deformación plástica permite obter formas máis complexas e, se é restrinxida, as pezas poden ter as dimensións precisas sen necesitar unha posterior mecanización.

      2. Acción de darlles aos plásticos (termoplásticos ou termoendurecibles) unha forma adecuada para aproveitar a súa capacidade de deformación mediante a acción conxunta da calor e da presión, e segundo diversos prodecementos: laminación, moldeado, extrusión, expansión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de conformar ou conformarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen conforma.

    2. Instrumento composto dunha gran cantidade de púas móbiles que, aplicadas contra a superficie dun corpo, permiten reproducir con exactitude a súa forma e dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar unha forma determinada a algunha cousa, material ou inmaterial, ou a alguén.

      2. Darlles aos metais, plásticos ou outros materiais unha forma axeitada ao uso ao que van destinados.

      1. Igualar ou facer coincidir unha cousa con outra.

      2. Dar a conformidade á recepción ou o libramento dunha mercadoría.

    1. Conseguir que alguén estea conforme.

    2. Tomar unha forma determinada algo ou alguén.

    3. Estar unha persoa conforme co que é ou co que ten.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha forma ou maneira de ser igual á doutra cousa que normalmente se toma como tipo ou modelo.

    2. Que está de acordo con algo ou alguén.

    3. Que está contento ou satisfeito con algo.

    4. Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.

    5. Introduce unha cláusula que indica ‘de xeito simultáneo ou a medida que’.

    6. Introduce unha cláusula que indica ‘no mesmo momento en que ou tan pronto como’.

    7. De acordo con, desde o punto de vista de.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade das cousas que se asemellan ou teñen outra como referente.

    2. Feito de estar conforme coa opinión doutra persoa e expresión desa aprobación.

    3. Feito de conformarse unha persoa coas circunstancias, xeralmente desfavorables, que a rodean.

    4. Relación entre dous estratos, dous pisos ou dúas series, que se dispoñen paralelamente un detrás do outro, sen que haxa ningún tipo de interrupción na sedimentación.

    5. Aceptación, por parte dos membros dunha comunidade, das normas que prevalecen nesta nun momento dado, impostas ou mantidas polo grupo social dominante. Esta actitude pode ser resultado simplemente da socialización, efecto da coerción, ou froito dunha vontade consciente de integración no grupo e de ser aceptado por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude do que se acomoda facilmente a calquera circunstancia, de carácter público ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se conforma.

      1. Relativo ou pertencente ao conformismo.

      2. Quen actúa con conformismo.

    2. En Inglaterra, adepto á Igrexa oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de cono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. De tendencia naturalista, publicou Lieder eines Sünders (Cantos dun pecador, 1887) e Adam Mensch (O home Adam, 1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (? - 918) Rei de Xermania (911-918) e duque de Franconia (906) e de Glismut, fillo de Conrado o Vello. Sucedeu a Luís III o Neno, derradeiro membro da liñaxe dos carolinxios xermánicos, como rei de Xermania. Enfrontouse ás invasións dos eslavos e dos maxiares, e loitou contra os duques de Baviera, Saxonia e Suabia. Fracasou no intento de recuperar Lorena, que pertencía a Carlos III de Francia e renunciou a instaurar a súa familia no trono, polo que designou sucesor a Enrique I o Paxareiro, duque de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xermania e dos romanos (1127-1135 e 1138-1152), fillo de Federico I, duque de Suabia e fundador da dinastía Hohenstaufen ou de Suabia. Nomeado duque de Franconia polo seu tío o Emperador Enrique V, opúxose ao Emperador Lotario III e foi coroado temporalmente rei dos romanos en Milán (1128). Reconciliado con Lotario III, sucedeuno como rei de Xermania, fronte ao poder do güelfo Enrique X o Soberbio, duque de Saxonia e Baviera. O enfrontamento entre ambos os dous provocou unha devastadora guerra civil que deu orixe ás loitas entre güelfos e xibelinos. Morreu despois de participar na Segunda Cruzada (1147-1149) sen conseguir dominar o feudalismo xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos romanos e de Xermania (1237-1254), rei de Sicilia (1251-1254) e duque de Suabia. Recibiu tamén o título nominal de rei de Xerusalén (1250-1254). Segundo fillo do Emperador Federico II, enfrontouse primeiro ao landgrave de Turinxia, elixido pola facción papal dos príncipes alemáns, e ao conde Guillerme de Holanda, que se sublevou contra Federico II despois de ser excomungado e deposto polo Papa Inocencio IV. Sucedeu a seu pai como rei de Sicilia e comezou unha campaña en Italia (1250) para consolidar o reino. Morreu despois da toma de Nápoles e os dereitos pasaron ao seu fillo Conrado V, chamado Conradino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda vertente que lle dá máis escuadra ao cango de esquina de xeito que suaviza a pendente da cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO