"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político holandés. Foi gobernador xeral das Indias Orientais Holandesas (1830-1833) e ministro de colonias (1834-1839). Escribiu a obra Posesións holandesas en Asia, América e África (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Belas Artes na Universidad de Salamanca. Nos anos oitenta mantivo unha importante relación co Expresionismo. Actualmente o seu traballo pitórico, de técnica mixta, evidencia estruturas reticulares que pertencen á natureza. Realiza paisaxes nas que está presente a abstracción, realizadas con papel de fotografía e serigrafía, e onde interveñen as imaxes orixinadas a partir do ordenador. Das súas últimas producións destaca Valla (1999), realizada en obra orixinal serigráfica. A parede dunha galería ou a invasión dun espazo urbano -instalación nun valo para carteis publicitarios realizada o 15 xaneiro 1999-, son algúns dos lugares onde esta obra se sitúa, en continua mutación e transformación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Castelnuovo don Bosco, Becchi, Piemonte 1815 - Turín 1888) Eclesiástico e pedagogo, coñecido como Don Bosco. En 1841 iniciou a tarefa pastoral entre os nenos. En 1859 fundou a futura congregación salesiana. En 1886 visitou Barcelona, e recibiu unha doazón de terreos no Tibidabo, onde se erixiu unha pequena ermida. Escribiu ao redor de 150 obras de divulgación, principalmente histórica, didáctica e apoloxética. Como pedagogo foi partidario do sistema preventivo, da participación completa do mestre na vida dos alumnos e da educación postescolar; deu moita importancia á formación para o traballo (talleres nas escolas, escolas profesionais, etc) e humanizou a disciplina escolar. Foi o primeiro que enviou os eclesiásticos ás universidades do estado. Canonizado no 1934, a Igrexa Católica celebra a súa festa o 31 de xaneiro. É patrón dos editores (1936) e dos aprendices (1958).
-
PERSOEIRO
Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático. Rematou os estudios en 1915 e comezou a traballar no Colexio Universitario de Calcuta. En 1921 deixou Calcuta e estableceuse na Universidade de Dacca. En 1924 enviou a A. Einstein un traballo sobre a teoría cuántica, que o mesmo Einstein fixo publicar, traducido ao alemán, cunhas notas súas. Mantivo contactos con De Broglie en Francia, e con Einstein, Max Born e Heisenberg en Alemaña. Destacou pola súa Estatística matemática (1925), xeneralizada despois por Einstein e coñecida como estatística de Bose-Einstein, que permite estudar as radiacións electromagnéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nacionalista indio. Membro da á esquerda do Indian National Congress, que presidiu dende 1938 a 1939. Dimitiu como consecuencia da súa oposición ás ideas de non-violencia de Gandhi. Encarcerado polos británicos en 1940, fuxiu a Alemaña. Coa axuda xaponesa fundou en Bangkok (1942) a liga pola independencia da India, e en Singapur (1943), un goberno da India libre. O motivo da súa morte non foi aclarado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anticuario. Publicou as súas investigacións no seu libro Roma sotterranea (Roma subterránea, 1622).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Augustin Pajou e de Antonio Canova. Neoclásico ortodoxo, en París foi escultor oficial de Napoleón e de Luís XVIII. É autor da cuadriga do arco de Carrousel (1806), dos relevos da columna Vendôme (1806-1810) e da estatua ecuestre de Luís XIV na praza das Victorias (1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Wenceslao Fernández Flórez no ano 1943. Recrea un mundo especificamente galego: a fraga de Cecebre e os seus habitantes, tanto os seres irracionais como os homes vinculados a ela. Preséntase como unha defensa da vida do campo e do contacto directo coa natureza, como alternativa vital. A fabulación divídese en dezaseis estancias, á maneira renacentista, emulando o esquema compositivo das églogas. Trátase de relatos independentes, pero conexos por un lene fío argumental constituído, precisamente, polo escenario no que se desenvolve a acción, o bosque vivente, que funciona á vez como protagonista colectivo. O libro péchase cun “ultílogo”, cultismo que introduce o autor amodo de despedida poética. A primeira estancia familiariza o lector coa paisaxe e co ambiente da fraga, por medio da animación dos distintos elementos naturais que a compoñen: o ceo, as árbores, o chan, etc. A partir da segunda, iníciase un ritmo de composición que alterna, de modo case invariable, episodios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme realizado en 1987 polo produtor Eduardo Ducay con dirección de José Luis Cuerda e guión de Rafael Azcona baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Desde finais da década dos anos vinte, o escritor coruñés mantivera co cine unha relación moi estreita, tanto subministrando temas que outros adaptarían, como participando directamente como guionista. Con anterioridade á obra de Cuerda, Antonio F. Simón dirixira en 1975 unha mediametraxe, partindo do mesmo texto orixinal, co título de Fendetestas. Tanto nun caso como noutro, os guionistas tiveron que prescindir do antropomorfismo do mundo animal e vexetal, que constituía a maior singularidade do relato wenceslaiano. Sobrado dos Monxes converteuse na fraga de Cecebre. Se ben os condicionamentos comerciais colocan en primeiro termo publicitario o nome de Alfredo Landa no seu papel de Malvís/Fendetestas, a película vén sendo unha obra coral, tratamento ao que non é alleo o título: baixo o amparo da fraga viven señores e labregos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película de debuxos animados baseada no libro homónimo de Wenceslao Fernández Flórez, e realizada pola empresa coruñesa Dygra a partir dun guión de Ángel de la Cruz. Dirixida e producida por Manuel Gómez Santos, foi realizada empregando técnicas de animacións por ordenador, co obxectivo de estreala no ano 2000. As texturas e efectos visuais foron creados por un equipo coordinado por Javier Reigada, a supervisión técnica e programación creativa dependeu de Juan Nouche e a dirección artística de Alberto Taracido.
