"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

    1. Relativo ou pertencente ao consumismo.

    2. Adepto ou partidario do consumismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de consumir ou consumirse.

      1. Apropiación final dos bens ou servicios para uso ou propiedade do público. Distínguense dous niveis: o microeconómico e o macroeconómico. No primeiro faise referencia ao xeito de distribuír o consumidor a súa renda entre diferentes bens e no segundo relaciónase o gasto total dunha comunidade en bens de consumo coa renda da colectividade. John Maynard Keynes elaborou unha función macroeconómica que denominou propensión ao consumo. Trátase dunha función estática que relaciona a renda nacional cunha variable independente e o gasto global en bens de consumo cunha variable dependente. A construción desta función baséase no que Keynes chamou lei psicolóxica fundamental: todo incremento da renda comporta un incremento no consumo; pero nunha proporción menor ca a do incremento da renda. Os elementos que gobernan o gasto en consumo son a contía da renda e unha serie de factores que non poden afectar á estabilidade desta función de consumo. Así, cunha...

      2. imposto de consumo /

        Tributo creado en España pola reforma financeira de Alejandro Mon-Santillán (1845). Reuniu os diferentes impostos indirectos que gravaban o consumo de artigos de primeira necesidade e comestibles. O seu valor aumentaba nos lugares máis poboados. A súa maior parte percibiuno o goberno mediante outros condutos, feito que provocou revoltas populares, como o Motín dos Consumos de 1856. Intentouse abolir varias veces, desapareceu entre 1868 e 1870, e foi repetidamente modificado. Subsistiu ata 1940, ano no que a reforma de José Larraz o incluíu na Contribución de Usos y Consumos.

    2. Cantidade de enerxía en forma de combustible, corrente eléctrica ou outra fonte, que se lle debe subministrar a un motor para garantir o seu funcionamento durante un tempo determinado e, no caso dun vehículo, para un espazo concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de orixe popular producido pola subida das recargas que aplicaba o concello da Coruña a todos os produtos básicos que se consumían na cidade a diario, dende xuño de 1886, e que cobraba unha empresa arrendataria. O descontento popular fronte a esta medida comezou a manifestarse dende primeiros de xullo, fundamentalmente por parte das mulleres das aforas da Coruña que abastecían diariamente os mercados da cidade. No mes de agosto produciuse o peche das touciñeiras e coas ameazas das vendedoras de froitas e legumes, acompañadas polas leiteiras e as vendedoras que viñan todos os días da periferia, orixinouse un motín na cidade. Para someter a poboación proclamouse o estado de guerra en toda a provincia, despois de que a poboación urbana asaltase a oficina central da compañía. Inmediatamente, o concello decidiu reducir a recarga imposta aos produtos e, despois dunha semana, a cidade volveu á calma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consumir ou consumirse pola perda de vigor físico ou anímico.

    2. Adelgazamento e afectación profunda do estado xeral do organismo como consecuencia de enfermidades graves e prolongadas ou do xaxún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á consunción.