-
-
Que pertence ao pobo bosquimán.
-
Individuo do pobo bosquimán.
-
Pobo africano, que forma xunto co hotentote, a raza chamada khoisan. Os bosquimáns son de baixa estatura (1,52 m de media) e presentan, especialmente as mulleres, un arqueamento moi acentuado da columna vertebral na rexión esteatopixia e sacrolumbar. No s XVIII as migracións cara ao sur dos pobos bantúes obrigáronos a refuxiarse no deserto de Kalahari. Practican a caza e a súa unidade sociopolítica é a horda de cazadores.
-
Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano central tamén denominado hotentote. Fálase en Sudáfrica, concretamente no deserto de Kalahari. Contabilizáronse uns 50.000 falantes.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Boston.
-
Natural ou habitante de Boston.
-
-
-
Apelido de difícil interpretación. Podería tratarse dun descendente da voz común bota, polo que a súa orixe estaría nun antigo alcume ( Boto).
-
Liñaxe que se estableceu en Santiago de Compostela. Entroncou cos Saavedra, naturais do lugar de Peniche, en Vigo. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Botaina. As súas armas levan, en campo de goles, unha pipa de viño cun remendo de coiro.
-
-
PERSOEIRO
Catedrático de Dereito. Posúe a cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, a licenciatura en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas e a de Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado moitos dos seus traballos sobre Dereito Industrial na revista Actas de Derecho Industrial e colaborou na revista estranxeira Universitas. Publicou, ademais de numerosas monografías, Contribución al estudo del Tratado de Cooperación en materia de Patentes (1978) e Hacia un nuevo sistema de Patentes (1982). Como asesor, participou no Anteproxecto de Lei de Marcas do ano 1980, no Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade de 1984 e no Anteproxecto de Lei Galega da Publicidade de 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo, sindicalista e político socialista. En 1897 converteuse no dirixente da agrupación socialista de Vigo e en 1901 accedeu á dirección do voceiro socialista local Solidaridad. Promoveu o primeiro congreso obreiro da Unión Galaico-Portuguesa. En 1904 presidiu o Primeiro Congreso socialista de Galicia. Participou nas loitas obreiras de principios de século, polo que foi encarcerado en varias ocasións (folga de tipógrafos de 1904 e folga xeral de 1917). En 1907 mostrouse contrario ao proxecto político de Solidaridad Gallega, promovendo máis tarde un pacto Republicano-Socialista entre PSOE, Unión Republicana e Partido Federal. Foi concelleiro de Vigo entre 1913 e 1928, ano no que presidiu o XII Congreso da UGT en Madrid. Coa chegada da República foi elixido deputado entre 1931 e 1933. Co seu traballo no Congreso loitou pola abolición definitiva dos foros no marco da reforma agraria e noutros feitos puntuais como o estatuto do viño e as exportacións conserveiras. Na convocatoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa actividade a mediados dos anos sesenta co grupo de teatro da Asociación da Prensa de Vigo, colaborando tamén co grupo da Alianza Francesa, que realizaba espectáculos en francés, co Grupo Cope e co Teatro Popular Keyzán. Logo dunha longa paréntese e de traballar un tempo como actor de dobraxe, en 1995 creou, xunto con Xosé Manuel López Conde e Manuel Pombal Pérez, a compañía Fulano, Megano e Citano, coa que realizaron os espectáculos Feito en Galicia (1995) e Cheiro de estrelas (1997). Co Centro Dramático Galego traballou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Bioloxía que estudia os vexetais, considerados estes de xeito clásico como aqueles seres que medran e viven, pero que non mudan de lugar; abranguería, polo tanto as plantas (con estruturas anatómicas e histolóxicas complexas: briófitas, fentas e espermatófitas), as algas, os fungos e as cianofíceas. O estudo das plantas pódese facer dende puntos de vista moi diferentes: o estudo da forma e aspecto do vexetal constitúe a Sistemática ou Morfoloxía botánica; o da clasificación, a Taxonomía; o dos órganos, a Anatomía; o dos tecidos, a Histoloxía; o do funcionamento dos tecidos, a Fisioloxía; o dos usos, a Etnobotánica. A Botánica tamén trata de explicar as agrupacións vexetais dende a Fitosocioloxía; a distribución polo planeta, dende a Xeobotánica; ou mesmo as plantas fósiles, dende a Paleobotánica. En resumo, a Botánica abrangue o estudo e coñecemento do mundo vexetal dende calquera punto de vista biolóxico (morfolóxico, xenético, bioquímico, etc) ou etnográfico. Aristóteles (384-322...
-
-
Relativo ou pertencente á Botánica ou ao seu obxecto.
-
Persoa que se dedica á Botánica.
-
xardín botánico
-