    2. Que ten a propiedade de consumir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano da abundancia, de culto moi antigo. Tiña un altar subterráneo no centro do Circo Máximo que se exhumaba nas Consualia, festas en honor do deus que se celebraban trala sementeira (15 de decembro) e trala recolleita (21 de agosto). Durante estas últimas, en tempos de Rómulo, tivo lugar o rapto das sabinas. Posiblemente, na súa orixe fose un deus dos silos, un deus campestre encargado de protexer o gran enterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para contar a velocidade de rotación do motor dos vehículos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento teatral promovido por Vsevolod Meyerhold a partir dos seus traballos no Teatro Estudio, obradoiro experimental creado ao abeiro do Teatro de Arte de Moscova, que dirixía Konstantin Stanislavski. Naquel marco de investigación, Meyerhold desenvolveu diversas propostas de traballo para eliminar a ilusión escénica, co que tentaba superar a estética naturalista e establecer unha nova relación entre o actor e o seu personaxe, entre o elenco e os espectadores. En anos sucesivos, Meyerhold foi formulando novas teorías no terreo da posta en escena, da interpretación e da recepción; destaca o papel do espectador como un creador máis, pois entendía que como receptor tiña que utilizar a súa imaxinación para dar pleno sentido ás suxestións e propostas do espectáculo teatral. O director de escena ruso partía igualmente do principio de que a creación teatral non ten como obxectivo mostrar unha ilusión, senón construír un mundo dramático que actores e espectadores saben fiticio, feito que permite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa interterritorial de consumo constituída en Vigo o 24 de xullo de 1971 e encadrada na Unión Nacional de Cooperativas de Consumo. O seu ámbito de actuación estendeuse ás catro provincias galegas. O seu obxectivo foi a adquisición e distribución de artigos de uso e consumo para a subministración dos seus asociados e das súas familias en interese común e sen ánimo de lucro; como función subordinada a esta, asesorou os seus socios en cuestións relacionadas co seu carácter de consumidores. Ademais COGALCO, en igualdade de condicións, preferiu os produtos proporcionados por outras cooperativas, como podía ser a vasca EROSKI, e, dentro destas, as de Galicia. O seu capital social estaba constituído polas contribucións dos seus socios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e crítico dramático francés. Estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o segundo premio de comedia en 1860. Incorporouse á Comédie Française en 1864, na que se fixo famoso pola creación de personaxes como Gringoire, Tartufo ou Fígaro nos que mostrou un sorprendente dominio dos recursos do actor. Trala súa dimisión en 1886, fixo xiras artísticas por Europa e América, e reincorporouse á Comédie en 1890 para interpretar o Thermidor de Sardou. A partir de 1895 traballou co teatro da Renaissance e en 1897 converteuse en administrador do teatro da Porte-Saint-Martin, onde representou o papel de Cyrano na obra Cyrano de Bergerac, escrito para el, a petición súa, por Edmond Rostand. Publicou o ensaio L’art du comédien (A arte do cómico) e L’Arnolphe de Molière (O Arnolphe de Molière).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde ou garda relación de conformidade mutua con algunha cousa que lle é propia.

    2. Aplícase ao membro dunha corporación ou entidade coa que colabora por correspondencia ao non ser un compoñente fixo dela.

    3. Que ou quen ten correspondencia cunha persoa ou corporación.

    4. Comerciante que representa unha firma mercantil nunha localidade distinta daquela na que ten o seu domicilio a casa representada.

    5. Xornalista que envía informacións ao seu periódico, emisora de radio ou televisión dende outro lugar ou país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Penalidade dos antigos contratos de arrendamento de propiedades pola que debía facerse efectiva unha cantidade monetaria ao arrendador nos casos de subarrendamento da propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Logo de presidir a confraría de pescadores de Moaña, dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou, ademais das súas memorias, diversos artigos de pesca en Faro de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Foi director do Taller de Gravado de Noia que leva o seu nome. Con 17 anos trasladouse a Barcelona, dende onde desenvolveu a súa traxectoria artística, moi ligada a Galicia. Estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e asistiu ao obradoiro do gravador Dimitri Papageorgiu. En 1972 recibiu unha bolsa da Fundació Joan March para ampliar estudios en Florencia e en 1983 outra do ministerio de Cultura. Abrangueu diversos campos da plástica, entre eles a pintura, a escultura, o deseño gráfico, a ilustración, o gravado, o deseño de decorados e a pintura mural. A súa obra, situada nunha liña surrealista e onírica, caracterízase por un debuxo dinámico e aínda que figurativa, en ocasións amosa unha certa abstracción. Entre as súas obras cómpre destacar a pintura realizada para o Instituto Frenopático de Barcelona (1981-1984), os murais do Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela e os do antigo edificio da Central Leiteira Leyma na Coruña (1985). Entre as series...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica galega creada en 1999 integrada por Continental Produciones SA, Produtora Faro SA e IMAXE SA. Entre os seus proxectos para televisión destacan as series Chunda, Chunda, Vieiros ou Escravos de Gran Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político portugués. Foi profesor de Dereito nas universidades de Coimbra e Lisboa. Como ministro de Xustiza do primeiro goberno republicano, asinou a Lei de Separación de Igrexa-Estado. Ocupou os cargos de presidente do goberno e ministro de Finanzas (1913-1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konstantinos Gavras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO